Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2015/201-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase aos interesados descoñecidos, a aqueles de lugar de notificación ignorado ou ben cando, intentada esta, non se puidese efectuar, que se sinalan no anexo deste anuncio o Acordo do 11 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, do expediente indicado, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 171, do 8 de setembro e no Boletín Oficial da provincia núm. 170, do 7 de setembro de 2017.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de novembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/201-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 1 recuamento LMT GRN-708 rúa Brasil.

Concello: Arteixo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Propietaria: Fomento Iniciativas Comerciales, S.L.

Número de predio: 2.

Propietarios: Manuel Antelo e Victorino Ramos.

Número de predio: 5.

Propietaria: Fomento Iniciativas Comerciales, S.L.

Número de predio: 6.

Propietaria: Fomento Iniciativas Comerciales, S.L.