Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2017 Páx. 55463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de outubro de 2017, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa para a explotación da nave de almacenaxe e reparación de embarcacións deportivas e outros usos, da parcela D1 no porto de Sada, solicitada por Cadenote Yacht, S.L. (expediente 12-13-15-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa solicitada por Cadenote Yacht, S.L., para explotación de nave de almacenaxe e reparación de embarcacións deportivas e outros usos da parcela D1 do porto de Sada, propiedade de Portos de Galicia en virtude do plano das instalacións.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, situadas na avenida do Porto, número 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 30 de outubro de 2017

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro