Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55907

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (330/2017-P).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no presente procedemento de more uxorio 330/2017 foi ditada a seguinte sentenza:

«Sentenza nº 491.

Vigo, 31 de outubro de 2017.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 330/2017, sobre garda e custodia e alimentos respecto da filla menor de idade, por instancia de Ermelinda Núñez Meza, representada pola procuradora dos tribunais María de la Paz Estévez Baña e con asistencia letrada de María Teresa García Insua, contra Evaristo Puíme Goberna, declarado en rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes...

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decido.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Estevez Baña, en nome e representación de Ermelinda Núñez Meza, como demandante, contra Evaristo Puíme Goberna, declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia da filla menor atribúese á Sra. Núñez Meza, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre a súa filla.

Segundo. O Sr. Puíme Goberna satisfará en concepto de alimentos a favor da súa filla a cantidade de 180 euros mensuais, que serán ingresados dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para tal fin designe a nai e que será actualizada anualmente conforme a variación do índice de prezos de consumo que indique o Instituto Nacional de Estatística.

Cuarto. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios da menor, entre os cales se inclúen os médicos non cubertos pola Seguridade Social, e sen que teñan tal consideración os libros de texto, o material escolar, o uniforme, o transporte e o comedor escolar nin as actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos».

E para que conste e para a súa notificación a Evaristo Puíme Goberna, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto.

Vigo, 17 de novembro 2017

A letrada da Administración de xustiza