Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica aos interesados a apertura do trámite de audiencia relativo á solicitude de autorización do parque eólico Navallos e o permiso de exploración de recursos mineiros nomeado Santalla, número 5.542.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados no procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se pudiese practicar, mediante o presente anuncio notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo a apertura do trámite de audiencia na solicitude de autorización do parque eólico Navallos.

O interesado poderá tomar vista do expediente, alegar e presentar as xustificacións e/ou documentos que coide oportunos nas dependencias da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Rolda da Muralla, 70, 2º baixo), no prazo de dez días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Lugo, 27 de novembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-11/112--EOL.

Denominación: Navallos.

Trámite de audiencia en relación coa solicitude de autorización do parque eólico Navallos e o permiso de exploración Santalla, nº 5.542.

Interesado

Enderezo

Anotación servizo correos

Antonio Sánchez Lozano

Paseo Imperial, 29, 7º D, 28005 Madrid

Ausente na repartición