Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 16 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e ao non ser posible realizala, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da xefatura territorial (tarxeta sanitaria), sita na rúa García Barbón, nº 51 , 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non presentar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistido da súa petición.

Pontevedra, 16 de novembro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: 10745.

Interesado: Martínez Fernández, Rafael.

NIE/DNI/PAS: AAD640531.

Último enderezo coñecido: rúa Pino, 43, 2º esq., 36206 Vigo.

Nº de expediente: 10878.

Interesado: Abaidoo —, Stephen.

NIE/DNI/PAS: H2272053.

Último enderezo coñecido: rúa da Roda, 10, 2ª, Marín (Sta. María do Porto P. y San Xulian P.), 36900 Marín.

Nº de expediente: 10892.

Interesado: Parker —, Samuel.

NIE/DNI/PAS: H2681412.

Último enderezo coñecido: rúa Fonte do Oeste, 15, Marín (Sta. María do Porto P. y San Xulían P.), 36900 Marín.