Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55242

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2017 pola que se nomea un técnico de publicacións do Servizo de Publicacións.

No uso das facultades que me confire o Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, o Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia e as bases da convocatoria para a provisión por concurso dos postos de técnico/a de Asistencia Parlamentaria, técnico/a superior de Réxime Interior e técnico/a de Publicacións.

RESOLVO:

Nomear o funcionario do Parlamento de Galicia Antonio Blanco Piñeiro, co DNI nº 36043517X, titular do posto de técnico do Servizo de Publicacións.

Contra a presente resolución poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a Mesa do Parlamento de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2017

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia