O 9 de outubro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 2017052TA-OU incoado a Carla Sonia Dias Gonçalves, NIE X4923039G, con domicilio na rúa Ervedelo, 88-3º B (32002 Ourense).
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Carla Sonia Dias Gonçalves o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.
As administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado desde a data da notificación e poderán realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderase facer no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Ourense, 17 de novembro de 2017
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente: 2017052TA-OU.
Interesada: Carla Sonia Dias Gonçalves.
DNI/NIF/CIF: NIE X4923039G.
Último enderezo coñecido: Ervedelo, 88-3º B (32002 Ourense).
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
– Lei 28/2005, modificada pola Lei 42/2010.
– Artigo 7.u). Artigo 19.2.a).
Sanción proposta: trinta euros (30 €).