Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56131

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (413/2015).

Demandante: Carlos Zapirain Armada

Avogada: María Dolores Parcero Costas

Procuradora: Sagrario Queiro García

Demandados: Servimar Innova, S.L., Fogasa

Avogados: (…), letrado de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 413/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Zapirain Armada contra Servimar Innova, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditouse a seguinte sentenza:

«Decisión.

Que debo estimar substancialmente a demanda presentada por instancia de Carlos Zapirain Armada contra a entidade Servimar Innova, S.L. e Fogasa e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 2.897,48 euros, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a cantidade de 2.435 euros, que se corresponde cos salarios e pagas extras debidas e os xuros do artigo 1108 do CC sobre a cantidade de 462,48 euros, que se corresponde coa indemnización por fin de contrato, xuros en todo caso devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS do 17 de xuño de 2014) ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “34 Social suplicación”, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para tramitar o recurso no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Servimar Innova, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza