Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete ao trámite de información pública a creación dunha zona de adestramento de lance no couto de pesca de Couso, no río Ulla.

Segundo o disposto no artigo 15.3 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño), a Xefatura Territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Pontevedra somete a trámite de información pública o expediente para a modificación do couto de pesca de Couso no río Ulla, durante un prazo de 15 días.

O expediente está á disposición de todos aqueles que poidan estar interesados na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Servizo de Conservación da Natureza, na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 2º, 36003 Pontevedra, ou na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio http://www.cmaot.xunta.gal, na epígrafe de pesca fluvial.

Pontevedra, 29 de novembro de 2017

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra