Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 16 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, das resolucións das súas solicitudes de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e ao non ser posible realizala, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da xefatura territorial (tarxeta sanitaria), sita na rúa García Barbón, 51, 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que as resolucións relacionadas no anexo non esgotan a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Pontevedra, 16 de novembro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: 8926.

Interesada: Madrid Pérez, Hortencia María.

DNI/NIE/PAS: AS191580.

Último enderezo coñecido: avenida Fragoso, 91, 8º C, 36210 Vigo.

Nº de expediente: 10295.

Interesada: Zapata Vargas, María Fernanda.

DNI/NIE/PAS: AS782675.

Último enderezo coñecido: avenida Manuel del Palacio, 9, 5º C, 36003 Pontevedra.

Nº de expediente: 10671.

Interesada: Milián Girón, Rosario.

DNI/NIE/PAS: 254706630.

Último enderezo coñecido: rúa Ecuador, 17, 2º, 36203 Vigo.

Nº de expediente: 11000.

Interesada: Tymoshevska —, Natalia.

DNI/NIE /PAS: Y5576351S.

Último enderezo coñecido: avenida López Ballesteros, 3, 3º A, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Nº de expediente: 11002.

Interesada: Tymoshevska —, Daria.

(Representante: Tymoshevska —, Natalia).

DNI/NIE/PAS: Y5577138C (representante: Y5576351S).

Último enderezo coñecido: avenida Lopez Ballesteros, 3, 3º A, 36600 Vilagarcía de Arousa.