Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55523

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión de dous exemplares e unha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras, así como a descatalogación dunha árbore por morte biolóxica.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a inclusión dos seguintes exemplares e a formación no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante Resolución do 20 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data de solicitude: 16.12.2015.

Código: 150A.

Nome da árbore: castiñeiro de Soutogrande.

Especie: Castanea sativa Mill.

Localidade: Soutogrande.

Concello: Vilariño de Conso.

Provincia: Ourense.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 649.288/4.668.493.

Motivos da catalogación: dimensións.

Data de solicitude: 26.12.2016.

Código: 151A.

Nome da árbore: piñeiro manso do Pazo do Cabido.

Especie: Pinus pinea L.

Localidade: Pazo do Cabido.

Concello: Vilanova de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 523.203/4.712.337.

Motivos da catalogación: dimensións.

Data da solicitude: 11.2.2016.

Código: 37F.

Nome da formación: Souto da Rubial.

Especie: Castanea sativa Mill.

Localidade: Parada.

Concello: Folgoso do Courel.

Provincia: Lugo.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 652.550/4.720.560.

Motivo da catalogación: importancia cultural.

Segundo. Facer pública a descatalogación dunha árbore do Catálogo galego de árbores senlleiras, por morte biolóxica, mediante Resolución do 20 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Código: 17A.

Nome da árbore: Pacana de Illinois do Pazo de Mariñán.

Especie: Carya illinoensis (Wangenh.) C. Koch.

Localidade: Pazo de Mariñán.

Concello: Bergondo.

Provincia: A Coruña.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 563.537/4.796.273.

Motivo da descatalogación: morte biolóxica.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2017

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural