Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55479

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle sobre sinalamento de aliñacións e ordenación de volumes na rúa Pescadoira números 3, 5 e 7 dentro do núcleo urbano de Bueu (expediente 1171/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 82.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, infórmase de que o Pleno municipal, en sesión do 5.6.2017, adoptou, o seguinte acordo:

«Único. Aprobar definitivamente o estudo de detalle sobre sinalamento de aliñacións e ordenación de volumes na rúa Pescadoira nº 3, 5 e 7 dentro do núcleo urbano de Bueu, redactado polo arquitecto colexiado José Antonio Comesaña García e presentado por Dimarco Galicia, S.L., de acordo coas determinacións contidas nos informes emitidos polas administracións sectoriais competentes e polo arquitecto municipal, e conforme o documento refundido presentado con data do 7.4.2017 e número de rexistro 2459, visado con data do 6.4.2017, en formato papel (cód. de validación 5XL4374RAD6TSDP7CE9CG6GRC) e que se corresponde co documento presentado telematicamente con data do 7.4.2017 e número de rexistro 2017-E-RE-64, visado o 6.4.2017 (cód. de validación 59CFGYNMM73K QWJPCJYWJ95QL).

Publicación: o estudo de detalle deberá ser obxecto de publicación de conformidade co establecido nos puntos segundo e terceiro do artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

Inscrición no rexistro de planeamento urbanístico de Galicia: unha vez publicado o estudo de detalle no DOG, deberá remitirse á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no citado rexistro, un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, dos instrumentos de planeamento urbanístico cuxa aprobación definitiva lles corresponda (artigo 88.3 da Lei 2/2016).

Recursos: por imperativo do disposto no artigo 84 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non cabe interpoñer recurso administrativo contra o acordo de aprobación do estudo de detalle por ter natureza de disposición administrativa de carácter xeral; unicamente cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a súa publicación no Boletín Oficial da provincia (artigos 10 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa)».

O contido íntegro do estudio de detalle aprobado poderá consultarse na páxina web do concello www.concellodebueu.org.

Bueu, 9 de novembro de 2017

Félix Juncal Novas
Alcalde