Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56119

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 247/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 247/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Seoane Cancela contra Hidrodomus, S.L., Gestión Energética de Galicia, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditaron as seguintes resolucións:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Santiago Seoane Cancela solicitou a execución da sentenza número 446/2017 de data 29 de setembro de 2017, ditada no procedemento DSP 269/2017 fronte a Hidrodomus, S.L., Gestión Energética de Galicia, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional xulgando e facendo executar o xulgado correspóndelles exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (artigo 117 do CE e artigo 2 da LOPX).

O artigo 237.2 da LXS establece que a execución de sentenzas firmes a levará a cabo o órgano xudicial que tivese coñecido do asunto en instancia, polo que lle corresponde a este Xulgado do Social número 1 o despacho da execución deste título xudicial.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte e, unha vez iniciada esta, tramitarase de oficio, e ditaranse para o efecto as resolucións necesarias (artigo 239 da LXS).

Terceiro. Despois de transcorrer o termo establecido no artigo 279 da LXS sen que conste que a empresa demandada readmitise o/os traballador/es no prazo e condicións legalmente previstos, corresponde, de conformidade co establecido no artigo 280 da LXS, despachar execución do resolto na sentenza.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Santiago Seoane Cancela fronte a Hidrodomus, S.L., Gestión Energética de Galicia, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónica ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a cal se recorre.

Así o acorda e asina a maxistrada xuíza. Dou fe.

A maxistrada A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil dezasete.

Despois de presentar o traballador Santiago Seoane Cancela a exixencia do cumprimento por parte do empresario Hidrodomus, S.L., Gestión Energética de Galicia, S.L. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución o día 9 de novembro de 2017, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse e fixo o próximo día 24 de xaneiro de 2018, ás 13.00 horas, para a realización da comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, terase por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante realizarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación da executada Hidrodomus, S.L., Gestión Energética de Galicia, S.L. por medio de edictos, tendo en conta que se encontra en ignorado paradoiro.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes que compareceron.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a cal se recorre.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hidrodomus, S.L. e Gestión Energética de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza