Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 8 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente 2016/76-36, tramitado por esta entidade.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, a través do Boletín Oficial del Estado ás persoas citadas no anexo a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderán comparecer as persoas interesadas para coñecer o contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, e advírteselles que, de non facelo, se terán por notificadas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 8 de novembro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

1. Nº de expediente: 2016/76-36.

Interesado: Roberto Sahuquillo Reneses.

DNI: 48443973Q.

Interesada: Vanessa Guillot Moliner.

DNI: 33568008Z.

2. Acto que se notifica: resolución administrativa de data 30 de outubro de 2017.

3. Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medidas administrativas e modificación do recurso aplicable.