Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica aos interesados a apertura do trámite de audiencia relativo á solicitude de autorización do parque eólico Modificación II Monciro e o permiso de investigación de recursos mineiros denominado Vilaboa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se pudiese practicar, mediante o presente anuncio notifícase ás interesadas que se sinalan no anexo a apertura do trámite de audiencia na solicitude de autorización do parque eólico Modificación II Monciro.

A interesada poderá tomar vista do expediente, alegar e presentar as xustificacións e/ou documentos que coide oportunos nas dependencias da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria (rolda da Muralla, 70-2º baixo), no prazo de dez días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Lugo, 24 de novembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente 118-EOL.

Denominación: Modificación II parque eólico Monciro.

Trámite de audiencia en relación coa solicitude de autorización do parque eólico Modificación II Monciro e o permiso de investigación Vilaboa.

Interesada

Enderezo

Anotación servizo Correos

Outokumpu Mining oy Sucursal en España, S.A.

Agustín de Foxá, nº 25-6º B

28036 Madrid

Descoñecido

Outokumpu Mining oy Sucursal en España, S.A.

Hermosilla, 3

28001 Madrid

Descoñecido