Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 6 de novembro de 2017, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a modificación substancial da concesión administrativa outorgada á Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela para construción dun edificio con destino a instalacións frigoríficas no porto de Burela, para incorporar a parte da edificación pertence á extinta concesión 14-05-86-C-1, destinada a fábrica de xeo.

José Basilio Otero Rodríguez, actuando en representación da Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela, solicita a modificación substancial da concesión administrativa outorgada á Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela para construción dun edificio con destino a instalacións frigoríficas no porto de Burela, para incorporar a parte da edificación pertencente á extinta concesión 14-05-86-C-1, destinada a fábrica de xeo.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 6 de novembro de 2017

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte