A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 21 de novembro, acordou convocar concurso-oposición, para poder seleccionar a persoa que será contratada para desempeñar o posto de traballo de asesor xurídico no Centro de Información á Muller, na modalidade de contrato de interinidade, a tempo parcial, cunha xornada de doce horas semanais, por un tempo de duración que comprenderá ata que se produza a reincorporación da traballadora que se atopa en situación de excedencia forzosa por estar desempeñando un cargo público.
As bases estarán á disposición das persoas interesadas nas oficinas municipais e na páxina web do concello.
O prazo de presentación de solicitudes, coa documentación requirida na base 7ª das aprobadas na dita sesión, será de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O resto de anuncios relativos a este procedemento de selección difundiranse mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios da casa do concello e na páxina web do concello.
Arzúa, 29 de novembro de 2017
José Luis García López
Alcalde