Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55525

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2017 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. para executarse durante o exercicio 2017.

1. Resolución do 22 de decembro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios o servizo técnico para a atención telefónica durante a elección de permisos de pesca fluvial para a tempada 2017.

– Actividade: traballos para a atención telefónica durante a elección dos permisos de pesca fluvial para a tempada 2017.

– Natureza e alcance do servizo prestado: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: os traballos encomendados comenzarán o 11 de xaneiro de 2017 e rematarán o 17 de marzo.

– Tipo de expediente: anticipado de gasto. A eficacia desta resolución queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas desta, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio