Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55243

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 1 de decembro de 2017 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado (AS1702).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve proceder ao anuncio da convocatoria de concurso público na seguinte categoría:

AS1702. Profesor/a asociado/a T3 (anexo).

A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio Xerencia, Servizos Centrais, Campus Universitario, Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica http://persoal.uvigo.es/, «Servizo de Persoal Docente e Investigador», premendo en «emprego», «convocatorias de concurso». Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 1 de decembro de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Datos das prazas

Praza nº 1

Referencia:

AS1702-H04-335-A3-P4-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

profesor/a asociado/a T3

Área de coñecemento:

Filoloxía Francesa

Departamento:

Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Centro de traballo:

301 Facultade de Filoloxía e Tradución (Campus de Vigo)

Dedicación:

tempo parcial de 4 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

[Facultade de Filoloxía e Tradución] (Campus de Vigo):

G180205 Idioma moderno: segundo idioma estranxeiro II: Francés

G180404 Segundo idioma estranxeiro IV: Francés

Praza nº 2

Referencia:

AS1702-H05-465-A3-P4-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

profesor/a asociado/a T3

Área de coñecemento:

Historia da Arte

Departamento:

Historia, Arte e Xeografía

Titulación:

Licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Centro de traballo:

102 Facultade de Historia (Campus de Ourense)

Dedicación:

tempo parcial de 4 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

[Facultade de Historia] (Campus de Ourense):

G251203 Arte: Arte Clásica

G251602 Historia da Arte Contemporánea

Observacións:

Impartirá no segundo cuadrimestre 55 horas distribuidas:

G251602-Historia da Arte Contemporánea: 50 h

G251203-Arte Clásica: 5 h

Praza nº 3

Referencia:

AS1702-T06-295-A3-P4-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

profesor/a asociado/a T3

Área de coñecemento:

Explotación de Minas

Departamento:

Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente

Titulación:

Licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Centro de traballo:

309 Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (Campus de Vigo)

Dedicación:

tempo parcial de 4 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía] (Campus de Vigo):

G310611 Rochas Industriais e Ornamentais

G310613 Sondaxes, Petróleo e Gas

Praza nº 4

Referencia:

AS1702-X13-140-A3-P3-01-02

Nº de prazas:

2

Corpo/categoría:

profesor/a asociado/a T3

Área de coñecemento:

Dereito do Traballo e da Seguridade Social

Departamento:

Dereito Público Especial

Titulación:

Licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Centro de traballo:

308 Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (Campus de Vigo)

Dedicación:

tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

[Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo] (Campus de Vigo):

G211402 Dereito da Seguridade Social I

G211403 Dereito do Traballo II