Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o trámite de audiencia á interesada no expediente de responsabilidade patrimonial 2/2017.

Non se puido levar a cabo a notificación do trámite de audiencia á interesada no expediente de responsabilidade patrimonial incoado a Frutería Alberti e Hijos, S.L. en virtude da reclamación de responsabilidade patrimonial formulada pola interesada.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

Tendo en conta o disposto no artigo 82 da Lei 39/2015, ponse de manifesto á interesada o expediente. Durante o prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, poderá alegar e presentar os documentos e xustificantes que xulgue pertinentes.

A Coruña, 20 de novembro de 2017

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2/2017.

Interesada: Frutería Alberti e Hijos, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70450986.

Último enderezo coñecido: avda. dos Mallos, 11, baixo, 15007 A Coruña.

Obxecto: trámite de audiencia no expediente de responsabilidade patrimonial.