Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se notifica á persoa interesada o requirimento de documentación xustificativa no expediente PR937A 2017/17.

Intentada a notificación do requirimento de documentación xustificativa por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o requirimento de documentación xustificativa á persoa interesada.

O interesado poderá coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, tamén se comunica ao interesado que, de conformidade co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se non se presenta a documentación que se lle require no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, isto comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia de reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR937A 2017/17.

Interesado: Alfonso Serrano Clemente.

Acto notificado: requirimento de documentación xustificativa relativa á solicitude de axuda presentada ao abeiro da Resolución do 7 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede a súa convocatoria para o ano 2017.