Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a solicitude de declaración de auga mineral natural para bebida envasada das augas captadas no manancial Gerardo, no termo municipal de Santiago de Compostela (expediente IN 313A-2017-1).

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña fai público que Isabel Noya Aldrey, con DNI 44806099Y, solicitou a declaración como auga mineral natural para bebida envasada do manancial Gerardo, en terreos da súa propiedade sitos no lugar de Bar de Abaixo, parroquia de San Frutuoso, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

O pozo que recolle este manancial ten unha profundidade de 20 m e o caudal é de 3000l/h. O que se fai público para dar cumprimento ao establecido no artigo 3.1.1 do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para o consumo humano.

A Coruña, 6 de novembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña