Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 29 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación da resolución e do requirimento do pagamento de multa en período voluntario do expediente sancionador IN635C 2017/91-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado que se relaciona no anexo a resolución e o requirimento do pagamento de multa en período voluntario do expediente sancionador por infracción en materia de industria, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas na avda. Fernández Ladreda, 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e a súa constancia xunto coa carta de pagamento.

Contra a resolución do expediente de referencia, o interesado ou o seu representante dispoñen dun prazo dun mes para interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo competentes, contando desde o día seguinte á publicación desta resolución no BOE.

Comunicáselle que, conforme o disposto na disposición adicional décimo primeira da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o prazo de ingreso en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

O pagamento en período voluntario deberá facerse nos seguintes prazos:

a) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

b) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día cinco do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

As débedas non satisfeitas nas períodos citados nas alíneas anteriores exixiranse en vía de constrinximento.

Pontevedra, 29 de novembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635C 2017/91-4.

Interesado: Juan Ramón Pifarre Marcos.

CIF: 43521561H.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.