Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 3 de novembro do 2017, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Burela, por parte da Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela, con destino á ocupación de edificación para explotación como usos múltiples pesqueiros, que inclúe cámaras de frío, zona de preparación de peixe e oficinas administrativas da confraría.

José Basilio Otero Rodríguez, actuando en representación da Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela, solicita unha concesión administrativa na zona de servizo do porto de Burela, con destino a ocupación de edificación para explotación como usos múltiples pesqueiros, que inclúe cámaras de frío, zona de preparación de peixe e oficinas administrativas da confraría.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 3 de novembro de 2017

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte