Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 21 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións de arquivamento por renuncia das persoas beneficiarias, correspondentes a expedientes de axudas e subvencións para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 28 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación das resolucións de arquivo no último enderezo coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10 días), contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolles de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa no procedemento que se relaciona no devandito anexo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 21 novembro de 2017.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2016/826-5.

Nome: Vidinha Bolou, Paula Alexandra.

NIF: 77682318W.

Último enderezo coñecido: rúa Francisco Regalado, nº 16, 1º, 36600 Poio (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Contido da resolución: resolución de arquivo por renuncia da persoa beneficiaria.

Data da resolución: 22.5.2017.

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2016/950-5.

Nome: Pazos Aldao, Ramón.

NIF: 35321992H.

Último enderezo coñecido: avenida de Ourense, nº 47, 4º C, 36900 Marín (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Contido da resolución: resolución de arquivo por renuncia da persoa beneficiaria.

Data da resolución: 22.5.2017.