Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55612

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (432/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 432/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rey Resua contra Ana María Pardal Viñas e outra, S.C., con citación do Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza 498/2017.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 432/2015, sobre procedemento ordinario, seguidos por instancia de María Rey Resua, asistida polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, contra Ana María Pardal Viñas e outra, S.C. (A Cocotte), que non compareceu no xuízo oral, e citado o Fogasa, que non compareceu no xuízo oral, en virtude das facultades que me foron conferidas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes

Resolvo:

Que, estimando integramente a demanda interposta por María Rey Resua contra Ana María Pardal Viñas e outra, S.C (A Cocotte), debo condenar e condeno a parte demandada a lle aboar á demandante a suma 7.349,39 euros, polos conceptos indicados no feito quinto desta sentenza, máis os xuros previstos do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais (que comportan 6.973,54 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización por fin de contrato (que comporta 375,58 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ana María Pardal Viñas e outra, S.C, actualmente en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza