Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de restauración da pintura mural da ábsida (exceptuando a zona restaurada da epístola) e tratamentos biocidas nos paramentos interiores da igrexa de San Salvador de Vilar de Donas, Palas de Rei, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1, actuación 6.3.1.1 Intervencións no patrimonio cultural, con contratación documentalmente simplificada.

missing image file

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=178008

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 127, do 5 de xullo de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: restauración da pintura mural da ábsida (exceptuando a zona restaurada da epístola) e tratamentos biocidas nos paramentos interiores da igrexa de San Salvador de Vilar de Donas, Palas de Rei (Lugo), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 150.000,00 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 31 de outubro de 2017.

b) Data da formalización do contrato: 17 de novembro de 2017.

c) Contratista: Babelia Conservación y Restauración de Bienes Culturales, S.L.

d) Importe de adxudicación: 124.200,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria