Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 22 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución revogatoria correspondente a un expediente de axudas e subvencións para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 28 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación da resolución revogatoria no último enderezo coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese practicar, notifícase a persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10 días) contados desde o seguinte á da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolle de que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa no procedemento que se relaciona no devandito anexo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contarse a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 22 novembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2016/565-5.

Nome: Rodríguez Vázquez, José Antonio.

NIF: 36176071S.

Último enderezo coñecido: camiño Camilo Veiga, nº 32, porta 44, 36208 Vigo (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Feito imputado: non se deu de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016.

Precepto infrinxido: artigo 6.1 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: resolución revogatoria.

Data da resolución: 15.5.2017.