Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da obra de reforma do centro de saúde da Illa de Arousa, mediante tramitación anticipada e documentalmente simplificada (expediente AB-SER3-18-008).

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obxecto: contratación da obra de reforma do centro de saúde da Illa de Arousa (Pontevedra).

3. Número de expediente: AB-SER3-18-008.

4. Clasificación CPA: F-41.00.40. Clasificación CPV: 45262700-8.

5. Valor estimado: 341.277,98 €.

6. Orzamento total sen IVE: 341.277,98 €.

7. Orzamento total con IVE: 412.946,36 €.

8. Prazo de execución: seis (6) meses.

9. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación exixida: non procede. Véxase a cláusula 13.I da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse as cláusulas 13.II.a) e 13.II.b) da folla de especificacións do PCAP.

c) Compromiso de medios persoais: véxase a cláusula 13.III da folla de especificacións do PCAP.

10. Garantía provisional: non se exixe.

11. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

12. Forma de tramitación: ordinaria, anticipado de gasto e documentalmente simplificado.

13. Procedemento: aberto (non suxeito á regulación harmonizada).

14. Acceso aos pregos e proxecto: poderanse obter o PCAP e o proxecto desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal

15. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

16. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o PCAP desta licitación.

17. Criterios de valoración: os definidos no punto 10 da folla de especificacións e no punto 4.4 do PCAP desta licitación.

18. Apertura de proposicións: o acto público de apertura dos sobres B terá lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal

19. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos