Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56128

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (971/2015).

Procedemento ordinario (PO) 971/2015

Demandantes: José Antonio Godoy López, José Manuel Rodríguez Quindimil, Manuel Pichel López, Giovellys Miralady Amarante Ventura, Rosa María Vázquez García

Graduado social: Francisco Javier Castro Freire

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Eurográficas Pichel, S.L., Miguel Ángel Lamela Méndez

Avogados: letrado de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 971/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Godoy López, José Manuel Rodríguez Quindimil, Manuel Pichel López, Giovellys Miralady Amarante Ventura e Rosa María Vázquez García contra Eurográficas Pichel, Miguel Ángel Lamela Méndez e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 27 de febreiro de 2018, ás 10.35 horas, na planta baixa, sala de vistas, edificio de xulgados, para a realización do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 27 de febreiro de 2018, ás 10.40 horas, na planta baixa, sala de vistas, edificio de xulgados, para a realización do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírteselle á parte demandante que, en caso de non comparecer á sinalización sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda; advírteselle igualmente á parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa realización, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, deuse conta ao xuíz con carácter previo e acordouse mediante resolución desta data mandar que se efectúen as seguintes dilixencias:

Ao outrosí tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS, e por designado domicilio para os efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

– Así mesmo, tendo coñecemento este xulgado de que a demandada Eurográficas Pichel, S.L. está en declaración de concurso (Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña), amplíase a demanda respecto do administrador concursal Miguel Ángel Lamela Méndez da citada empresa e, en consencuencia, cítase este para realizar os actos de conciliación e xuízo. Fágase entrega de copia da demanda presentada e do resto de documentos achegados.

Cítese como parte o Fondo de Garantía Salarial para os efectos sinalados no artigo 23 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta ao/á maxistrado/a da sinalización efectuada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a cal se recorre.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Eurográficas Pichel, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza