Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 20 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, sobre a resolución da solicitude de declaración como espazo natural de interese local da zona denominada Fraga de Casas Vellas, situada no concello de Lalín e promovida polo Concello de Lalín.

De conformidade co artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

ACORDO:

Primeiro. Facer pública a Resolución do 15 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, sobre a solicitude de declaración como espazo natural de interese local da zona denominada Fraga de Casas Vellas, situada no concello de Lalín e promovida polo Concello de Lalín.

Segundo. A resolución mencionada poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, entrando na subsección de Avisos do portal de conservación da natureza: http://cmaot.xunta.gal/tema/c/CMAOT_Conservacion.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2017

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural