Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de reforma do hospital naval de Ferrol para instalar o laboratorio de anatomía patolóxica (expediente AB-SER3-17-026).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-17-026.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: reforma do hospital naval de Ferrol para instalar o laboratorio de anatomía patolóxica.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45262700-8.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 78, do 24 de abril de 2017, na web do Sergas e Plataforma de contratos de Galicia o 24 de abril.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria y documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.083.186,27 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 1.083.186,27 €. IVA (%): 21%. Importe total: 1.310.655,39 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31 de agosto de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 8 de setembro de 2017.

c) Contratista: Acciona Construcción, S.A.

d) Importe ou canon máximo de adxudicación. Importe neto: 899.586,20 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 1.088.499,30 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración están publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos