Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56118

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (47/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 47/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael del Río de la Rosa contra a empresa Bodegas Montemar, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Venta y Distribución de Bebidas Galicia Sur, S.L., sobre despedimento, foi ditada a sentenza do 10.7.2017 cuxo texto íntegro está ao dispor do interesado na sede do xulgado.

Contra esta sentenza cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os arts. 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, que se deben anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. A recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no art. 229 do texto citado, debe consignar a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal do Banesto, desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co numero 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no art. 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, aínda que tamén se pode asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bodegas Montemar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza