Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade a formalización do seguinte contrato de obras:
1. Obra de peche da pista para sala de usos múltiples no IES Plurilingüe de Ames, expediente ED 11/17-O.
1.1. Adxudicataria: Construcciones Ramírez, S.L.
1.2. Importe de adxudicación: 370.585,44 € (IVE excluído).
1.3. Data de adxudicación: 16 de novembro de 2017.
1.4. Data de formalización do contrato: 20 de novembro de 2017.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2017
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria