Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55241

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2017 pola que se nomea un técnico superior de asistencia parlamentaria no Servizo de Asistencia Parlamentaria.

No uso das facultades que me confire o Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, o Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia e as bases da convocatoria para a provisión por concurso dos postos de técnico/a de Asistencia Parlamentaria, técnico/a superior de Réxime Interior e técnico/a de Publicacións.

RESOLVO:

Nomear o funcionario do Parlamento de Galicia Santiago González Serrano, co DNI nº 32650154-N, titular do posto de técnico superior do Servizo de Asistencia Parlamentaria.

Contra a presente resolución poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a Mesa do Parlamento de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2017

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia