Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se comunica a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Quins (Melón-Ourense).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na concentración parcelaria da zona de Quins (Melón-Ourense), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto nº 306/1999, do 11 de novembro (DOG nº 233, do 2 de decembro), o seguinte:

Primeiro. Con data do 11 de novembro de 2017, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o Acordo de concentración parcelaria da zona de Quins (Melón-Ourense).

Segundo. O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público no Concello de Melón e na zona. Os documentos que se poden examinar no citado concello refírense aos predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. De conformidade co disposto polo artigo 36 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, no prazo dun mes, contado de data a data e desde o día seguinte ao da notificación individual, poderá vostede interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural.

Serán exclusivamente motivo de recurso as reclamacións sobre o valor, clase de terra e situación dos predios que lle foron atribuídos con respecto aos achegados por vostede.

Non serán motivos de interposición de recurso de alzada as reclamacións sobre titularidade e clasificación das parcelas achegadas ou calquera outra cuestión relativa a materia propia das bases de concentración/reestruturación parcelaria.

De ter presentado algunha alegación ao proxecto de concentración parcelaria da zona e de ser esta estimada, quedará reflectida, segundo o caso, na ficha de atribucións e nos planos do Acordo que agora lle é notificado.

Os planos do Acordo están accesibles na internet, na páxina web da Consellería do Medio Rural, no enderezo:

http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/concentracions_parcelarias/publicacions

Ourense, 22 de novembro de 2017

O xefe territorial de Ourense
P.A.(Resolución do 23.5.2014)
Iván Rodríguez Jiménez
Xefe do Servizo Xurídico-Administrativo