Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55050

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 120/2017, do 28 de setembro, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é de competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o número primeiro do artigo 81 daquela, o desenvolvan, das facultades que lle atribúe ao Estado o punto 30 do número 1 do artigo 149 da Constitución e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e garantía.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, configura no seu artigo 3 as ensinanzas deportivas como ensinanzas de carácter especial e regúlaas nos artigos 63 a 65. Segundo o artigo 63.4 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o currículo das ensinanzas deportivas axustarase ás exixencias derivadas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional e ao establecido no número 3 do artigo 6.bis da lei orgánica. E, de conformidade co artigo 64.5, o Goberno, logo de consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de ensinanzas deportivas, os aspectos básicos do currículo de cada unha delas e os requisitos mínimos dos centros en que se poderán impartir as ensinanzas respectivas.

Desenvolvendo as previsións da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en materia de ensinanzas deportivas aprobouse o Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial cuxo artigo 5 define a organización básica das ensinanzas deportivas, tomando como base as modalidades deportivas e, de ser o caso, as súas especialidades, de conformidade co recoñecemento outorgado polo Consello Superior de Deportes de acordo co artigo 8.b) da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte. E o artigo 16.3 do citado real decreto dispón que as administracións competentes establecerán o currículo das modalidades e, de ser o caso, as especialidades deportivas, de acordo co previsto na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, tendo en conta a realidade do sistema deportivo no territorio da súa competencia coa finalidade de que as ensinanzas deportivas respondan ás súas necesidades de cualificación.

Neste sentido, o Goberno da Nación aprobou o Real decreto 706/2011, do 20 de maio, polo que se establece o título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal e se fixan as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso. O capítulo III deste real decreto concretou o perfil profesional do ciclo inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal, que queda determinado pola súa competencia xeral, as súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, de ser o caso, polas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e o ámbito profesional, laboral e deportivo.

Logo de que o Goberno fixase no Real decreto 706/2011, do 20 de maio, o perfil profesional do ciclo inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal, as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso, e aqueloutros aspectos da ordenación académica que constitúen os aspectos básicos do currículo, procede determinar, no ámbito de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a ampliación e contextualización dos contidos dos módulos de ensino deportivo incluídos nos ciclos inicial e final, respectando os seus perfís profesionais.

Por outra banda, os centros de ensinanzas deportivas desenvolverán os currículos establecidos neste decreto co obxecto de adaptar a programación e a metodoloxía do currículo ás características do alumnado e ás posibilidades formativas do seu contorno, empregando, de ser o caso, as medidas flexibilizadoras que, no marco da normativa vixente, posibiliten adecuacións particulares do currículo en cada centro de acordo cos recursos dispoñibles, sen que en ningún caso supoña a supresión de obxectivos que afecten o perfil profesional de cada ciclo.

As ensinanzas que regula este decreto configúranse para dotar o alumnado dos coñecementos suficientes para permitirlle o exercicio competente das funcións do seu perfil profesional. De acordo con este obxectivo xenérico, ponse o acento en conseguir unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade científico-técnica e social do judo e a defensa persoal.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.5 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo do ditame do Consello Escolar de Galicia, de acordo co Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de setembro de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Obxecto

Artigo 1. Obxecto

Este decreto ten por obxecto establecer o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal, que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPÍTULO II
Identificación do título e organización das ensinanzas

Artigo 2. Identificación do título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal

O título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal queda identificado polos seguintes elementos:

a) Denominación: Judo e Defensa Persoal.

b) Nivel: ensinanzas deportivas de grao medio.

c) Duración: 1.540 horas.

d) Referente europeo: CINE-3 (Clasificación internacional normalizada de educación).

Artigo 3. Organización das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal

As ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal organízanse en dous ciclos:

a) Ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal, cunha duración de 670 horas.

b) Ciclo final de grao medio en Judo e Defensa Persoal, cunha duración de 870 horas.

Artigo 4. Especializacións do título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal

O título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal terá como especializacións:

a) Judo escolar.

b) Judo adaptado.

c) Judo saúde.

d) Defensa persoal.

CAPÍTULO III
Perfil profesional e ámbito profesional, persoal e laboral
deportivo dos ciclos

Artigo 5. Perfil profesional dos ciclos de grao medio en Judo e Defensa Persoal

O perfil profesional do ciclo inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal queda determinado pola súa competencia xeral, as súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e polo ámbito profesional, laboral e deportivo.

Artigo 6. Competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal

A competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal consiste en dinamizar, instruír e concretar a iniciación deportiva en Judo e Defensa Persoal, organizar, acompañar e tutelar os judokas e as judokas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios deste nivel; todo iso conforme as directrices establecidas na programación de referencia, en condicións de seguridade e co nivel óptimo de calidade que permita a satisfacción das persoas deportistas na actividade.

Artigo 7. Competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal son as que se relacionan a continuación:

a) Dominar as técnicas de cinto negro primeiro Dan con nivel abondo para o desenvolvemento das tarefas propias da iniciación deportiva en judo e defensa persoal.

b) Atender o judoka ou a judoka e practicante de defensa persoal informando das características da actividade, solicitando información sobre as súas motivacións e intereses e motivándoo cara á práctica do judo e da defensa persoal.

c) Valorar as habilidades e destrezas específicas dos judokas e das judokas e practicantes de defensa persoal co obxecto de determinar o seu nivel para propoñer a súa incorporación a un grupo, tomar as medidas de corrección axeitadas e certificar os graos correspondentes á iniciación deportiva en Judo e Defensa Persoal de acordo cos programas da Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados.

d) Concretar a sesión de ensino-aprendizaxe para a iniciación en Judo e Defensa Persoal de acordo coa programación de referencia, adecuándose ao grupo e ás condicións materiais existentes, tendo en conta a transmisión de valores propios do judo e o respecto e coidado do propio corpo.

e) Dirixir a sesión de ensino-aprendizaxe de iniciación en judo e defensa persoal, solucionando as continxencias existentes, para conseguir unha participación e rendemento conforme os obxectivos propostos desta, e dentro das marxes de seguridade requiridos.

f) Acondicionar e preparar os medios necesarios para a práctica no nivel de iniciación en judo e defensa persoal garantindo a súa dispoñibilidade e seguridade.

g) Controlar a seguridade da actividade no nivel de iniciación en judo e defensa persoal, supervisando as instalacións e medios utilizados.

h) Asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

i) Seleccionar os judokas ou as judokas en función do seu nivel e características, comprobando que se adaptan ás exixencias da competición de nivel de iniciación deportiva en judo, respectando os obxectivos propostos e conforme as marxes previstas de seguridade.

j) Acompañar os judokas ou as judokas nas competicións e outras actividades do nivel de iniciación en judo para proporcionar unha experiencia motivante e segura.

k) Dirixir os judokas ou as judokas en competicións de nivel de iniciación en judo dentro dos valores éticos vinculados ao xogo limpo e o respecto ás demais persoas reforzando a súa responsabilidade e esforzo persoal.

l) Colaborar e intervir na organización e xestión de competicións e eventos propios da iniciación en judo e defensa persoal, co obxecto de captar, adherir e fidelizar o judoka ou a judoka.

m) Valorar o desenvolvemento da sesión, recollendo e procesando a información necesaria para a elaboración de xuízos que permitan o axuste e mellora permanente do proceso de ensino-aprendizaxe e das actividades propias da iniciación en judo e defensa persoal.

n) Transmitir a través do comportamento ético persoal valores propios do judo, o respecto ás demais persoas e o respecto e coidado do propio corpo.

ñ) Manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo.

o) Manter a iniciativa e autonomía dentro do traballo en equipo para o desempeño das súas funcións.

p) Dominar a aplicación á defensa persoal das técnicas de judo de cinto negro primeiro Dan para a iniciación á defensa persoal.

Artigo 8. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais no ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal

O ciclo inicial de grao medio en Judo inclúe a cualificación completa de Iniciación deportiva en judo AFD508_2, que comprende as seguintes unidades de competencia:

UC1655_2: executar técnicas de judo e interactuar cun adversario ou adversaria «Uke» en situacións de cooperación e oposición de combate e defensa persoal, demostrando unha mestría equivalente ao cinto negro primeiro Dan.

UC1656_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación deportiva en judo.

UC1657_2: dinamizar accións de promoción e tutela a deportistas/persoas usuarias en eventos e competicións de iniciación en judo.

UC0272_2_R: asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

Artigo 9. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal

1. Este profesional ou esta profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa na Administración xeral do Estado, nas administracións autonómicas ou nas locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións e clubs deportivos e sociais, centros educativos, empresas de servizos de actividades extraescolares, escolas de verán que ofrezan actividades deportivo-recreativas de descubrimento e iniciación en judo e empresas de seguridade para a formación do persoal. Sitúase nos sectores do deporte, o ocio e tempo libre, o turismo e a seguridade.

2. A ocupación e posto de traballo máis relevante para estes/as profesionais é a de monitor ou monitora de judo e defensa persoal.

3. O desenvolvemento destas ocupacións e postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo cos principios e requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

Artigo 10. Competencia xeral do ciclo final de grao medio en Judo e Defensa Persoal

A competencia xeral do ciclo final de grao medio en Judo consiste en adaptar, dirixir e dinamizar o adestramento básico e o perfeccionamento técnico na etapa de tecnificación en judo e defensa persoal; organizar, acompañar e tutelar os judokas ou as judokas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios deste nivel; xestionar os recursos materiais necesarios e coordinar as actividades do persoal técnico ao seu cargo; organizar actividades, competicións e eventos do nivel de iniciación deportiva; todo iso conforme as directrices establecidas na programación de referencia, en condicións de seguridade e co nivel óptimo de calidade que permita a satisfacción dos judokas ou das judokas participantes na actividade.

Artigo 11. Competencias profesionais, persoais e sociais propias do sistema deportivo do ciclo final de grao medio en Judo e Defensa Persoal

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo final de grao medio en Judo e Defensa Persoal son as que se relacionan a continuación:

a) Dominar as técnicas de cinto negro segundo Dan con nivel abondo para o desenvolvemento das tarefas propias da tecnificación en judo e defensa persoal.

b) Valorar e seleccionar o judoka e a judoka e o practicante e a practicanta de defensa persoal en función do seu nivel e das súas características co fin de adaptar a programación de referencia de perfeccionamento técnico e certificar os graos correspondentes á tecnificación deportiva en judo e defensa persoal de acordo cos programas da Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados.

c) Adaptar e concretar a sesión de adestramento básico en judo de acordo coa programación de referencia, tendo en conta a transmisión de valores propios do judo e o respecto e coidado do propio corpo.

d) Adaptar e concretar os programas específicos de perfeccionamento técnico-táctico para a etapa de tecnificación en judo e defensa persoal de acordo coa programación xeral.

e) Deseñar programas de iniciación en judo e defensa persoal acordes cos procesos de tecnificación en judo, tendo en conta a transmisión de valores propios do judo e o respecto e coidado do propio corpo.

f) Dirixir a sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico na etapa de tecnificación en judo, solucionando as continxencias existentes para conseguir a participación e rendemento conforme os obxectivos propostos desta e dentro das marxes de seguridade requiridos.

g) Controlar a seguridade da práctica no nivel de tecnificación en judo e defensa persoal, supervisando as instalacións e medios utilizados e asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

h) Acondicionar e preparar os medios necesarios para a práctica no nivel de tecnificación en judo garantindo a súa dispoñibilidade e seguridade.

i) Acompañar e dirixir os judokas ou as judokas en competicións de nivel de tecnificación en judo realizando as orientacións técnico-tácticas e decisións máis axeitadas ao desenvolvemento da competición, co fin de garantir a súa participación nas mellores condicións dentro dos valores éticos vinculados ao xogo limpo, o respecto ás demais persoas e ao propio corpo.

j) Organizar eventos propios da iniciación en judo e defensa persoal e colaborar e intervir na xestión de competicións e eventos propios da tecnificación en judo, co obxecto de captar, adherir e fidelizar o judoka ou a judoka.

k) Coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación en judo e defensa persoal revisando a súa programación, organizando os recursos materiais e humanos, todo iso co fin de dinamizar e favorecer as relacións entre o devandito persoal técnico.

l) Avaliar o proceso de tecnificación en judo e defensa persoal, recollendo a información necesaria para a elaboración de xuízos e axustando programas que permitan a mellora permanente do adestramento básico e perfeccionamento técnico das actividades propias da tecnificación en judo e defensa persoal.

m) Colaborar no proceso de detección e selección de talentos deportivos en judo, conforme as directrices do programa de referencia, para a identificación de posibles valores deportivos.

n) Promover a través da participación na competición e o comportamento ético persoal a formación de valores propios do judo, o respecto ás demais persoas e o coidado do propio corpo.

ñ) Manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo.

o) Manter a iniciativa e autonomía dentro do traballo en equipo para o desempeño das súas funcións.

p) Adaptar e dirixir a sesión de judo e defensa persoal de acordo coas necesidades das persoas con discapacidade e a programación de referencia, para conseguir a participación conforme os obxectivos propostos desta, e dentro das marxes de seguridade permitidas.

q) Dominar a aplicación á defensa persoal das técnicas de judo de cinto negro segundo Dan para a tecnificación á defensa persoal.

Artigo 12. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo final de grao medio en Judo e Defensa Persoal

1. Este ou esta profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa a Administración xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións, centros de tecnificación, clubs deportivos e sociais, centros educativos, empresas de servizos de actividades extraescolares, casa de colonias, que ofrezan actividades deportivo-recreativas de iniciación e tecnificación desta modalidade deportiva. Sitúase nos sectores do deporte, o ocio e tempo libre, o turismo e a seguridade.

2. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes para estes ou estas profesionais son as seguintes:

a) Profesor ou profesora de judo e defensa persoal.

b) Adestrador ou adestradora de judo e defensa persoal.

c) Director técnico ou directora técnica de escola deportiva de judo.

d) Director técnico ou directora técnica en centros de formación de defensa persoal.

3. O desenvolvemento destas ocupacións e postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo cos principios e requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

CAPÍTULO IV
Estrutura das ensinanzas de cada un dos ciclos de ensino deportivo
conducentes ao título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal

Artigo 13. Estrutura dos ciclos inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal

1. Os ciclos inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal estrutúranse en módulos, agrupados en bloque común e bloque específico.

2. Os módulos de ensino deportivo do ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal son os que a continuación se relacionan:

a) Módulos do bloque común:

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104. Organización deportiva.

b) Módulos do bloque específico:

MED-JUJU101. Ensino do judo e a defensa persoal.

MED-JUJU102. Organización de actividades e eventos de judo e defensa persoal.

MED-JUJU103. Formación práctica.

3. Os módulos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio en Judo e Defensa Persoal son os que a continuación se relacionan:

a) Módulos do bloque común:

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

b) Módulos do bloque específico:

MED-JUJU201. Formación e tecnificación en judo e defensa persoal.

MED-JUJU202. Judo adaptado.

MED-JUJU203. Adestramento en judo e defensa persoal.

MED-JUJU204. Organización e xestión das actividades de judo e defensa persoal.

MED-JUJU205. Defensa persoal.

MED-JUJU206. Formación práctica.

4. A distribución horaria dos ciclos inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal establécese no anexo I.

5. Os obxectivos xerais e os módulos de ensino deportivo dos ciclos inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal quedan desenvolvidos nos anexos II e III.

Artigo 14. Ratio profesorado/alumnado

1. Para impartir os módulos do bloque común e os contidos relacionados cos resultados de aprendizaxe de carácter conceptual dos módulos do bloque específico dos ciclos inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal a relación profesorado/alumnado será de 1/30.

2. Para impartir os contidos relacionados cos resultados de aprendizaxe de carácter procedemental dos módulos do bloque específico dos ciclos inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal a relación profesorado/alumnado será a recollida no anexo IV.

Artigo 15. Módulo de formación práctica

Para iniciar os módulos de formación práctica dos ciclos inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal será necesario ter superado con anterioridade os módulos comúns e específicos de ensino deportivo que se establecen no anexo V.

Artigo 16. Espazos e equipamentos deportivos

Os espazos e equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas dos ciclos de grao medio en Judo e Defensa Persoal son os establecidos nos anexos VI-A e VI-B.

CAPÍTULO V
Acceso a cada un dos ciclos

Artigo 17. Requisitos xerais de acceso aos ciclos inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal

1. Para acceder ao ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal será necesario ter o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria na opción de ensinanzas aplicadas ou na de ensinanzas académicas, ou equivalente para os efectos de acceso.

2. Para acceder ao ciclo final de grao medio en Judo e Defensa Persoal será necesario acreditar ter superado o ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal.

Artigo 18. Requisitos de acceso ao ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal para persoas sen o título de graduado en educación secundaria obrigatoria

Poderase acceder ás ensinanzas do ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal sen o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, sempre que o aspirante ou a aspirante, ademais de reunir os outros requisitos de carácter específico que se establecen no Real decreto 706/2011, do 20 de maio, polo que se establece o título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal e se fixan as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso, cumpra as condicións de idade e supere a proba establecida no artigo 31.1.a) do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

Artigo 19. Requisito de acceso específico ao ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal

1. Para acceder ao ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal será necesario estar en posesión do cinto negro primeiro Dan de judo.

2. O mérito deportivo de cinto negro primeiro Dan de judo acredita a competencia profesional de «dominar as técnicas de cinto negro primeiro Dan con nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da iniciación deportiva en judo e defensa persoal», recollida no artigo 7, e que no título se lle asigna unha carga horaria de formación de 360 horas sobre a duración total do citado ciclo inicial.

3. Para acceder ao ciclo final de grao medio en Judo e Defensa Persoal será necesario estar en posesión do cinto negro segundo Dan de judo.

4. O mérito deportivo do cinto negro segundo Dan de judo acredita a competencia profesional de «dominar as técnicas de cinto negro segundo Dan con nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da tecnificación en judo e defensa persoal», recollida no artigo 11, e que no título se lle asigna unha carga horaria de formación de 240 horas sobre a duración total do citado ciclo final.

5. A acreditación do mérito deportivo establecido no presente artigo realizarase mediante o certificado emitido pola Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados.

Artigo 20. Exención da superación da proba de carácter específico aos deportistas ou ás deportistas de alto nivel ou/e alto rendemento

Estarán exentos ou exentas de cumprir os méritos deportivos para ter acceso aos ciclos inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal aqueles ou aquelas deportistas que acrediten:

a) A condición de deportista de alto nivel nas condicións que establece o Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento, na modalidade de judo.

b) A cualificación de deportista de alto rendemento ou equivalente na modalidade de judo, establecida polas comunidades autónomas de acordo coa súa normativa.

c) Ter sido seleccionado pola Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados para representar a España, dentro dos dous últimos anos, polo menos, nunha competición oficial internacional das categorías sub-17 ou superiores, na modalidade de judo.

CAPÍTULO VI
Profesorado

Artigo 21. Requisitos de titulación do profesorado en centros públicos

Os requisitos da titulación do profesorado en centros públicos determinaranse en función do bloque de ensino deportivo en que vaia impartir a docencia:

1. A docencia en centros públicos dos módulos do bloque común que constitúen as ensinanzas deportivas dos ciclos de grao medio en Judo e Defensa Persoal corresponde ao profesorado do corpo de catedráticos ou catedráticas de ensino secundario e do corpo de profesorado de ensino secundario e, segundo proceda, das especialidades establecidas no anexo VII.

2. A docencia en centros públicos dos módulos do bloque específico que constitúen as ensinanzas deportivas dos ciclos de grao medio en Judo e Defensa Persoal está especificada no anexo VIII-A, e corresponde a:

a) Profesorado dos corpos de catedráticos ou catedráticas de ensino secundario e profesorado de ensino secundario, coa especialidade en Educación Física, e que posúan o título de técnico deportivo superior en Judo e Defensa Persoal.

b) Profesorado especialista que posúa o título de técnico deportivo superior en Judo e Defensa Persoal, ou aquelas persoas non tituladas que acrediten a experiencia no ámbito laboral e deportivo, ou a experiencia docente, detallada no anexo VIII-B.

Artigo 22. Requisitos de titulación do profesorado en centros de titularidade privada ou de titularidade pública de administracións distintas á consellería competente en materia de educación

As titulacións requiridas para a impartición dos módulos tanto do bloque común, como do bloque específico que forman os ciclos inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública de administracións distintas á consellería competente en materia de educación, concrétanse no anexo IX.

CAPÍTULO VII
Vinculación a outros estudos

Artigo 23. Acceso a outros estudos

O título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal permitirá o acceso directo a todas as modalidades de bacharelato.

Artigo 24. Validación das ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal

1. En materia de validacións observarase o disposto no artigo 26.1 do Real decreto 706/2011, do 20 de maio.

2. A correspondencia dos módulos de ensino deportivo que forman o presente título coas unidades de competencia para a súa acreditación queda determinada no anexo X-A.

3. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos de ensino deportivo que forman o presente título para a súa validación ou exención queda determinada no anexo X-B.

4. Serán obxecto de validación os módulos comúns e específicos de ensino deportivo coa mesma denominación e código.

5. A superación da totalidade dos módulos do bloque común do primeiro ou segundo nivel, en calquera das modalidades ou especialidades deportivas dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, validarase pola totalidade dos módulos do bloque común do correspondente ciclo inicial ou final de ensino deportivo en Judo e Defensa Persoal. A superación da totalidade dos módulos do bloque común dos ciclos inicial e final do título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal, validarase pola totalidade dos módulos do bloque común, do correspondente nivel, dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Artigo 25. Exención do módulo de formación práctica

O módulo de formación práctica dos ciclos inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal poderá ser obxecto de exención parcial, en función da súa correspondencia coa experiencia no ámbito deportivo ou laboral detallada no anexo IX.

Poderán ser obxecto de exención total ou parcial o módulo de formación práctica dos ciclos inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal, en función da súa correspondencia coa experiencia no ámbito deportivo ou laboral, detallado no anexo XI.

Artigo 26. Correspondencia formativa dos módulos de ensino deportivo coa experiencia docente

1. A correspondencia formativa entre os módulos de ensino deportivo dos ciclos inicial e final de grao medio en Judo e Defensa Persoal e a experiencia docente acreditable das formacións anteriores de adestradores deportivos ou adestradoras deportivas a que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, e as formacións de adestradores ou adestradoras a que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, establécese no anexo XII.

2. A correspondencia formativa será aplicada polos centros, seguindo o procedemento establecido pola consellería competente en materia de educación.

Disposición adicional primeira. Oferta a distancia dos módulos de ensino deportivo do título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal

Os módulos de ensino deportivo que se establecen no anexo XIII poderán ofertarse a distancia, sempre que se garanta que o alumnado pode conseguir os resultados de aprendizaxe destes de acordo co disposto neste decreto. Para iso, a consellería competente en materia de educación adoptará as medidas que considere necesarias e ditará as instrucións precisas.

Disposición adicional segunda. Clave identificativa dos certificados de superación do ciclo inicial

A clave identificativa dos certificados oficiais acreditativos da superación do ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal a que fai referencia o artigo 15.4 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, incluirá:

a) Certificación académica oficial: CA.

b) Díxito da Comunidade Autónoma: 11.

c) Díxitos de modalidade deportiva: JUJU.

Disposición adicional terceira. Medidas de apoio ao profesorado

A consellería competente en materia de educación considerará medidas de apoio ao profesorado, especialmente na formación permanente e na investigación e innovación nesta etapa educativa, para contribuír ao mellor desenvolvemento e aplicación do currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal.

Disposición adicional cuarta. Mobilidade do alumnado

De acordo coa previsión contida no artigo 35.3 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, a ordenación académica dos ciclos das ensinanzas deportivas posibilitará a opción de matriculación en réxime presencial ou a distancia do alumnado que superase algún módulo deportivo noutra comunidade autónoma e non esgotase o número de convocatorias establecido, para o que poderá realizar matrícula parcial nos módulos que teña pendentes.

Disposición adicional quinta. Non regulación de profesión titulada

De conformidade co establecido no Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, os elementos recollidos no decreto non constitúen unha regulación do exercicio de profesión titulada ningunha.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de educación, no relativo á organización e materias propias do seu departamento, para ditar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento normativo do decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e oito de setembro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Distribución horaria

Ciclo inicial de grao medio en Judo e Defensa Persoal

Carga horaria

RAE-Cinto negro primeiro Dan de judo.

360 h

Carga horaria

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

15 h

5 h

MED-C102. Primeiros auxilios.

20 h

10 h

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

5 h

--

MED-C104. Organización deportiva.

5 h

--

Total

60 h

Carga horaria

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-JUJU101. Ensino do judo e a defensa persoal.

35 h

35 h

MED-JUJU102. Organización de actividades e eventos de judo e defensa persoal.

30 h

--

MED-JUJU103. Formación práctica.

150 h

Total

250 h

Total ciclo inicial (RAE-BCBC101 + BC + BE)

670 h

Ciclo final de grao medio en Judo e Defensa Persoal

Carga horaria

RAE-Cinto negro segundo Dan de judo

240 h

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

40 h

5 h

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

55 h

10 h

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

20 h

--

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

20 h

--

MED-C205. Xénero e deporte.

10 h

--

Total

160 h

Carga horaria

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-JUJU201. Formación e tecnificación en judo e defensa persoal.

35 h

35 h

MED-JUJU202. Judo adaptado.

40 h

--

MED-JUJU203. Adestramento en judo e defensa persoal.

50 h

50 h

MED-JUJU204. Organización e xestión das actividades de judo e defensa persoal.

30 h

--

MED-JUJU205. Defensa persoal.

10 h

20 h

MED-JUJU206. Formación práctica.

200 h

Total

470 h

Total ciclo final (BC + BE)

870 h

ANEXO II
Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo inicial
de grao medio en Judo e Defensa Persoal

Obxectivos xerais.

a) Executar técnicas de cinto negro primeiro Dan, coa seguridade suficiente e tomando conciencia do realizado, para servir de modelo no proceso de ensino-aprendizaxe da iniciación en judo.

b) Establecer e transmitir a información sobre a actividade e recoller a información sobre as persoas participantes, analizando as características da información e aplicando procedementos establecidos, para atender e motivar o judoka ou a judoka.

c) Analizar a execución técnica no nivel de iniciación e, utilizando procedementos establecidos e comparando a execución técnica cos estándares propios da iniciación en judo para valorar a execución dos judokas ou das judokas, determinar o seu nivel, concretar o agrupamento e certificar os graos correspondentes á iniciación deportiva en judo.

d) Interpretar e adaptar a programación de referencia e a organización da sesión, identificando os valores propios do judo, utilizando criterios de elección e temporalización das tarefas, discriminando a información sobre as características do grupo e as condicións materiais existentes, para concretar a sesión de ensino-aprendizaxe da iniciación en judo e a defensa persoal.

e) Elixir e demostrar as técnicas de dirección e procedementos de control das continxencias, aplicando instrumentos de observación e control e resolvendo supostos, para dinamizar sesións de ensino-aprendizaxe de iniciación en judo e defensa persoal.

f) Seleccionar, comprobar e axustar os medios materiais e instalacións propias da iniciación en judo e defensa persoal, aplicando os procedementos establecidos, para facilitar a dispoñibilidade e a axeitada utilización dos medios necesarios.

g) Identificar e describir as variables que interveñen na iniciación en judo e defensa persoal, aplicando os procedementos establecidos e clasificando a información obtida, para valorar as actividades e o desenvolvemento da sesión e axustar o proceso de ensino-aprendizaxe.

h) Identificar as condicións de seguridade das instalacións, materiais e medios propios da iniciación en judo e defensa persoal, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente, para controlar a seguridade na práctica.

i) Describir, preparar e executar os primeiros auxilios, identificando as características dos supostos e aplicando os protocolos establecidos, para asistir como primeiro ou primeira interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

j) Identificar as características das competicións e eventos propios da iniciación en judo, analizando o regulamento e as bases da competición para seleccionar os judokas ou as judokas en función do seu nivel e características.

k) Identificar e describir os procesos de inscrición e acompañamento de judokas, así como os aspectos técnicos e tácticos da competición e eventos propios da iniciación en judo, analizando supostos, aplicando os procedementos establecidos e tendo en conta o regulamento, para acompañar e dirixir as persoas deportistas en competicións de nivel de iniciación.

l) Identificar e describir as características organizativas das competicións e eventos propios da iniciación en judo e defensa persoal, enumerando os medios materiais e humanos necesarios, para colaborar e intervir na organización e xestión deste tipo de actos.

m) Identificar e describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, sendo consciente e argumentando os efectos que provocan nos judokas e nas judokas, para transmitir valores propios do judo a través do comportamento ético persoal.

n) Recoñecer e promover os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, describindo as actitudes que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

ñ) Identificar e describir os principios que fundamentan o traballo en equipo, sendo consciente da importancia do liderado e a comunicación, para manter a iniciativa e autonomía dentro do grupo de traballo.

o) Identificar e describir as características básicas das principais discapacidades, seguindo os procedementos de actuación establecidos e fixando as condicións básicas de relación e comunicación, para facilitar a integración e normalización das persoas con discapacidade.

p) Aplicar as técnicas de judo á defensa persoal coa seguridade suficiente e tomando conciencia do realizado, para servir de modelo no proceso de ensino-aprendizaxe da iniciación á defensa persoal.

q) Sensibilizar coa prevención da violencia de xénero.

r) Desenvolver e transmitir a través do comportamento ético persoal valores vencellados co xogo limpo, o respecto ás demais persoas, o respecto e coidado do propio corpo, evitando os comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual.

Módulo común de ensino deportivo: Bases do comportamento deportivo.

Código: MED-C101.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica as características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais das persoas, relacionándoas cos estadios madurativos da infancia.

a) Describíronse diferentes estadios madurativos da infancia, identificando as particularidades de cada un.

b) Aplicáronse técnicas elementais de recollida de información para a obtención de datos relevantes da persoa.

c) Identificáronse os intereses e as motivacións características das persoas na etapa da infancia.

d) Describíronse as características dos rapaces e das rapazas a nivel motriz e psicolóxico na primeira etapa do proceso de aprendizaxe motora.

e) Demostrouse interese por respectar o desenvolvemento natural e saudable da persoa acorde co seu estadio madurativo.

f) Valorouse a importancia de que a persoa conte con diversidade e variabilidade de experiencias físico-deportivas nestes estadios e de evitar unha especialización precoz.

2. Atende a persoa describindo e aplicando diferentes técnicas de comunicación e motivación.

a) Identificáronse as diferentes técnicas de comunicación, verbal e non verbal, que poden utilizarse tendo en conta o contexto deportivo.

b) Elixíronse as técnicas de comunicación, así como a disposición espacial do material e do alumnado, máis oportunas no intercambio de información.

c) Identificáronse diferentes formas de captar a información e de tomar unha decisión a partir dela.

d) Identificáronse as principais barreiras e interferencias que dificultan a comunicación.

e) Valorouse a importancia de contar con habilidades comunicativas e sociais nas relacións interpersoais.

f) Valorouse a importancia de utilizar unha linguaxe que respecte a equidade dos distintos sexos.

g) Empregáronse técnicas e estratexias comunicativas na presentación das tarefas propostas, logrando unha maior participación e motivación nelas.

h) Valorouse a importancia de manter a motivación e o desfrute de todas as persoas como elemento clave para a súa fidelización coa práctica deportiva e a prevención do abandono en etapas posteriores.

i) Demostrouse interese por valorar o proceso de aprendizaxe por riba do resultado obtido.

j) Valorouse a autonomía, a espontaneidade e a creatividade das persoas deportistas mozos e mozas na iniciación deportiva.

3. Conduce o grupo seleccionando e aplicando dinámicas de grupo e estratexias para a resolución de conflitos, en función das características do contexto.

a) Describíronse as características fundamentais do grupo na iniciación deportiva, atendendo especialmente a factores de relación social e de xénero.

b) Describíronse as principais fontes de conflito na sesión, tanto individuais como de grupo.

c) Aplicáronse estratexias de recollida de información que permitan coñecer mellor o grupo.

d) Aplicáronse dinámicas de grupo baseadas na aprendizaxe cooperativa e o traballo en equipo.

e) Utilizáronse estratexias de resolución de conflitos no grupo, promovendo e transmitindo valores de respecto, sinceridade, empatía, compromiso e igualdade de xénero.

f) Valorouse a importancia dunha actitude tolerante e de empatía para conseguir a confianza do grupo.

g) Demostrouse interese por respectar os intereses das persoas, evitando os prexuízos e valorando os elementos de diferenciación individuais tales como emocións, sentimentos, personalidade, sexo, orientación afectivo-sexual, características morfolóxicas, orixe cultural, clase social, etc.

h) Describíronse aqueles aspectos do ámbito familiar e do contexto social que exercen unha influencia positiva ou negativa na iniciación deportiva de rapaces e rapazas.

i) Aplicáronse estratexias e técnicas adecuadas para corrixir actitudes negativas do ámbito familiar ou do contexto social na iniciación deportiva.

j) Analizouse a importancia dos valores positivos da familia e do contexto social na práctica deportiva.

4. Transmite valores persoais e sociais aplicando as técnicas axeitadas e reflexionando sobre as propias actitudes e comportamentos.

a) Describíronse os valores persoais e sociais que se poden transmitir a través do deporte.

b) Valorouse a importancia de ser un modelo ético de referencia para as persoas deportistas durante a iniciación deportiva.

c) Reflexionouse sobre os propios prexuízos e estereotipos, incluídos os de xénero e por cuestións de índole afectivo-sexual.

d) Demostrouse interese por educar ética e moralmente a través do deporte.

e) Identificáronse e describíronse estratexias de transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

f) Identificáronse estratexias de fomento da coeducación.

g) Valorouse a importancia do respecto do xogo limpo, dun mesmo ou dunha mesma, ás demais persoas e ao contorno durante a práctica deportiva.

h) Valorouse a importancia de defender e manter o carácter lúdico da práctica deportiva.

Contidos básicos:

1. Identifica as características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais das persoas, relacionándoas cos estadios madurativos da infancia.

• Desenvolvemento persoal dos rapaces e das rapazas na iniciación deportiva.

– Crecemento, maduración e desenvolvemento.

– Patróns motores básicos na infancia.

– Características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais dos rapaces e das rapazas.

• Técnicas elementais de recollida de información a partir da teoría do procesamento da información.

• A actividade físico-deportiva nos estadios madurativos da infancia.

• A iniciación deportiva.

• Diversidade e variabilidade de experiencias deportivas na iniciación e os seus efectos positivos sobre o desenvolvemento motor.

• Respecto dos estadios madurativos e as diferenzas interindividuais e intraindividuais.

2. Atende a persoa deportista describindo e aplicando diferentes técnicas de comunicación e motivación.

• Motivacións e actitudes propias da infancia ante a práctica deportiva.

– Motivacións intrínsecas e extrínsecas.

– A teoría de metas de logro.

– Principais motivos de abandono en deportistas mozos ou mozas. A transcendentalización competitiva.

– Estratexias para fomentar a participación, a motivación e o desfrute como elementos clave para a fidelización deportiva, atendendo ás diferenzas de xénero.

– Valoración do proceso de aprendizaxe por riba do resultado deportivo.

– Valoración da actitude do alumnado (das persoas deportistas) por riba da súa aptitude.

• Proceso de comunicación. Elementos, tipos e dificultades.

– Técnicas de comunicación: verbal e non verbal.

– Valoración comunicativa do contexto: elementos facilitadores e obstáculos e inhibidores no proceso de comunicación.

– Disposición do espazo e do alumnado para a mellora da comunicación na sesión deportiva.

– Información inicial e retroacción (feedback) na sesión deportiva.

– Habilidades comunicativas, persoais e sociais, nas relacións interpersoais.

– Uso non sexista da linguaxe.

3. Conduce o grupo seleccionando e aplicando dinámicas de grupo e estratexias para a resolución de conflitos, en función das características do contexto.

• Fontes de conflito no grupo deportivo.

– Falta de confianza mutua.

– Competitividade e liderado.

– Discriminación: por razóns de xénero, condición afectivo-sexual, de capacidade, actitudes xenófobas, etc.

– Diverxencia de intereses individuais en rapaces e en rapazas.

• A dinámica de grupos na iniciación deportiva e a súa importancia.

– Condución de dinámicas orientadas á valoración sociolóxica do grupo.

– Dinámicas de presentación e coñecemento do grupo.

– Técnicas sociométricas.

• Condución de dinámicas de grupo orientadas ao traballo cooperativo e á resolución de conflitos.

– Dinámicas de autocoñecemento para a afirmación persoal e a autoconfianza.

– Dinámicas socioafectivas para crear confianza mutua.

– Dinámicas de traballo en equipo:

□ De responsabilidade de grupo.

□ De toma de decisións por consenso.

□ De eficiencia no traballo en grupo.

– Dinámicas de resolución de conflitos en pequenos grupos:

□ Para a identificación do problema.

□ Para a solución do problema.

• Modelos de intervención do persoal técnico nos grupos de iniciación deportiva:

– Modelo autoritario.

– Modelo permisivo.

– Modelo democrático.

• Actitudes e influencia do contexto familiar na iniciación deportiva.

– Contextos familiares que exercen unha influencia positiva na iniciación deportiva dos rapaces e das rapazas.

– Condutas e actitudes negativas máis frecuentes protagonizadas por familiares na iniciación deportiva:

□ Excesiva presión competitiva sobre os fillos ou as fillas.

□ Comportamentos e actitudes agresivas e violentas.

□ Interferencias co persoal técnico deportivo.

• Estratexias de intervención no ámbito familiar durante a iniciación deportiva. A entrevista coas persoas responsables legais da persoa deportista.

4. Transmite valores persoais e sociais aplicando as técnicas axeitadas e reflexionando sobre as propias actitudes e comportamentos.

• O deporte como transmisor de valores persoais e sociais tanto positivos como negativos.

• A responsabilidade do persoal técnico deportivo na transmisión de valores éticos no deporte e en evitar os contravalores.

• Superación da idea de bondade natural do deporte en canto á transmisión de valores éticos.

• Condutas inmorais máis frecuentes na práctica deportiva.

• Xogo limpo e deportividade (condutas éticas na práctica deportiva).

• Técnicas e estratexias para o desenvolvemento de valores no deporte: reflexión, establecemento de normas consensuadas, desenvolvemento do xuízo moral, autocontrol da conduta, análise, desenvolvemento da empatía e comprensión crítica de temas eticamente relevantes e encontros de grupo.

• Autoavaliación e reflexión dos propios prexuízos e estereotipos persoais, incluídos os de xénero e os de índole afectivo-sexual.

Módulo común de ensino deportivo: Primeiros auxilios.

Código: MED-C102.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Realiza unha valoración inicial aplicando técnicas de valoración segundo protocolos establecidos e relacionándoos cos principios de anatomía e fisioloxía.

a) Identificáronse e tomáronse as constantes vitais.

b) Identificáronse e describíronse os protocolos de valoración que se seguirán en cada caso.

c) Identificáronse e describíronse as lesións óseas e articulares, así como os síntomas e mecanismos de produción.

d) Identificáronse e describíronse as lesións musculares e tendinosas, así como os síntomas e mecanismos de produción.

e) Identificáronse e describíronse os diferentes tipos de traumatismos.

f) Describíronse as bases anatomofisiolóxicas dos primeiros auxilios.

g) Identificáronse e describíronse as lesións provocadas por outros axentes externos (frío, calor, axentes químicos e biolóxicos), así como os síntomas e mecanismos de produción.

h) Utilizouse a terminoloxía médico-sanitaria elemental relacionada cos primeiros auxilios.

i) Identificouse a secuencia de actuación segundo o protocolo establecido polo Comité de Coordinación Internacional sobre a Resucitación (ILCOR).

2. Aplica as técnicas de primeiros auxilios relacionando o tipo de lesión co protocolo establecido en cada caso.

a) Aplicáronse técnicas de primeiros auxilios axeitadas aos diferentes tipos de lesión.

b) Identificáronse e describíronse os protocolos de primeiros auxilios e inmobilización que se seguirán segundo a lesión.

c) Identificáronse os medios materiais de aplicación de primeiros auxilios (caixa de primeiros auxilios e outros).

d) Describíronse as repercusións dunha incorrecta aplicación das técnicas de primeiros auxilios e do traslado da persoa accidentada.

e) Aplicáronse técnicas de inmobilización para o traslado da persoa accidentada.

3. Aplica técnicas de soporte vital identificando a súa instrumentación e describindo as súas fases segundo o protocolo básico establecido.

a) Detallouse a instrumentación básica para o soporte vital, recoñecendo as súas partes e mecanismos de funcionamento.

b) Describíronse os fundamentos de resucitación cardiopulmonar básica.

c) Aplicáronse técnicas de apertura das vías aéreas.

d) Aplicáronse técnicas de soporte ventilatorio.

e) Aplicáronse técnicas de soporte circulatorio.

f) Realizouse desfibrilación externa semiautomática (DESA).

g) Aplicáronse medidas de posreanimación.

h) Recoñecéronse aquelas situacións en que se desaconsella a intervención e posterior evacuación, detallando as súas características.

i) Valorouse a importancia de aplicar con precisión os protocolos establecidos.

4. Aplica técnicas de autocontrol e de apoio psicolóxico á persoa accidentada e a acompañantes, describindo e aplicando as estratexias de comunicación máis axeitadas.

a) Describíronse e aplicáronse técnicas básicas de apoio psicolóxico.

b) Describíronse e aplicáronse técnicas básicas de autocontrol.

c) Aplicáronse estratexias básicas de comunicación en situacións de prestación de primeiros auxilios.

d) Describíronse os posibles estados emocionais das persoas accidentadas.

e) Valorouse a importancia de autocontrolarse ante situacións de estrés.

f) Describíronse os factores que predispoñen para a ansiedade en situacións de accidente ou emerxencias.

g) Describíronse e aplicáronse técnicas que se empregarán para controlar situacións de tensión ambiental.

5. Aplica técnicas para o control do contorno relacionándoo cos protocolos establecidos e a organización do sistema de emerxencias.

a) Determináronse as distintas técnicas que se poden utilizar cando o contorno xera determinados niveis de risco.

b) Describíronse os protocolos de actuación oportunos para establecer un contorno seguro e emocionalmente estable.

c) Determináronse as distintas técnicas que se utilizarán en relación co risco do contorno.

d) Aplicáronse normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

e) Definíronse os conceptos de urxencia, emerxencia e catástrofe.

f) Describiuse a organización dos sistemas de emerxencia.

Contidos básicos:

1. Realiza unha valoración inicial aplicando técnicas de valoración segundo protocolos establecidos e relacionándoos cos principios de anatomía e fisioloxía.

• Signos e síntomas de urxencia.

• Valoración do nivel de consciencia.

• Toma de constantes vitais.

• Protocolos de exploración elementais.

• Terminoloxía médico-sanitaria en primeiros auxilios.

• Protocolo de transmisión da información.

• Signos de compromiso vital na persoa adulta, neno ou nena e lactante.

• Métodos e materiais de protección da zona.

• Bases anatomofisiolóxicas relacionadas cos primeiros auxilios: ósos, articulacións e músculos (concepto, características, clasificación e localización a nivel básico/elemental).

• Valoración básica en lesións por traumatismos e por axentes físicos, químicos e biolóxicos.

• Valoración básica ante patoloxía orgánica de urxencia.

2. Aplica as técnicas de primeiros auxilios relacionando o tipo de lesión co protocolo establecido en cada caso.

• Caixa de primeiros auxilios.

• Aplicación dos primeiros auxilios.

• Seguridade na aplicación das técnicas utilizadas.

• Aplicación de procedementos de inmobilización e mobilización.

3. Aplica técnicas de soporte vital identificando a súa instrumentación e describindo as súas fases segundo o protocolo básico establecido.

• Control da permeabilidade das vías aéreas.

• Resucitación cardiopulmonar básica.

• Desfibrilación externa semiautomática (DESA).

• Valoración básica da persoa accidentada.

• Atención inicial en lesións por axentes físicos (traumatismos, calor ou frío, electricidade e radiacións).

• Atención inicial en lesións por axentes químicos e biolóxicos.

• Atención inicial en patoloxía orgánica de urxencia.

• Actuación limitada no marco das súas competencias.

4. Aplica técnicas de autocontrol e de apoio psicolóxico á persoa accidentada e a acompañantes, describindo e aplicando as estratexias de comunicación máis axeitadas.

• Apoio psicolóxico a pacientes.

• Primeiros auxilios psicolóxicos. Comportamento da poboación ante unha catástrofe.

• Estratexias básicas de comunicación.

• Valoración do papel do primeiro ou da primeira interveniente.

• Técnicas facilitadoras da comunicación interpersoal.

• Factores que predispoñen a ansiedade en situacións de accidente ou emerxencia.

5. Aplica técnicas para o control do contorno relacionándoo cos protocolos establecidos e a organización do sistema de emerxencias.

• Sistemas de emerxencias.

• Obxectivos e límites dos primeiros auxilios.

• Marco legal, responsabilidade e ética profesional.

• Normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

• Técnicas de primeiros auxilios en relación co risco do contorno.

• Protocolos de alerta.

Módulo común de ensino deportivo: Actividade física adaptada e discapacidade.

Código: MED-C103.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica as principais discapacidades describindo as súas características básicas e relacionándoas coa práctica deportiva.

a) Describíronse as principais causas da discapacidade física, intelectual e sensorial.

b) Determináronse os beneficios que xera a práctica de actividades físicas adaptadas nas persoas con discapacidade.

c) Recoñecéronse as limitacións na práctica e os condicionantes fundamentais segundo o tipo de discapacidade.

d) Valorouse a vivencia persoal do que supón a discapacidade en situacións simuladas, usando contornos restritivos a nivel perceptivo, decisional e motriz.

e) Describíronse as posibilidades das axudas técnicas básicas segundo a discapacidade.

f) Aplicáronse procedementos básicos de identificación e recoñecemento da discapacidade mediante a observación das características morfolóxicas e funcionais da persoa deportista.

g) Valorouse a importancia do recoñecemento das capacidades da persoa deportista, máis alá das limitacións que poida presentar pola súa discapacidade.

h) Identificáronse os principais programas de iniciación deportiva dirixidos ás persoas con discapacidade.

2. Informa as persoas con discapacidade sobre as prácticas deportivas, describindo as técnicas de comunicación específicas e identificando as limitacións que poden presentarse na súa iniciación.

a) Describiuse a terminoloxía máis actual en relación coas persoas con discapacidade.

b) Aplicáronse técnicas de recollida de información acerca dos intereses, capacidades, experiencias previas e motivacións das persoas con discapacidade cara á práctica deportiva.

c) Demostrouse interese por non prexulgar as persoas, respectando os seus elementos únicos e de diferenciación: emocións, sentimentos, personalidade, etc.

d) Determináronse e aplicáronse criterios de adaptación das técnicas de comunicación para as principais discapacidades.

e) Describíronse as principais posibilidades de práctica e deportes adaptados segundo o tipo de discapacidade.

f) Valorouse a importancia da participación activa das persoas con discapacidade en contornos/contextos deportivos normalizados.

Contidos básicos:

1. Identifica as principais discapacidades describindo as súas características básicas e relacionándoas coa práctica deportiva.

• Características básicas das principais discapacidades físicas, sensoriais e psíquicas.

• Recoñecemento da discapacidade mediante procedementos básicos de observación das características morfolóxicas e funcionais da persoa deportista.

• Valoración das posibilidades individuais, máis alá das limitacións que se presentaren segundo a discapacidade.

• Condicionantes derivados dun tipo de discapacidade para a práctica físico-deportiva.

• Recoñecemento e uso fundamental do material deportivo específico e as axudas técnicas básicas.

• Beneficios da práctica deportiva para persoas con discapacidade.

• Os programas de iniciación e difusión da práctica deportiva para persoas con discapacidade.

• A vivencia persoal en situacións de práctica restritivas simulando a discapacidade.

2. Informa as persoas con discapacidade sobre as prácticas deportivas, describindo as técnicas de comunicación específicas e identificando as limitacións que poden presentarse na súa iniciación.

• Toma de conciencia dos sentimentos e actitudes cara a persoas con discapacidade.

• Terminoloxía básica en relación coa saúde e a discapacidade.

• Aplicación de técnicas básicas de recollida de información en relación coas características das persoas deportistas con discapacidade.

• Recoñecemento e aplicación de técnicas de comunicación concretas segundo a discapacidade.

• Métodos de comunicación alternativa respecto de persoas con discapacidade.

• Aplicación de exemplos de inclusión deportiva de persoas con discapacidade en contornos normalizados.

• Os principais deportes adaptados.

• A importancia da práctica deportiva para a autonomía persoal e integración social de persoas con discapacidade.

• A identificación dos propios prexuízos previos á práctica respecto de persoas con discapacidade.

Módulo común de ensino deportivo: Organización deportiva.

Código: MED-C104.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a organización deportiva local e autonómica relacionándoa coa estrutura administrativa e as súas competencias básicas.

a) Describíronse as formas de organización a nivel local e autonómico en referencia ao ámbito deportivo.

b) Describíronse as principais competencias e programas das organizacións deportivas locais e autonómicas.

c) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles que fan referencia á normativa xurídica deportiva.

d) Utilizouse unha terminoloxía básica axeitada ás estruturas das organizacións deportivas locais e autonómicas, así como da normativa deportiva.

2. Concreta a estrutura do asociacionismo deportivo identificando os seus elementos e organización.

a) Describíronse as competencias, funcións e formas de organización das federacións deportivas autonómicas.

b) Describíronse as formas de asociacionismo deportivo a nivel local e autonómico.

c) Identificáronse as características do asociacionismo deportivo.

d) Describíronse as vías de apoio ao asociacionismo deportivo por parte da Administración local e autonómica.

e) Cubriuse a documentación básica para a busca de apoios ao asociacionismo deportivo e describíronse os procedementos que a dita documentación debe seguir.

f) Valorouse a importancia que ten o apoio institucional ao desenvolvemento do asociacionismo deportivo, e a potenciación do asociacionismo feminino como medio de promoción da práctica da actividade físico-deportiva nas mulleres.

Contidos básicos:

1. Identifica a organización deportiva local e autonómica relacionándoa coa estrutura administrativa e as súas competencias básicas.

• A lexislación básica do Estado e da comunidade autónoma.

– O marco competencial do deporte no ámbito local e autonómico.

– Interpretación da lexislación deportiva básica: obxectivo e rango da norma.

• Estrutura administrativa e organizativa do deporte.

– Estrutura autonómica do deporte.

– Identificación das características esenciais das diferentes estruturas deportivas no ámbito local de servizos e padroados municipais, sociedades públicas, organismos de deputacións, clubs, asociacións, entre outras.

– Aceptación da organización deportiva autonómica e local.

• As fontes de información en normativa xurídica deportiva.

– A terminoloxía básica en normativa deportiva.

– As publicacións oficiais que reflicten a normativa xurídica deportiva.

2. Concreta a estrutura do asociacionismo deportivo identificando os seus elementos e organización.

• As federacións deportivas autonómicas: competencias, funcións e estrutura organizativa.

• Tipos de clubs e asociacións deportivas, e a súa importancia no asociacionismo deportivo.

• Asociacionismo deportivo feminino. Presenza das mulleres na organización deportiva.

• As vías de apoio ao asociacionismo deportivo:

– Administración local e autonómica: tipos e formas de axuda.

– As vías de apoio ao asociacionismo deportivo.

– Procedementos para a xestión de apoios ao asociacionismo deportivo.

□ Na Administración local.

□ Na Administración autonómica.

Módulo específico de ensino deportivo: Ensino do judo e da defensa persoal.

Código: JUJU101 (Código: MED-JUJU101).

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Selecciona o material deportivo propio da iniciación en judo e defensa persoal, identificando as súas características, describindo as condicións de seguridade e uso e aplicando medidas para o seu mantemento de acordo coa normativa vixente.

a) Describíronse os aspectos regulamentarios e as características da instalación, materiais e equipamentos básicos e a súa utilización na evolución da aprendizaxe das habilidades técnicas no proceso de iniciación en judo e defensa persoal.

b) Describíronse as técnicas e procedementos para o mantemento do material propio da iniciación en judo e defensa persoal.

c) Describíronse os principais criterios que se considerarán para a adaptación das instalacións ás actividades de judo e defensa persoal.

d) Describíronse as condicións de seguridade no uso dos materiais propios da iniciación en judo e defensa persoal.

e) Explicáronse as precaucións que se terán en conta na utilización do material específico de judo e defensa persoal.

f) Describíronse os criterios para decidir a baixa ou mantemento en uso do material.

g) Demostráronse as manobras e técnicas de montaxe, desmontaxe e almacenamento do material.

h) Demostrouse rigor e meticulosidade na aplicación dos protocolos de selección e mantemento do material.

i) Desenvolveuse a capacidade crítica na revisión e control do material específico para a iniciación ao judo.

2. Concreta a sesión de iniciación en judo e defensa persoal a partir da programación de referencia describindo os elementos e organización da programación e elaborando secuencias de aprendizaxe.

a) Describíronse as características dos obxectivos, contidos, medios e métodos para o desenvolvemento dun programa operativo de iniciación en judo e defensa persoal, en función das características do alumnado, espazos e material dispoñible.

b) Establecéronse os principios de elaboración dos contidos e secuencias de aprendizaxe da iniciación en judo e defensa persoal en función dos grupos de idade (4 e 5 anos, 6-9 anos, 10-12 anos).

c) Establecéronse os principios de elaboración dos contidos e as secuencias de aprendizaxe das técnicas de judo e defensa persoal.

d) Describiuse e aplicouse o principio Seiryoku-Zenyo como criterio de óptima utilización da enerxía na execución das accións técnicas e tácticas do judo.

e) Elaboráronse os contidos e secuencias de aprendizaxe de cada unha das fases dunha sesión de iniciación en judo e defensa persoal describindo e aplicando os métodos Tandoku-Renshyu, Sotai-Renshyu, Uchikomi, Yaku-Soku-Geiko, Nage-Komi e Randori.

f) Valorouse a introdución do regulamento no proceso de iniciación ao judo.

g) Identificouse o tempo, espazo e material necesarios a utilizar en función dos obxectivos da sesión.

h) Identificáronse as posibles respostas para afrontar as continxencias que se poidan presentar durante o desenvolvemento da sesión.

i) Valorouse a importancia da preparación previa da sesión de iniciación en judo e defensa persoal como factor de calidade do ensino.

j) Valorouse a importancia de introducir no proceso de ensino a adquisición de valores.

k) Concretouse un suposto de sesión de iniciación en judo e defensa persoal conforme a programación de referencia, tendo en conta os obxectivos, a selección de tarefas, a estrutura da sesión, os condicionantes materiais existentes e as características do grupo de alumnado.

l) Xustificouse a importancia da formación permanente do persoal técnico en judo.

3. Dirixe judokas en sesións de iniciación en judo e defensa persoal, describindo e aplicando procedementos de dinamización, avaliación e control.

a) Describíronse as formas de organización do grupo e o comportamento do profesor ou profesora no desenvolvemento da sesión de iniciación en judo e defensa persoal.

b) Aplicáronse as técnicas de comunicación, así como a disposición espacial do material e do alumnado á hora de transmitir a información.

c) Describíronse e aplicáronse medidas de control para previr os posibles riscos no desenvolvemento da sesión.

d) Describiuse a información que debe recibir o judoka ou a judoka sobre o uso e utilidade da indumentaria e o equipamento en función dos obxectivos da sesión.

e) Describiuse o proceso metodolóxico de desenvolvemento dos exercicios da sesión de iniciación.

f) Estableceuse a localización do persoal técnico durante o desenvolvemento da sesión para unha correcta comunicación, unha constante visualización do grupo e unha intervención eficaz sobre os progresos ou erros dos judokas e das judokas.

g) Describíronse os recursos que se utilizarán como soporte ao proceso de instrución-asimilación dos exercicios e actividades do programa de iniciación en judo e defensa persoal.

h) Describíronse e aplicáronse as principais estratexias de dirección e dinamización nas sesións de iniciación en judo e defensa persoal.

i) Describíronse os tipos de reforzo e coñecemento dos resultados na iniciación en judo e defensa persoal.

j) Argumentouse a importancia dunha atención constante e dunha intervención rápida sobre as incidencias que poidan acontecer nas actividades de iniciación ao judo e a defensa persoal.

4. Dirixe tecnicamente as persoas deportistas na súa participación en competicións e actividades propias da iniciación ao judo e defensa persoal, describindo e aplicando procedementos de dinamización, avaliación e control.

a) Identificouse a información que o judoka tutelado ou a judoka tutelada debe recibir durante a súa participación nunha competición de iniciación ao judo.

b) Describíronse os conceptos (posición, postura, agarre, desprazamento) e esquemas tácticos aplicables na iniciación en judo e defensa persoal.

c) Relacionáronse determinados aspectos do regulamento de competición da Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados, coa súa aplicación táctica na iniciación en judo e defensa persoal.

d) Describíronse os principios de adaptación da táctica ás características dos adversarios ou adversarias na iniciación en judo e defensa persoal.

e) Describíronse e aplicáronse fichas de observación da execución técnica e táctica da actuación das persoas participantes en competicións de nivel de iniciación.

f) Analizouse o resultado da participación en competición de iniciación en judo propoñendo solucións, en función das accións da persoa opoñente e dos erros cometidos.

g) Valorouse a importancia do respecto ás normas e aos demais compañeiros ou compañeiras ou adversarios ou adversarias a través dos principios do judo.

h) Valorouse a importancia da competición como parte do proceso formativo, competir para aprender e aprender para competir.

i) Xustificouse a importancia de saber ser e saber estar do adestrador ou da adestradora na dirección dos judokas e das judokas en competición.

5. Transmite valores e actitudes propias do judo e da defensa persoal a través do seu comportamento ético, identificando e aplicando as estratexias para a creación e modificación de actitudes.

a) Describíronse os valores que se poden adquirir a través da práctica do judo e da defensa persoal e a súa relación coas tarefas de aprendizaxe.

b) Describíronse as condutas do judoka ou da judoka que evidencian e se relacionan cos valores propios da modalidade.

c) Describíronse as estratexias específicas do judo e da defensa persoal para o desenvolvemento dos valores propios da modalidade.

d) Exemplificáronse a través do comportamento persoal os valores propios do judo e da defensa persoal.

e) Aplicouse o principio de Jita-Kyoei no desenvolvemento do judo.

f) Recoñeceuse a importancia, no desempeño do labor do persoal técnico, dos valores de traballo ben feito, de aprendizaxe constante e das actitudes de responsabilidade, esforzo e innovación.

g) Xustificouse a importancia educativa do respecto dos valores propios do judo.

h) Xustificouse a importancia dunha atención constante e dunha intervención rápida sobre as incidencias que acontecen nas actividades de aprendizaxe.

i) Xustificouse a importancia do respecto ao material de uso no proceso de ensino-aprendizaxe do judo.

6. Valora a execución técnica na iniciación en judo e defensa persoal e certifica o cinto ou grao correspondente á iniciación deportiva en judo describindo as características da súa aprendizaxe e os estándares de execución nesta etapa, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros.

a) Interpretáronse os informes e documentos técnicos das persoas deportistas, identificando as características necesarias para a iniciación en judo.

b) Identificáronse os puntos fundamentais que se considerarán na aprendizaxe dos xestos técnicos de iniciación en judo e defensa persoal.

c) Identificáronse as diferenzas entre a execución técnica do modelo ideal e a execución durante a etapa de iniciación, a que corresponde un modelo elemental con accións técnicas pouco específicas.

d) Relacionáronse os erros tipo na iniciación en judo e defensa persoal coas posibles causas e as tarefas para a súa solución.

e) Describíronse e aplicáronse os fundamentos, contidos técnicos e accións tácticas que conforman o programa de iniciación en judo e defensa persoal.

f) Utilizouse a terminoloxía do programa de iniciación en judo e defensa persoal.

g) Identificáronse os puntos máis importantes e erros máis frecuentes na execución das técnicas do programa de iniciación en judo e defensa persoal.

h) Aplicáronse tests de campo de valoración técnico-táctica aos judokas ou ás judokas na etapa de iniciación en judo e defensa persoal.

i) Describíronse os criterios de selección para participar nas actividades programadas.

j) Interiorizouse a importancia do labor do persoal técnico na corrección e mellora técnica do judoka ou da judoka.

7. Demostra e aplica as técnicas de judo á defensa persoal, executando as devanditas técnicas cunha mestría técnico-táctica equivalente ao cinto negro primeiro Dan de defensa persoal.

a) Describíronse e aplicáronse as técnicas de perna O soto gari, O soto ottoshi, Ko soto gari, O uchi gari, Ko uchi gari, De ashi barai, Hiza guruma, Ko soto gake do programa de judo á defensa persoal, neutralizando, reducindo ou proxectando un adversario ou adversaria nunha situación simulada de agresión.

b) Describíronse e aplicáronse as técnicas de cadeira O goshi, Uki goshi, Koshi guruma, Tsuri komi goshi, Harai goshi do programa de judo á defensa persoal, neutralizando, reducindo ou proxectando un adversario ou adversaria nunha situación simulada de agresión.

c) Describíronse e aplicáronse as técnicas de man Seoi nage, Tai otoshi, Sukui nage. Sutemis: Ushiro goshi do programa de judo á defensa persoal, neutralizando, reducindo ou proxectando un adversario ou adversaria nunha situación simulada de agresión.

d) Describíronse e aplicáronse as técnicas de inmobilización grupos Kesa, Kami, Yoko e Tate do programa de judo á defensa persoal, neutralizando, reducindo ou proxectando un adversario ou adversaria nunha situación simulada de agresión.

e) Describíronse e aplicáronse as técnicas de luxación Ude garami, Juji gatame, Hiza gatame, Ude gatame, Waki gatame do programa de judo á defensa persoal, neutralizando, reducindo ou proxectando un adversario ou adversaria nunha situación simulada de agresión.

f) Describíronse e aplicáronse as técnicas de estrangulación Nami Juji jime, Kata Juji jime, Hadaka jime, Okuri eri jime, Kata ha jime, Hadaka ha jime do programa de judo á defensa persoal, neutralizando, reducindo ou proxectando un adversario ou adversaria nunha situación simulada de agresión.

g) Describiuse e aplicouse a execución combinada das técnicas do programa.

h) Xustificouse a importancia do respecto ao compañeiro ou compañeira do control das accións na súa aplicación técnica á defensa persoal.

8. Colabora na recollida de información do proceso de iniciación en judo e defensa persoal, identificando as características dos instrumentos e soportes de recollida da información, así como dos procedementos de tratamento desta.

a) Identificáronse os aspectos a valorar no desenvolvemento da sesión durante o proceso de iniciación en judo e defensa persoal.

b) Describíronse os métodos de control do proceso de ensino-aprendizaxe na iniciación en judo e defensa persoal.

c) Describíronse as características dun informe que recolla a información sobre o desenvolvemento dunha sesión ou sesións de iniciación en judo e defensa persoal.

d) Describíronse os instrumentos de recollida de información sobre os parámetros que se valorarán nunha sesión de iniciación ao judo e defensa persoal.

e) Utilizáronse diferentes soportes para recoller a información sobre a valoración do judoka ou da judoka.

f) Xustificouse a importancia da valoración da imaxe e o comportamento que caracteriza o persoal técnico na iniciación en judo e defensa persoal, durante a valoración do proceso.

Contidos básicos:

1. Selecciona o material deportivo propio da iniciación ao judo, identificando as súas características, describindo as condicións de seguridade e uso e aplicando medidas para o seu mantemento de acordo coa normativa vixente.

• Equipamentos e instalacións de judo e defensa persoal:

• Materiais propios da iniciación ao judo e defensa persoal.

• Normativa e regulamentación federativa e de arbitraxe.

• Características das instalacións propias da iniciación ao judo e defensa persoal.

• Condicións de seguridade das instalacións e equipamentos.

• Uso, revisión e mantemento do equipamento específico.

• Criterios para a elección, uso e adaptación do equipamento.

• Criterios para a baixa ou mantemento do equipamento.

• Procedementos de montaxe, desmontaxe e almacenamento do tatami e material auxiliar.

• Rigor e meticulosidade na selección do material.

• Capacidade crítica na revisión e control do material.

2. Concreta a sesión de iniciación en judo e defensa persoal a partir da programación de referencia, describindo os elementos e organización da programación, elaborando secuencias de aprendizaxe.

• Obxectivos xerais da iniciación en judo e defensa persoal.

• Obxectivos específicos aplicados ao desenvolvemento das sesións de iniciación.

• Criterios para a elaboración dos contidos de judo e defensa persoal en función de grupos de idade.

– Contidos e as súas orientacións para o ensino de judo e defensa persoal.

– Secuencias de aprendizaxe das técnicas de judo e defensa persoal.

• Estrutura das sesións de ensino-aprendizaxe.

– Preparación previa da sesión.

– Utilización do tempo, espazo e material en función dos contidos e obxectivos da sesión.

– Utilización eficaz da enerxía na aplicación técnica e táctica do judo. Principio Seiryoku-Senyo.

• Métodos específicos da aprendizaxe en judo e defensa persoal: Tandoku-Renshyu, Sotai-Renshyu, Uchikomi, Yaku-Soku-Geiko, Nage-Komi e Randori.

– O regulamento e a súa aplicación ao ensino-aprendizaxe do judo.

– Hábitos de traballo en equipo e adquisición de valores.

– Necesidade de actualización e formación permanente do persoal técnico.

3. Dirixe judokas en sesións de iniciación ao judo e defensa persoal, describindo e aplicando procedementos de dinamización, avaliación e control.

• Metodoloxía do ensino do judo e defensa persoal.

– Directrices da iniciación en judo e a defensa persoal.

– Adquisición de conceptos, procedementos e actitudes.

• Dirección e organización do grupo en función das súas características.

– Comunicación e organización do grupo, localización do profesorado e material didáctico.

– Uso axeitado da indumentaria judogui para a práctica do judo.

• Dirección da actividade programada.

– Control dos posibles riscos no desenvolvemento da sesión.

• Avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe.

– Coñecemento dos resultados.

• Implicación do persoal técnico no proceso de ensino-aprendizaxe.

• Adaptación da intervención en función das características dos implicados ou implicadas.

4. Dirixe tecnicamente a persoa deportista na súa participación en competicións e actividades propias da iniciación ao judo e á defensa persoal, describindo e aplicando procedementos de dinamización, avaliación e control.

• Aplicación do regulamento de competición.

• Conceptos e esquemas técnicos e tácticos básicos.

– Aplicación básica dos principios tácticos en función do regulamento, do tempo de combate e da persoa opoñente.

• A dirección do judoka ou da judoka e do combate.

– Dirección do combate de judo.

– Transmisión da información técnica e táctica ao judoka ou á judoka durante a competición.

– Aplicación dos esquemas técnico-tácticos elementais da iniciación en judo.

– Adaptación dos principios técnicos e tácticos ás características e estilos dos diferentes adversarios ou adversarias.

• Valoración da actuación das persoas participantes.

– Aplicación de fichas elementais de observación nas competicións de judo.

• Respecto ás normas e aos demais compañeiros ou compañeiras ou adversarios ou adversarias.

– Competir para aprender a competir.

– Demostración dos principios do judo.

5. Transmite valores e actitudes propias do judo a través do seu comportamento ético, identificando e describindo os efectos que provoca no comportamento do judoka ou da judoka e aplicando as estratexias para a creación e modificación de actitudes.

• Valores do judo e a defensa persoal:

– O respecto das regras e o xogo limpo. A colaboración e axuda mutua. A «cortesía». O «respecto» ao compañeiro ou compañeira ou adversario ou adversaria, ao profesorado, ás instalacións e ao equipamento. A «amizade». A «coraxe». A «sinceridade». A «modestia». O control de si mesmo ou de si mesma.

• Estratexias para o desenvolvemento dos valores en judo e defensa persoal.

• Comportamento do judoka ou da judoka en función dos valores do judo.

• Atención constante e rápida intervención nas posibles incidencias.

• Aplicación do principio de Jita Kyoei.

6. Valora a execución técnica na iniciación en judo e defensa persoal e certifica o cinto ou grao correspondente á iniciación deportiva en judo, describindo as características da súa aprendizaxe, e os estándares de execución nesta etapa, aplicando técnicas de identificación e corrección de erros.

• Proceso de valoración e control do programa técnico e do o grao ou cinto correspondente á iniciación deportiva en judo:

– Interpretación de informes e de documentos técnicos propios da iniciación deportiva.

– Orientacións para a avaliación da aprendizaxe.

– Probas de valoración técnico-táctica aos judokas ou ás judokas na etapa de iniciación en judo e defensa persoal.

– Valoración da execución, identificando os puntos máis importantes e as solucións para a corrección de erros do programa técnico e do grao correspondente á iniciación deportiva en judo.

• Criterios de selección para participar nas actividades programadas.

• Fundamentos, terminoloxía, contidos técnicos e accións tácticas que conforman o programa de iniciación en judo e defensa persoal.

• Diferenzas entre a execución técnica elemental e propia desta etapa cos estándares das técnicas de judo e defensa persoal.

• Certificación do cinto correspondente á iniciación deportiva en judo.

• Hábitos sistemáticos de práctica deportiva.

• Hábitos de constancia e esforzo para a consecución de obxectivos.

7. Demostra e aplica as técnicas de judo á defensa persoal, executando as devanditas técnicas cunha mestría técnico-táctica equivalente ao cinto negro primeiro Dan de defensa persoal.

• Técnicas de judo pé aplicadas á defensa persoal:

– Técnicas de perna aplicadas á defensa persoal.

– Técnicas de cadeira aplicadas á defensa persoal.

– Técnicas de man aplicadas á defensa persoal.

• Técnicas de judo chan aplicadas á defensa persoal:

– Técnicas de inmobilización.

– Técnicas de luxación.

– Técnicas de estrangulación.

• Combinación dunhas técnicas con outras.

8. Colabora na recollida de información do proceso de iniciación en judo e defensa persoal, identificando as características dos instrumentos e soportes de recollida da información, así como dos procedementos de tratamento desta.

• Calidade na sesión de iniciación en judo e defensa persoal. Factores de que depende.

• Control da sesión e do proceso de iniciación en judo e defensa persoal.

– Os instrumentos de recollida da información e a súa aplicación no proceso.

– Utilización dos recursos e tipo de soportes de almacenamento e proceso da información.

– Elaboración de informes sobre o proceso de iniciación en judo e defensa persoal.

• Toma de conciencia da importancia da imaxe e o comportamento do persoal técnico no proceso de desenvolvemento da iniciación deportiva en judo e defensa persoal.

Módulo específico de ensino deportivo: Organización de actividades e eventos de judo e defensa persoal.

Código: MED-JUJU102.

Resultado de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Acompaña e tutela os judokas ou as judokas nas competicións e actividades de iniciación en judo e defensa persoal interpretando a normativa e regulamentación propios do seu nivel e aplicando procedementos de xestión de documentación específicos.

a) Describiuse a normativa, o regulamento e a documentación necesaria para participar na actividade programada.

b) Enumeráronse os aspectos que se considerarán no desprazamento ás actividades programadas en función das características da actividade e necesidades dos judokas ou das judokas.

c) Identificouse a documentación específica do judo necesaria para a participación nas actividades programadas.

d) Describíronse os procedementos de xestión da documentación específica do judo: licenza, carné de graos, recoñecemento do grao, folla de inscrición, entre outros.

e) Describiuse e diferenciouse o tipo de actividades e competicións no nivel de iniciación en judo e defensa persoal.

f) Describíronse os procedementos para a selección da información que se transmitirá, os medios de comunicación, a comprobación da asistencia e o acompañamento das persoas deportistas para a súa participación na actividade.

g) Elaborouse o modelo de autorización paterna/materna para a participación en actividades e eventos propios da iniciación en judo.

h) Cubriuse a inscrición nas actividades e competicións, nun suposto práctico, seguindo a normativa establecida pola organización.

i) Describiuse o modelo de comportamento do persoal técnico e o judoka ou a judoka na competición deportiva.

j) Aplicáronse os modelos de comportamento do persoal técnico e dos judokas ou das judokas en situacións simuladas de competición deportiva.

k) Xustificouse a importancia do control do grupo, da atención personalizada e da disposición do persoal técnico no acompañamento e tutela dos judokas ou das judokas.

2. Participa na organización, xestión e desenvolvemento de competicións e outros eventos de promoción e iniciación en judo e defensa persoal, analizando as características, necesidades materiais e recursos humanos do evento.

a) Identificáronse as directrices, contidos e aspectos loxísticos para a organización de eventos de iniciación en judo e defensa persoal, a partir dun suposto de proxecto xeral de referencia, indicando entre outros:

1. Obxectivos, contidos, características, regras, metodoloxía, temporalización e fases de desenvolvemento.

2. Recursos humanos e materiais.

3. Horarios.

4. Papel dos animadores ou animadoras e participantes.

5. Música, vestiario, decoración, escenografía.

6. Premios e recoñecementos, distincións, recompensas.

b) Identificáronse os diferentes estamentos implicados no desenvolvemento dunha actividade de iniciación en judo e defensa persoal: participantes, persoal técnico, árbitros ou árbitras.

c) Describíronse os procedementos de verificación das persoas asistentes a unha actividade de iniciación en judo.

d) Concretáronse as actividades a partir dun suposto de proxecto de referencia, adaptándoo ás características das persoas participantes e á tipoloxía do público a que se dirixe e os medios dispoñibles.

e) Describíronse os procedementos de solicitude e acondicionáronse as instalacións e recursos materiais para o desenvolvemento da actividade programada.

f) Describíronse as técnicas de difusión da actividade.

g) Xustificouse a necesidade da participación de servizos alleos á entidade organizadora para garantir a eficacia e seguridade.

h) Identificouse a distribución, circulación e localización de participantes e do público asistente conforme os horarios previstos e os espazos físicos asignados, colaborando nas funcións para o correcto desenvolvemento do evento.

i) Describiuse o protocolo básico de actuación e a relación dos premios que se entregarán.

j) Valorouse a importancia do traballo en equipo na organización de competicións e actividades de judo e defensa persoal.

k) Valorouse a importancia da dinamización de actividades de iniciación en judo e defensa persoal.

3. Elabora os contidos e dirixe as demostracións en actividades de promoción de judo e defensa persoal, analizando as características das demostracións e aplicando técnicas de dirección e control destas.

a) Deseñáronse os contidos a desenvolver nas demostracións de judo e defensa persoal, pase de grao, entre outras, optimizando a plasticidade e beleza das accións técnicas.

b) Deseñouse o proceso que se seguirá no desenvolvemento das demostracións de judo e defensa persoal en función da idade das persoas participantes e orientación da actividade deportiva.

c) Concretouse un suposto de demostracións e pase de grao de judo e defensa persoal, tendo en conta o tipo e número de participantes, os contidos e a estrutura da actividade, os papeis asignados ás persoas participantes, os ensaios, o guión previsto, a colaboración co resto do persoal técnico implicado.

d) Describiuse o proceso de dirección e a toma de decisións ao longo do desenvolvemento das demostracións, pase de grao e demais actividades propias da iniciación en judo e defensa persoal.

e) Explicáronse os mecanismos de control: orde de actuación, tempo, circulación, entre outros, das persoas participantes nas demostracións.

f) Explicouse o tipo de comportamento e actitude con que se debe afrontar a dirección das actividades de iniciación.

4. Colabora na recollida de información das actividades programadas, identificando as características dos instrumentos, utilizando procedementos para a súa obtención ao longo do desenvolvemento da actividade, como seguimento e avaliación do grao en que se alcanzaron os obxectivos.

a) Identificáronse as directrices de aplicación dos instrumentos de avaliación, priorizando os aspectos relativos a estratexias técnicas e secuencia temporal, para rexistrar as incidencias producidas durante o evento.

b) Describíronse as características dos instrumentos utilizados para a recollida de información sobre o grao de satisfacción das persoas participantes e os estándares de calidade da actividade.

c) Describíronse as estratexias e criterios temporais de aplicación dos instrumentos de recollida de información en actividades de iniciación en judo e defensa persoal.

d) Valorouse a importancia do establecemento de protocolos na recollida de información.

e) Identificáronse as pautas da elaboración dunha memoria coa información xerada no proceso de avaliación, como guía das futuras actividades e accións de promoción.

f) Xustificouse a importancia da recollida sistemática de información como base dunha valoración construtiva, eficaz e obxectiva da organización xestión das actividades de iniciación en judo e defensa persoal.

Contidos básicos:

1. Acompaña e tutela os judokas ou as judokas nas competicións e actividades propias do seu nivel, interpretando e aplicando a normativa e regulamentación propios das competicións de iniciación en judo.

• Normativa vinculada coas competicións e actividades de iniciación ao judo e defensa persoal:

– Normativa federativa sobre actividades de iniciación en judo e defensa persoal.

– Normativa específica dos diferentes eventos.

– Regulamento oficial de arbitraxe da Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados.

• Tipo de actividades propias do nivel de iniciación. Criterios para a participación.

• Xestión da información e a documentación necesaria para a participación nas actividades programadas.

– Proceso e medios de transmisión da información, de comprobación da asistencia, dos desprazamentos e do acompañamento e control das persoas deportistas, nas actividades programadas.

– Elaboración do modelo de autorización paterna/materna.

• Acompañamento e tutela das persoas participantes nas actividades programadas:

– Conduta e ética do judoka ou da judoka e do adestrador ou adestradora en competicións e actividades.

– Principios, valores e normas xerais da práctica deportiva educativa.

2. Participa na organización, xestión e desenvolvemento de competicións e outros eventos de judo e defensa persoal, analizando as características, necesidades materiais e recursos humanos do evento.

• Obxectivos e fases da organización dos eventos de iniciación en judo e defensa persoal.

• Metodoloxía, contidos e recursos escenográficos, musicais e de vestiario.

• Protocolo, cerimonial deportivo e entrega de premios, distincións e recompensas.

• Solicitude e acondicionamento da instalación para a actividade programada.

• Promoción, difusión e dinamización de actividades e competicións de iniciación en judo e defensa persoal.

• Distribución e sistemas de circulación das persoas participantes e público.

• Respecto, tolerancia e flexibilidade na toma de decisións.

3. Elabora os contidos e dirixe as demostracións en actividades de promoción de judo e defensa persoal, analizando as características das demostracións e aplicando técnicas de dirección e control destas.

• Demostracións e pase de grao de judo e defensa persoal:

– Tipo e número de participantes.

– Idade e orientación da actividade deportiva das persoas participantes.

– Contidos e estrutura da actividade.

– Papeis asignados ás persoas participantes, os ensaios, o guión previsto, orde de actuación, tempo, circulación.

– Colaboración co resto do persoal técnico implicado nas demostracións de judo e defensa persoal.

• Dirección e toma de decisións ao longo do desenvolvemento das demostracións, pase de grao e demais actividades propias da iniciación en judo e defensa persoal.

4. Colabora na recollida de información das actividades programadas, identificando as características dos instrumentos, utilizando procedementos para a súa obtención ao longo do desenvolvemento da actividade, como seguimento e avaliación do grao en que se alcanzaron os obxectivos.

• Protocolo de seguimento das actividades e recollida da información.

• Instrumentos máis axeitados para a recollida de información en función das características da proba e da poboación:

– Estrutura e contidos de memorias e informes.

• A información como base para a mellora permanente na organización e xestión da actividade.

• Tratamento e interpretación dos resultados obtidos na recollida de información:

– Obxectividade e rigor na aplicación do proceso.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica.

Código: MED-JUJU103.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do club ou entidade deportiva relacionándoa coa oferta de actividades en relación coa iniciación deportiva en actividades de judo e defensa persoal.

a) Identificouse a estrutura da organización deportiva local e autonómica e as súas relacións co club ou entidade deportiva.

b) Identificouse a estrutura organizativa e o funcionamento das distintas áreas do club ou entidade deportiva.

c) Recoñeceuse o tipo de asociación deportiva do club ou entidade deportiva de prácticas.

d) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do club ou entidade deportiva.

e) Identificouse a oferta de actividades vinculadas á iniciación deportiva en judo e defensa persoal.

f) Distinguiuse a oferta de actividades orientada á práctica de judo e defensa persoal nas mulleres.

g) Identificáronse as vías de apoio institucional (local e autonómico) utilizadas polo club ou entidade deportiva.

h) Recoñecéronse os valores presentes nas actividades de judo e defensa persoal do club ou entidade deportiva.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético habilidades persoais de comunicación traballo en equipo e respecto polo ambiente, aplicando os procedementos establecidos pola empresa.

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizouse do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e a calidade do servizo, así como respecto aos procedementos e principios propios do club ou entidade deportiva.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto á xerarquía establecida no club ou entidade deportiva.

e) Estableceuse unha comunicación e relación eficaz co persoal técnico responsable da actividade e os membros do equipo, mantendo un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo, informando de calquera cambio, necesidade relevante ou imprevisto que se presente na actividade.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a esta.

h) Aplicáronse os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais, relacionados coas actividades, competicións e eventos da iniciación deportiva en judo e defensa persoal.

3. Colabora no desenvolvemento das actividades, competicións e outros eventos da iniciación deportiva en judo e defensa persoal identificando e utilizando medios, interpretando programacións de referencia e executando procedementos de acordo coa norma establecida e coas instrucións recibidas.

a) Identificáronse e interpretáronse as instrucións recibidas e/ou documentación asociada á organización e xestión de pequenas competicións e eventos propios da iniciación deportiva en judo e defensa persoal.

b) Interpretáronse e identificáronse as medidas de protección e de seguridade persoal da persoa durante a competición, tendo en conta as características da competición de iniciación en judo e actividades de defensa persoal.

c) Realizáronse xestións de petición dos permisos necesarios para a realización da actividade, competición ou evento de iniciación deportiva en judo e defensa persoal.

d) Realizáronse accións de colaboración e intervención na organización e xestión de pequenas competicións e eventos propios da iniciación deportiva en judo e defensa persoal.

e) Realizouse a recollida de documentación para a inscrición das persoas participantes nunha actividade ou evento de iniciación deportiva en judo e defensa persoal.

f) Aplicáronse criterios á revisión e confidencialidade da documentación necesaria para a inscrición.

g) Elaborouse a información sobre a actividade ou a competición de judo para os pais/nais ou titores ou titoras legais das persoas participantes.

h) Realizáronse accións de preparación e comprobación do material de comunicación utilizado nas actividades de judo e defensa persoal.

i) Aplicáronse os procedementos de almacenamento e mantemento do material de comunicación utilizado nas actividades de judo e defensa persoal.

j) Realizouse a comunicación a través dos medios existentes, aplicando as técnicas e procedementos axeitados.

4. Concreta e dirixe sesións de iniciación deportiva en judo e defensa persoal, e dirixe o judoka ou a judoka en competicións, interpretando programacións de referencia, executando procedementos e técnicas relacionadas co proceso de ensino-aprendizaxe, transmitindo valores éticos vinculados ao respecto e coidado do propio corpo, o respecto ás demais persoas, o xogo limpo, a responsabilidade e o esforzo persoal.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade.

b) Identificáronse as condicións ambientais necesarias para o desenvolvemento da sesión, aplicando técnicas e procedementos establecidos e respectando as normas de seguridade establecidas para as actividades de iniciación en judo e defensa persoal.

c) Recibiuse e despediuse a persoa deportista seguindo o protocolo establecido, identificando as súas demandas e necesidades, e motivándoa para a práctica continuada de judo e defensa persoal.

d) Demostrouse interese pola captación, motivación e adherencia á práctica dos judokas e das judokas.

e) Valoráronse as habilidades e destrezas específicas dos judokas ou judokas co obxecto de determinar o seu nivel propoñendo a súa incorporación a un grupo e tomar as medidas de corrección axeitadas.

f) Concretouse a sesión de ensino-aprendizaxe da iniciación en judo e defensa persoal seguindo a programación de referencia, adecuándose ao grupo e ás condicións materiais existentes.

g) Tívose en conta o desenvolvemento natural do judoka ou da judoka propoñendo tarefas variadas que proporcionen variabilidade e diversidade nas experiencias motoras, tendo en conta as características do individuo.

h) Explicáronse os contidos da sesión, seguindo os protocolos e técnicas establecidas, de forma clara e motivadora.

i) Exemplificáronse as tarefas propostas, executando as accións técnicas segundo os estándares da iniciación en judo e defensa persoal, e os procedementos establecidos.

j) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias na iniciación en judo e defensa persoal, interpretando as instrucións ou normas e aplicando os procedementos establecidos.

k) Dirixiuse a sesión de ensino-aprendizaxe de iniciación en judo e defensa persoal, solucionando as continxencias existentes, para conseguir a participación e rendemento conforme os obxectivos propostos desta, dentro das normas ambientais e das marxes de seguridade requiridas.

l) Aplicáronse estratexias de comunicación e control de continxencias, servíndose das dinámicas de grupo máis axeitadas en cada caso.

m) Valorouse o desenvolvemento da sesión, aplicando procedementos de recollida e procesamento da información necesaria para a elaboración de xuízos que permitan o axuste e mellora permanente do proceso de ensino-aprendizaxe e das actividades propias da iniciación en judo e defensa persoal.

n) Demostrouse interese pola transmisión de valores éticos, persoais e sociais a través da práctica deportiva: xogo limpo, respecto á saúde persoal, ás demais persoas e ao contorno.

ñ) Fomentouse a coeducación a través do deporte.

5. Acompaña o judoka ou a judoka en competicións e actividades de iniciación en judo e defensa persoal, interpretando as normas e regulamentos, executando os procedementos e técnicas de transmisión de valores.

a) Comprobouse o estado da inscrición do grupo ou deportista na competición de iniciación en judo e defensa persoal, seguindo as instrucións e normas establecidas.

b) Informouse o judoka ou a judoka das características da competición ou actividade, interpretando a documentación sobre esta.

c) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de iniciación en judo, aplicando os protocolos e normas establecidos.

d) Aplicáronse criterios de valoración da execución técnico-táctica do judoka ou da judoka, utilizando técnicas e procedementos de observación axeitadas ao nivel de iniciación deportiva.

e) Trasladáronse ao judoka ou á judoka as instrucións técnicas e tácticas para a competición ou actividades de iniciación en judo e defensa persoal, tendo en conta as características da competición e da persoa deportista.

f) Acompañáronse os judokas ou as judokas nas competicións e actividades, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e normas establecidas.

g) Velouse polo respecto aos valores do xogo limpo, o respecto á saúde persoal e ás demais persoas, durante a participación na competición de iniciación en judo e defensa persoal, aplicando os procedementos axeitados e respectando as normas desta.

6. Realiza operacións de preparación e mantemento do material e instalacións necesarias para as actividades de iniciación en judo e defensa persoal, interpretando instrucións ou normas establecidas e executando procedementos e técnicas propias das operacións.

a) Interpretáronse as instrucións recibidas e identificouse a documentación asociada aos procesos de verificación e control do estado e funcionamento do material necesario na iniciación en judo e defensa persoal.

b) Recoñecéronse e determináronse as necesidades e lugares idóneos para o almacenamento e conservación dos materiais necesarios, tendo en conta os protocolos establecidos.

c) Realizáronse operacións de mantemento do material, tendo en conta os procedementos e normas ou instrucións establecidos, respectando a normativa ambiental.

d) Realizáronse operacións de reparación básica do material de iniciación en judo e defensa persoal, tendo en conta os procedementos e normas ou instrucións establecidos, respectando a normativa ambiental.

e) Aplicáronse criterios de verificación do estado do material, para a súa baixa ou mantemento, tendo en conta os procedementos, normas e instrucións establecidos.

f) Aplicáronse criterios de selección do material para o equipamento dunha instalación de actividades de iniciación en judo e defensa persoal, tendo en conta as características da actividade e as normas e instrucións establecidas.

g) Efectuáronse operacións de equipamento e desmontaxe dunha instalación de actividades de iniciación en judo e defensa persoal, aplicando as técnicas e procedementos axeitados e seguindo as instrucións e normas establecidas.

h) Identificáronse as condicións de seguridade da instalación para a realización de actividades de iniciación en judo e defensa persoal, interpretando a normativa aplicable.

7. Realiza operacións de prestación dos primeiros auxilios, interpretando as normas e protocolos establecidos e aplicando técnicas e procedementos de acordo con instrucións ou normas establecidas.

a) Desenvolvéronse operacións de valoración inicial á persoa accidentada, de acordo cos protocolos e instrucións recibidos.

b) Estableceuse a secuencia de actuación de acordo co protocolo establecido polo Comité de Coordinación Internacional de Coordinación sobre a Resucitación (ILCOR).

c) Establecéronse medidas de seguridade e autoprotección persoal nas situacións de prestación dos primeiros auxilios, de acordo cos protocolos e as instrucións recibidos.

d) Aplicáronse técnicas e procedementos de prestación de primeiros auxilios en lesións, segundo os protocolos e a normativa establecidos.

e) Aplicáronse técnicas de soporte vital, seguindo os protocolos e instrucións establecidos.

f) Efectuáronse operacións de desfibrilación externa semiautomática, seguindo os protocolos e instrucións establecidos.

g) Mantívose o autocontrol en situacións de prestación dos primeiros auxilios á persoa accidentada tendo en conta os protocolos e instrucións establecidos.

h) Aplicáronse técnicas de apoio psicolóxico á persoa accidentada e acompañante, tendo en conta os protocolos e instrucións establecidos.

i) Utilizouse a terminoloxía médico sanitaria elemental relacionada cos primeiros auxilios.

j) Demostrouse unha actitude positiva cara á formación permanente e a actualización persoal en novos protocolos e instrumentos relacionados cos primeiros auxilios.

ANEXO III
Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo final
de grao medio en Judo e Defensa Persoal

Obxectivos xerais:

a) Executar técnicas de cinto negro segundo Dan, coa seguridade suficiente e tomando conciencia do realizado, para servir como modelo no proceso de ensino-aprendizaxe da tecnificación en judo.

b) Identificar e detectar as características técnicas, físicas, psicolóxicas e da competición, aplicando procedementos establecidos, para valorar e seleccionar o judoka ou a judoka na etapa de tecnificación en judo e defensa persoal.

c) Analizar e interpretar a programación de referencia do adestramento básico en judo, elixindo e deseñando tarefas e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar a sesión de adestramento básico.

d) Analizar e interpretar a programación de referencia do perfeccionamento técnico en judo e defensa persoal, elixindo e deseñando tarefas e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar os programas específicos de tecnificación en judo e defensa persoal e certificar o cinto ou grao correspondente á tecnificación deportiva en judo.

e) Estruturar, elaborar e describir os obxectivos e contidos do ensino de judo e defensa persoal, aplicando metodoloxías específicas, tendo en conta os principios da aprendizaxe motora e da práctica saudable, para deseñar programas de iniciación en judo e defensa persoal.

f) Describir, elixir e demostrar as técnicas e estratexias de dirección de sesións, de control da continxencia propias do judo e de defensa persoal, aplicando procedementos de observación, control e dinamización, resolvendo supostos, para dirixir a sesión de adestramento e perfeccionamento na etapa de tecnificación en judo e defensa persoal.

g) Analizar as condicións de seguridade das instalacións e medios propios da tecnificación en judo e defensa persoal, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente, para controlar a seguridade na práctica neste nivel.

h) Seleccionar, comprobar e axustar os medios materiais e instalacións propias da tecnificación en judo e defensa persoal, aplicando procedementos establecidos e normativa, para facilitar a dispoñibilidade e axeitada utilización dos medios necesarios.

i) Analizar os aspectos técnicos e tácticos propios da competición de tecnificación en judo, aplicando procedementos establecidos e tendo en conta as características das persoas participantes e o regulamento para dirixir deportistas en competicións deste nivel.

j) Analizar e elaborar a estrutura organizativa das competicións e eventos propios do nivel de iniciación en judo, e identificar as características organizativas de competicións de tecnificación en judo, enumerando os requisitos administrativos e os medios materiais e humanos necesarios, aplicando o marco legal que as regula, para organizar e colaborar na xestión de competicións e eventos.

k) Identificar e analizar as características organizativas, medios materiais e humanos, aplicando procedementos establecidos de xestión e comunicación, para coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación en judo e defensa persoal.

l) Identificar e analizar as variables que interveñen no proceso de tecnificación en judo e defensa persoal, aplicando procedementos de recollida e valoración da información e de axuste de programas, para avaliar este proceso.

m) Identificar e describir as características do proceso de selección de talentos en tecnificación en judo, aplicando procedementos de recollida e valoración da información, para colaborar neste proceso.

n) Identificar os conflitos éticos derivados da competición, aplicando procedementos de adaptación da competición e de resolución de conflitos, para a promoción de valores éticos na etapa de tecnificación.

ñ) Recoñecer, promover e xustificar os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, describindo os aspectos observables da conduta, que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

o) Recoñecer e promover o traballo en equipo e a iniciativa persoal dentro dun marco de colaboración conxunta e doutrina común, para conseguir os obxectivos marcados.

p) Describir e aplicar os programas de iniciación en judo e defensa persoal e procedementos de adaptación de actividades para persoas con discapacidade, clasificando as características das discapacidades, para fomentar a igualdade de oportunidades.

q) Aplicar as técnicas de cinto negro segundo Dan á defensa persoal, coa seguridade suficiente e tomando conciencia do realizado, para servir como modelo no proceso de ensino-aprendizaxe da tecnificación en defensa persoal.

r) Sensibilizar coa prevención da violencia de xénero

s) Desenvolver e transmitir a través do comportamento ético persoal valores vencellados co xogo limpo, o respecto ás demais persoas, o respecto e coidado do propio corpo, evitando os comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual.

Módulo común de ensino deportivo: Bases da aprendizaxe deportiva.

Código: MED-C201.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica as características da persoa de tecnificación deportiva (TD), relacionándoas coa etapa da adolescencia e analizando as variables psicolóxicas implicadas no rendemento deportivo.

a) Describíronse as características psicolóxicas propias da adolescencia.

b) Aplicáronse métodos de valoración das características psicolóxicas da etapa de TD.

c) Enumeráronse os trazos sociais máis frecuentes dos adolescentes ou das adolescentes.

d) Determináronse os elementos que forman parte do ámbito familiar, social e deportivo da persoa da etapa de TD.

e) Aplicáronse procedementos de avaliación dos trazos sociais máis frecuentes no adolescente ou na adolescente.

f) Describíronse os factores psicolóxicos que facilitan a aprendizaxe na etapa de TD: a motivación, a concentración, o control de pensamentos e o control das emocións.

g) Describíronse as características e os tipos de motivación no deporte.

h) Argumentouse a contribución da motivación no fomento da TD.

i) Analizáronse os procedementos do mantemento da motivación durante a etapa de TD.

j) Aplicáronse estratexias psicolóxicas para o mantemento da concentración e o control de pensamentos e emocións en adestramentos e competicións propios da etapa de TD.

k) Valorouse a necesidade de integrar os aspectos psicosociais na preparación deportiva na etapa de TD.

2. Valora o proceso de perfeccionamento técnico e táctico da persoa deportista, analizando as características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

a) Describíronse as diferentes teorías da aprendizaxe motora.

b) Analizouse o proceso de aprendizaxe sobre a base dos mecanismos de percepción, decisión e execución de accións motoras, e os seus mecanismos de regulación.

c) Valorouse a importancia de estimular os mecanismos de percepción e decisión (aspectos tácticos e estratéxicos) como construtor previo aos mecanismos de execución (aspectos técnicos).

d) Comparáronse as fases do proceso de aprendizaxe na adquisición de habilidades motoras.

e) Analizouse a tarefa, identificando os factores que determinan a súa complexidade a partir dos mecanismos de percepción, decisión e execución.

f) Analizáronse os factores que inflúen na aprendizaxe dependente do alumnado, da habilidade e/ou do proceso de ensino-aprendizaxe.

g) Identificouse a importancia da memoria nos procesos de aprendizaxe.

h) Identificouse a transferencia como elemento importante que hai que ter en conta na aprendizaxe.

i) Aplicáronse os principios da aprendizaxe motora, exercicio, reforzo, retención e transferencia.

j) Definiuse o concepto, características e tipos de avaliación.

k) Elaboráronse procedementos e instrumentos de avaliación axeitados para a valoración do proceso de perfeccionamento técnico e táctico da persoa deportista.

l) Valorouse a necesidade de adecuar as tarefas ao nivel de desenvolvemento técnico e táctico da persoa deportista, garantindo a súa significatividade e a motivación do alumnado.

3. Aplica as técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico analizando a metodoloxía e os procedementos de control e dinamización axeitados.

a) Definíronse as diferentes técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico (AB) e perfeccionamento técnico (PT).

b) Describíronse as diferentes estratexias metodolóxicas que se poden aplicar atendendo ás características do grupo.

c) Describíronse e aplicáronse os diferentes estilos de ensino en función das características do grupo e dos contidos que se impartirán.

d) Valorouse o tempo de práctica individual como criterio de calidade nas sesións de adestramento básico (AB) e perfeccionamento técnico (PT).

e) Valorouse a importancia da organización do espazo e do material como factor de mellora da participación do alumnado e de redución de condutas non desexadas en tarefas e sesións de AB e PT.

f) Detectáronse os efectos da posición e desprazamento do persoal técnico como factor de control e dinamización das tarefas.

g) Valorouse a importancia da actitude do persoal técnico como factor de motivación e activación nas tarefas e sesións de AB e PT.

h) Aplicáronse diferentes tipos de retroacción (feedback) desde o punto de vista da súa eficacia (coñecemento de resultados e coñecemento do rendemento).

i) Identificáronse as variables que hai que ter en conta na administración da retroacción (feedback): momento de aplicación, frecuencia na administración e cantidade.

j) Identificáronse e aplicáronse as diferentes formas de distribución da práctica como un dos factores que inflúen na aprendizaxe, ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.

k) Describíronse e argumentáronse as características e posibles causas dos comportamentos non desexados nas tarefas e sesións de AB e PT.

l) Analizáronse e aplicáronse as medidas de intervención do persoal técnico ante posibles condutas non desexadas en tarefas e sesións de AB e PT.

4. Interpreta a programación do ensino deportivo analizando os seus compoñentes e deseñando actividades en función da etapa de aprendizaxe da persoa deportista.

a) Describíronse os tipos de programación de tecnificación deportiva, os seus principios e diferentes fases.

b) Identificáronse os obxectivos, os contidos, os medios, os métodos e os instrumentos de avaliación dun programa de ensino deportivo.

c) Valorouse a importancia da programación como elemento de control da evolución das aprendizaxes deportivas.

d) Describíronse as consideracións básicas no deseño de programas de iniciación deportiva.

e) Analizáronse as características e a estrutura da sesión de aprendizaxe como unidade básica de programación deportiva.

f) Aplicáronse criterios de modificación de tarefas a partir da programación de referencia segundo a etapa de aprendizaxe deportiva.

g) Identificáronse os elementos de complexidade da tarefa e o seu axuste en relación cos seus mecanismos de regulación.

h) Describíronse os conceptos de progresión, interferencia contextual e significatividade das tarefas na aprendizaxe deportiva.

i) Valorouse a importancia da progresión e a interferencia contextual no deseño e modificación de tarefas como factor de mellora na aprendizaxe deportiva.

j) Destacouse a importancia da motivación da persoa cara á tarefa como elemento clave na súa mellora e a súa adherencia á práctica.

5. Coordina a intervención do persoal técnico ao seu cargo, aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

a) Diferenciáronse as funcións do persoal técnico coordinado polo adestrador ou adestradora.

b) Definíronse as técnicas de comunicación máis eficaces na coordinación do traballo do persoal técnico ao seu cargo.

c) Describíronse os diferentes estilos de condución do grupo, en función das situacións e das características do persoal técnico que se vai dirixir.

d) Elaboráronse dinámicas de grupo que potencian a capacidade de traballo en equipo e de escoita.

e) Valorouse a necesidade de cooperar para optimizar o rendemento do equipo de traballo.

6. Tutela as persoas deportistas durante a súa participación en adestramentos e competicións, identificando e inculcando actitudes e valores persoais e sociais.

a) Identificáronse os principais problemas éticos propios da etapa de tecnificación deportiva.

b) Valorouse a importancia de aplicar principios éticos durante a participación en competicións deportivas.

c) Identificáronse as principais formas de actuación do persoal técnico deportivo para inculcar actitudes e valores de respecto, xogo limpo e traballo en equipo nas competicións deportivas.

d) Valorouse a importancia de desenvolver unha actitude responsable e asertiva que favoreza a transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

e) Aplicáronse procedementos de resolución de problemas e conflitos éticos que poden xurdir durante a competición deportiva.

f) Identificáronse os principais elementos do contexto que inflúen nas condutas éticas e inmorais durante a práctica deportiva.

g) Describíronse os principios deontolóxicos profesionais do persoal técnico deportivo.

h) Describíronse e aplicáronse mecanismos de adaptación da competición para favorecer unha práctica inclusiva na etapa de tecnificación deportiva.

i) Valorouse a importancia de fomentar o desenvolvemento integral da persoa deportista e non só o aspecto técnico-deportivo.

j) Describíronse e aplicáronse técnicas e instrumentos de avaliación e medida de actitudes e valores no deporte.

Contidos básicos:

1. Identifica as características da persoa deportista de tecnificación deportiva (TD), relacionándoas coa etapa da adolescencia e analizando as variables psicolóxicas implicadas no rendemento deportivo.

• Análise das características psicosociais das persoas deportistas na etapa de tecnificación deportiva.

– Características psicolóxicas da adolescencia.

– Trazos sociais dos adolescentes e das adolescentes.

– Diferenzas entre rapaces e rapazas na adolescencia.

– Elementos do ámbito familiar, social e deportivo na TD.

– Aplicación de métodos para avaliar as características psicosociais das persoas deportistas na etapa de TD e do seu ámbito familiar, social e deportivo.

– Valoración da necesidade de integrar os aspectos psicosociais da adolescencia na preparación deportiva da etapa de TD.

• Identificación e control dos factores psicolóxicos máis relevantes na etapa de tecnificación deportiva.

– A motivación.

□ Características e tipos.

□ Procedementos para o mantemento da motivación durante a etapa de TD.

□ Valoración do papel destacado da motivación no fomento de la TD.

– A concentración.

□ Características psicolóxicas.

□ Aplicación de recursos para facilitar o mantemento da concentración en adestramentos e competicións.

– Control de pensamentos e emocións.

□ Características psicolóxicas.

□ Medo ao fracaso e ansiedade precompetitiva.

□ Síndrome da persoa queimada (Burnout) en deportistas mozos/as.

□ Aplicación de recursos para facilitar o control de pensamentos e emocións en adestramentos e competicións.

2. Valora o proceso de perfeccionamento técnico e táctico da persoa deportista, analizando as características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

• Análise das características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

– Teorías da aprendizaxe motora.

– Mecanismos de aprendizaxe: a percepción, a decisión, a execución e os seus mecanismos de regulación.

– Fases da aprendizaxe deportiva.

□ Cognitiva (iniciación).

□ Asociativa (perfeccionamento).

□ Automática (dominio).

– A importancia da aprendizaxe con base nos mecanismos de percepción e decisión, sobre os aspectos de execución.

– Factores de que depende a aprendizaxe.

□ Identificación dos factores que inflúen na aprendizaxe, dependentes do alumnado: idade, sexo, coñecementos previos, coeficiente intelectual, motivación, etc.

□ Identificación dos factores que inflúen na aprendizaxe, dependentes da habilidade: atendendo ao mecanismo implicado e á complexidade da tarefa.

□ Identificación dos factores que inflúen na aprendizaxe, dependentes do proceso de ensino-aprendizaxe: transmisión de información, progresión, distribución da práctica, etc.

□ Valoración da importancia de adaptar as tarefas ás necesidades do alumnado.

– Principios da aprendizaxe motora.

□ Aplicación dos principios da aprendizaxe motora: exercicio, reforzo, retención e transferencia.

□ A transferencia: tipos e aplicacións á aprendizaxe.

□ A memoria.

□ Importancia da transferencia do aprendido a outros contextos.

• O proceso de perfeccionamento técnico-táctico da persoa deportista.

– Identificación das características técnicas-tácticas propias da etapa de perfeccionamento.

• A avaliación: concepto, características e tipos.

– Deseño e aplicación de procedementos e instrumentos de avaliación do proceso de perfeccionamento técnico e táctico da persoa deportista: obxectivos/subxectivos e cualitativos/cuantitativos.

– Valoración da importancia da avaliación para valorar a adquisición de novas aprendizaxes e a estabilidade das xa aprendidas.

3. Aplica as técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico analizando a metodoloxía e os procedementos de control e dinamización axeitados.

• Análise da metodoloxía e os procedementos de control e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico.

– Técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades.

– Os estilos de adestrador ou adestradora na dirección de grupos.

– Estratexias metodolóxicas e estilos de ensino en función das características do grupo e a actividade.

– Valoración do tempo de práctica do alumnado.

– Técnicas de xestión da aula para optimizar os tempos de práctica e o control do grupo.

– Importancia da posición estratéxica do persoal técnico na aula.

– Implicación activa do persoal técnico nas tarefas para involucrar e motivar o alumnado.

– Diferentes tipos de retroacción (feedback), variables e tipos desde o punto de vista da súa eficacia (coñecemento de resultados e coñecemento do rendemento).

– Identificación da práctica concentrada ou distribuída en función do tipo de actividade e características do grupo.

– As condutas disruptivas e situacións de conflito na aula.

– Xestión de recursos fronte ás condutas non desexadas.

4. Interpreta a programación do ensino deportivo analizando os seus compoñentes e deseñando actividades en función da etapa de aprendizaxe da persoa deportista.

• Interpretación e deseño de programacións.

– Tipos, principios e fases da programación deportiva.

– Elementos da programación das aprendizaxes deportivas: obxectivos, contidos, medios, métodos e instrumentos de avaliación.

– Interpretación da programación do ensino deportivo.

– Elaboración e aplicación de programas de iniciación deportiva.

– Deseño de sesións de aprendizaxe na iniciación deportiva.

– Elaboración de secuencias de aprendizaxe e aplicación de criterios para a modificación de tarefas de aprendizaxe deportiva.

– A programación como elemento de avaliación das aprendizaxes deportivas.

• Elección e deseño de tarefas motoras.

– A tarefa motora: complexidade e dificultade. Factores de que depende.

– Progresión, significatividade e interferencia contextual nas tarefas durante as secuencias de aprendizaxe.

– Valoración da progresión das aprendizaxes como elemento fundamental no deseño e modificación ou manipulación de tarefas.

– Valoración da importancia de adecuar as tarefas ás características e intereses das persoas deportistas.

5. Coordina a intervención do persoal técnico ao seu cargo, aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

• Dirección e coordinación de grupos de traballo.

– Dinámica e características de grupos de traballo non xerarquizados.

– Asignación de roles: claridade, aceptación e cumprimento das funcións do persoal técnico.

– Valoración da necesidade de cooperar.

• Aplicación de técnicas de comunicación e condución de grupos.

– Técnicas de comunicación para a coordinación de grupos non xerarquizados.

– Adecuación dos estilos de condución ás necesidades da situación e das persoas.

– Dinámicas de grupo que potencian o traballo en equipo e a capacidade de escoita.

6. Tutela as persoas deportistas durante a súa participación en adestramentos e competicións, identificando e inculcando actitudes e valores persoais e sociais.

• Identificación de actitudes e valores persoais e sociais en relación coa práctica deportiva e a competición.

– Principais problemas éticos na etapa de tecnificación deportiva: abandono, exclusión da práctica, busca de resultados, etc.

– O contexto da práctica deportiva (clubs, asociacións, organizadores deportivos ou organizadoras deportivas, persoal arbitral, medios de comunicación, etc.) na promoción e desenvolvemento de valores no deporte.

– Avaliación e medida de actitudes e valores no deporte: técnicas e instrumentos de medida dos valores no deporte (diario de sesións, test sociométrico, cuestionarios, perfil de polaridade, etc.).

• Transmisión de actitudes e valores persoais e sociais en relación coa práctica deportiva e a competición.

– Características do persoal técnico deportivo para favorecer a transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

□ Empatía, asertividade, sensibilidade moral, capacidade de liderado, fomento do traballo en equipo, etc.

– Necesidade de desenvolvemento da responsabilidade persoal e a asertividade na transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

– Estratexias para a resolución de conflitos que poidan xurdir durante a participación en eventos deportivos e competicións (role-playing, banco de reflexión, dilemas morais, etc.).

– Principios deontolóxicos do persoal técnico deportivo.

– Adaptación das estruturas competitivas ao desenvolvemento de valores persoais e sociais (mantemento do carácter lúdico e de participación de todos e todas, cambios regulamentarios).

Módulo común de ensino deportivo: Bases do adestramento deportivo.

Código: MED-C202.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica as características físicas de homes e mulleres, analizando as funcións anatómico-fisiolóxicas do organismo en relación co exercicio físico.

a) Describiuse a estrutura e a organización do organismo en función das súas unidades estruturais (células, tecidos e sistemas).

b) Diferenciáronse as distintas posibilidades de movemento do corpo humano, usando a terminoloxía correcta para a descrición de posicións e direccións, en función dos eixes e planos anatómicos.

c) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do aparello locomotor (ósos, articulacións e músculos).

d) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do sistema nervioso en relación co exercicio, atendendo á estrutura e función da neurona e ao proceso de sinapse nerviosa.

e) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do aparello cardiocirculatorio en relación co exercicio, atendendo á estrutura e dinámica do sangue, o corazón e os vasos sanguíneos.

f) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do aparello respiratorio en relación co exercicio físico.

g) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do sistema endócrino en relación coas hormonas e glándulas endócrinas determinantes no desenvolvemento e co exercicio físico.

h) Analizouse e describiuse o ciclo menstrual feminino en relación co adestramento deportivo.

i) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do sistema dixestivo.

j) Describíronse as diferentes fontes enerxéticas no organismo, relacionándoas coa súa implicación no exercicio físico.

k) Describíronse as principais adaptacións do organismo ao exercicio físico.

l) Valorouse a importancia das funcións anatómico-fisiolóxicas como base do adestramento deportivo.

2. Promove prácticas deportivas saudables, identificando as pautas hixiénicas máis axeitadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

a) Analizáronse as repercusións positivas máis relevantes da práctica deportiva sobre o organismo humano.

b) Analizáronse as consecuencias negativas que pode levar consigo unha práctica deportiva inadecuada.

c) Identificáronse as contraindicacións patolóxicas xerais máis importantes da práctica de exercicio físico.

d) Analizáronse os beneficios dunha axeitada hixiene deportiva.

e) Respectáronse unhas pautas básicas en canto ao equipamento e aos coidados hixiénico-corporais básicos na práctica deportiva.

f) Desenvolvéronse actividades de quentamento xeral e arrefriamento da persoa deportista.

g) Aplicáronse os principios da hixiene postural na práctica de exercicios de acondicionamento físico xeral.

h) Identificáronse hábitos posturais axeitados na práctica de actividades cotiás.

i) Describíronse as bases para unha alimentación e hidratación axeitadas antes, durante e despois do exercicio.

j) Analizáronse hábitos insalubres contraproducentes para o desenvolvemento físico das persoas, especialmente en relación coas persoas deportistas mozos ou mozas.

k) Describíronse as consecuencias do adestramento deportivo sobre a saúde das deportistas.

l) Valorouse a importancia de prever as consecuencias negativas dunha mala práctica deportiva.

3. Valora a condición motriz xeral de homes e mulleres aplicando as técnicas e a metodoloxía de avaliación axeitada distinguindo as diferentes capacidades físicas básicas.

a) Describiuse o concepto de capacidade motriz da persoa.

b) Identificáronse as capacidades coordinativas e condicionais como constitutivas da capacidade motriz da persoa.

c) Describíronse as características das capacidades condicionais da persoa.

d) Describíronse as características das capacidades coordinativas da persoa.

e) Clasificáronse os instrumentos e os medios máis importantes para a valoración das capacidades condicionais.

f) Clasificáronse os instrumentos e os medios máis importantes para a valoración das capacidades coordinativas.

g) Describiuse a evolución da capacidade motriz da persoa durante a adolescencia.

h) Valorouse a importancia da obxectividade, a fiabilidade e a validez dos métodos de medición das capacidades condicionais.

i) Valorouse a importancia da obxectividade, a fiabilidade e a validez dos métodos de medición das capacidades coordinativas.

4. Interpreta a programación describindo os principios e os elementos básicos do adestramento deportivo.

a) Describíronse e analizáronse os principais compoñentes das cargas de adestramento en relación cunha programación establecida.

b) Describíronse os principais conceptos de programación no adestramento deportivo.

c) Analizáronse, interpretáronse e comparáronse os elementos básicos da programación deportiva.

d) Analizáronse os diferentes mesociclos de toda programación deportiva.

e) Analizáronse os diferentes microciclos de toda programación deportiva.

f) Analizáronse os diferentes tipos e características da sesión de adestramento.

g) Analizáronse e interpretáronse programacións deportivas na etapa de tecnificación deportiva.

h) Identificáronse e analizáronse os procedementos de rexistro de toda programación deportiva.

i) Analizáronse os principios do adestramento deportivo e a súa relación coa programación deportiva.

j) Analizáronse e interpretáronse as principais leis que rexen o adestramento deportivo.

k) Valorouse a importancia da programación no proceso de adestramento.

5. Desenvolve a condición motriz xeral de homes e mulleres, analizando os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades e os medios utilizados.

a) Analizáronse e aplicáronse os principios de incremento da carga de adestramento.

b) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da forza.

c) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da resistencia.

d) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da velocidade.

e) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da flexibilidade.

f) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades coordinativas.

g) Analizáronse os principais medios do adestramento da forza.

h) Analizáronse os principais medios do adestramento da resistencia.

i) Analizáronse os principais medios do adestramento da velocidade.

j) Analizáronse os principais medios do adestramento da flexibilidade.

k) Analizáronse os principais medios do adestramento das capacidades coordinativas.

l) Valorouse a importancia dos principios metodolóxicos e medios de adestramento das capacidades para o correcto desenvolvemento da condición motriz xeral das persoas.

Contidos básicos:

1. Identifica as características físicas de homes e mulleres, analizando as funcións anatómico-fisiolóxicas do organismo en relación co exercicio físico.

• Células, tecidos e sistemas no organismo: estrutura e organización xeral.

• Descrición espacial do movemento: posición anatómica, eixes e planos anatómicos. Terminoloxía de posición e dirección.

• Aparello locomotor: principais ósos, articulacións e músculos. Estrutura e mobilidade das principais rexións anatómicas.

• Sistema nervioso: neurona, sinapse e transmisión do impulso nervioso.

• Aparello cardiocirculatorio: o corazón, resposta circulatoria ao exercicio e conceptos relacionados. Frecuencia cardíaca e volume sistólico.

• Aparello respiratorio: estrutura anatómica, capacidades e volumes pulmonares. Resposta ventilatoria ao exercicio.

• Sistema endócrino: principais hormonas e glándulas endócrinas. Resposta hormonal ao exercicio.

• Ciclo menstrual: características e influencia na práctica da actividade físico-deportiva. Menarquia e amenorrea primaria e secundaria.

• Sistema dixestivo: anatomía e fisioloxía básica.

• Metabolismo enerxético: ATP e principais vías metabólicas.

• Adaptacións dos diferentes sistemas implicados no exercicio físico.

2. Promove prácticas deportivas saudables, identificando as pautas hixiénicas máis axeitadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

• Deporte-saúde: concepto e relación con outros ámbitos deportivos.

• Beneficios da práctica físico-deportiva sobre o organismo: repercusións físicas, psicoemocionais e psicosociais.

• Riscos propios dunha práctica deportiva inadecuada: repercusións físicas, psicoemocionais e psicosociais.

• Contraindicacións xerais máis importantes á práctica de exercicio físico: contraindicacións absolutas e relativas. Precaucións.

• Hixiene deportiva: pautas xerais, hábitos e coidados hixiénico-corporais e equipamento deportivo.

• Efectos do adestramento deportivo na saúde específica das deportistas: beneficios (incremento capital óseo, entre outros) e riscos dunha práctica inadecuada (tríade, entre outros).

• Hixiene postural na práctica de exercicios de acondicionamento físico: pautas básicas de corrección postural e exercicios desaconsellados.

• Hixiene postural na práctica de actividades cotiás.

• O quentamento e a volta á calma na sesión deportiva.

• A alimentación e a hidratación vinculadas ao exercicio (antes, durante e despois do exercicio físico).

• Hábitos insalubres contraproducentes para a práctica deportiva: alcohol, tabaco e outras drogas. «Comida lixo». Trastornos alimentarios.

3. Valora a condición motriz xeral de homes e mulleres aplicando as técnicas e a metodoloxía de avaliación axeitada distinguindo as diferentes capacidades físicas básicas.

• Capacidades motrices: xeneralidades.

• Capacidades coordinativas: xeneralidades.

• Capacidades condicionais: xeneralidades.

• A resistencia.

• A velocidade.

• A forza.

• ADM.

• A axilidade.

• A coordinación.

• O equilibrio.

• Control do adestramento: instrumentos e valoración das capacidades condicionais e as capacidades coordinativas.

4. Interpreta a programación describindo os principios e os elementos básicos do adestramento deportivo.

• O adestramento deportivo: concepto, obxectivos e características. Elementos configurativos.

• A carga de adestramento: conceptos, características, elementos básicos, medios e métodos de aplicación. Control e incremento da carga: volume, intensidade, recuperación, densidade, etc.

• Principios básicos do adestramento deportivo.

• Leis básicas do adestramento deportivo: síndrome xeral de adaptación, sobrecompensación e recuperación.

• Factores de rendemento.

• Períodos e ciclos de adestramento.

• Programación do adestramento e a competición: obxectivos, contidos e periodización.

5. Desenvolve a condición motriz xeral de homes e mulleres, analizando os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades e os medios utilizados.

• Adestramento xeral e específico.

• A resistencia: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• A velocidade: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• A forza: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• ADM: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• Capacidades coordinativas: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

Módulo común de ensino deportivo: Deporte adaptado e discapacidade.

Código: MED-C203.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Organiza sesións de iniciación deportiva analizando as necesidades das persoas con discapacidade.

a) Describíronse os principais tipos de discapacidade atendendo ao mecanismo funcional afectado e ás súas consecuencias a nivel perceptivo motor.

b) Recoñecéronse pautas de traballo específicas na iniciación deportiva segundo os diferentes tipos de discapacidade.

c) Aplicáronse procedementos básicos de recollida de información do comportamento motor da persoa con discapacidade, especialmente en relación co transporte, o control de obxectos e as súas habilidades motrices básicas.

d) Determináronse medidas de seguridade específicas na iniciación deportiva segundo os diferentes tipos de discapacidade.

e) Determináronse as principais orientacións metodolóxicas que se empregarán segundo o tipo de discapacidade, especialmente en relación á comunicación e a participación na tarefa.

f) Argumentouse a importancia de identificar, previamente á práctica, as características propias e individuais de toda persoa practicante con algunha discapacidade.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en actividades físico-deportivas analizando as características da tarefa e identificando as limitacións para a práctica deportiva orixinadas polo contexto.

a) Valorouse a importancia de maximizar as oportunidades de participación das persoas con discapacidade nas tarefas, xogos e deportes.

b) Analizáronse as principais vías de incorporación á práctica deportiva de persoas con discapacidade.

c) Describíronse os mecanismos de adaptación de tarefas para as persoas con discapacidade que compensan os déficits que se presentan.

d) Aplicáronse procedementos de modificación das tarefas, xogos e deportes para favorecer a participación, o desfrute e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica.

e) Valorouse a importancia do fomento da participación activa de persoas con discapacidade en situacións inclusivas de práctica.

f) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e en espazos deportivos.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva e a difusión da práctica.

h) Valorouse a importancia dunha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros ou compañeiras, persoal técnico, as propias familias e as institucións cara á práctica deportiva de persoas con discapacidade.

i) Describíronse as posibilidades do material deportivo adaptado específico dos diferentes xogos e deportes adaptados.

j) Enunciáronse as posibilidades das axudas técnicas atendendo ao tipo de discapacidade e práctica deportiva que realicen as persoas.

3. Organiza as persoas deportistas con discapacidade interpretando as principais clasificacións funcionais do deporte adaptado e as características dos deportes adaptados.

a) Describiuse o concepto de clasificación funcional deportiva e o concepto de discapacidade mínima.

b) Enunciáronse as clasificacións funcionais deportivas segundo o tipo de discapacidade.

c) Xustificouse a importancia das clasificacións funcionais para a homoxeneización dos procesos competitivos no deporte adaptado argumentando as diferenzas entre elas.

d) Aplicáronse criterios de adaptación da clasificación para fomentar a participación de mulleres con discapacidade, grandes discapacitados ou discapacitadas e, mesmo, persoas sen discapacidade.

e) Identificáronse os xogos e os deportes adaptados específicos para persoas con discapacidade, incluíndo as características daqueles que son específicos.

f) Recoñeceuse a importancia de vivenciar algúns deportes adaptados practicados por persoas con discapacidade a través de situacións simuladas.

g) Seleccionouse o deporte adaptado máis axeitado atendendo ao tipo de mecanismo funcional afectado e á clasificación funcional deportiva.

h) Valorouse a importancia da participación de persoas con discapacidade no deporte como peza clave da súa integración social.

4. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica deportiva recoñecendo a estrutura do deporte adaptado e as fontes de información dispoñibles.

a) Relacionouse a orixe do deporte para persoas con discapacidade coa estrutura actual do deporte adaptado.

b) Identificáronse os organismos reguladores do deporte adaptado a nivel internacional, nacional e rexional.

c) Diferenciáronse as estruturas deportivas paralímpicas das que non o son.

d) Valorouse o papel das institucións (federacións deportivas, asociacións, clubs, etc.) na organización e fomento da competición, a recreación e a práctica saudable.

e) Diferenciáronse as orixes da práctica deportiva dunha persoa con discapacidade (hospitalaria, asociativa, etc.), e as diferentes finalidades (rehabilitadora, terapéutica, recreativa, deportiva, etc.) da práctica.

f) Describíronse os diferentes programas de deporte adaptado que existen.

g) Describíronse os principais programas de difusión da práctica e desenvolvemento do deporte adaptado como exemplos de boa práctica.

h) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles en deporte adaptado como recurso básico para orientar as persoas deportistas con discapacidade.

i) Valorouse a importancia da promoción do deporte adaptado como xerador de valores persoais e sociais e vehículo de integración social.

Contidos básicos:

1. Organiza sesións de iniciación deportiva analizando as necesidades das persoas con discapacidade.

• Descrición das discapacidades:

– Discapacidade sensorial: visual e auditiva.

– Discapacidade intelectual: atraso mental e síndrome de Down.

– Discapacidade física: lesión medular, parálise cerebral e amputacións.

• Tipo de discapacidade e a súa relación co mecanismo perceptivo motor.

• Valoración inicial das características específicas das persoas con discapacidade.

• Utilización de ferramentas básicas para a recollida de información da competencia motriz en persoas con discapacidade.

• Aplicación das orientacións metodolóxicas oportunas en función do tipo de discapacidade.

• Aplicación de restricións e condicións básicas de seguridade na práctica deportiva segundo a discapacidade.

• A importancia das adaptacións metodolóxicas e a seguridade na iniciación deportiva de persoas con discapacidade.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en actividades físico-deportivas analizando as características da tarefa e identificando as limitacións para a práctica deportiva orixinadas polo contexto.

• Xustificación da práctica deportiva das persoas con discapacidade como factor clave do seu benestar e calidade de vida.

• As vías de incorporación á práctica de persoas con discapacidade.

• Identificación das principais restricións na participación cara á práctica deportiva provocadas polo contexto.

• Identificación das actitudes no contorno das persoas con discapacidade.

• Barreiras arquitectónicas nas instalacións deportivas.

• Integración e inclusión a través dos xogos e os deportes.

• Identificación e utilización dos mecanismos de adaptación das tarefas, xogos e deportes.

• Aplicación do xogo e as súas diferentes orientacións como elemento de atención á diversidade.

• Características do material deportivo adaptado.

• As axudas técnicas para a práctica deportiva.

• Valoración do papel da integración (inclusión das persoas con discapacidade en xogos e deportes).

• Vivenciación de situacións de práctica inclusiva para o fomento da participación de persoas con discapacidade.

3. Organiza as persoas deportistas con discapacidade interpretando as principais clasificacións funcionais do deporte adaptado e as características dos deportes adaptados.

• Tipo de deporte adaptado en función do mecanismo funcional afectado.

• As principais clasificacións funcionais deportivas segundo o tipo de discapacidade. O concepto de «mínima discapacidade».

• As clasificacións funcionais como proceso de homoxeneización para a participación.

• Análise da participación das persoas con discapacidade, en función da afectación e do sexo para unha participación igualitaria.

• A práctica deportiva con persoas con discapacidade en condicións de igualdade como factor de integración e participación.

• Características do deporte adaptado.

• Os deportes adaptados específicos.

• A participación de persoas sen discapacidade na práctica de deportes adaptados (integración á inversa).

• Participación e vivenciación dos principais deportes adaptados.

4. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica deportiva recoñecendo a estrutura do deporte adaptado e as fontes de información dispoñibles.

• Orixe e historia do deporte adaptado.

• Estrutura do deporte adaptado.

• O Comité Paralímpico Internacional e o Comité Paralímpico Español.

• As orixes da práctica deportiva dunha persoa con discapacidade e as súas finalidades.

• Os programas de difusión e desenvolvemento do deporte adaptado.

• O papel do tecido asociativo de persoas con discapacidade na difusión da práctica deportiva.

• As principais fontes de información sobre o deporte adaptado.

• O deporte adaptado como promotor de valores e vehículo de integración social.

Módulo común de ensino deportivo: Organización e lexislación deportiva.

Código: MED-C204.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Interpreta a normativa de competición relacionándoa coa organización deportiva nacional e a súa estrutura administrativa e o réxime disciplinario deportivo.

a) Describíronse os organismos deportivos de ámbito nacional máis importantes e as súas funcións.

b) Relacionouse a lexislación deportiva de ámbito nacional coa súa estrutura administrativa.

c) Identificáronse as características do réxime disciplinario deportivo e as súas funcións.

d) Describiuse o réxime disciplinario deportivo aplicado á competición.

e) Expuxéronse as infraccións e sancións máis importantes relacionadas coa dopaxe, a violencia e a disciplina deportiva xeral.

f) Explicáronse os procedementos de comunicación das sancións deportivas.

g) Identificáronse as funcións dos diferentes órganos disciplinarios (clubs, federacións, Comité Español de Disciplina Deportiva, etc.).

h) Identificáronse os órganos responsables da aplicación da normativa sobre a dopaxe.

2. Selecciona e prepara recursos materiais e instalacións necesarias analizando as súas condicións de seguridade e relacionándoas coa normativa vixente.

a) Describíronse as características das instalacións deportivas, a súa funcionalidade e a súa relación cos aspectos de seguridade e de protección do ambiente.

b) Describíronse os criterios de seguridade que deben cumprir os equipamentos necesarios para a práctica deportiva.

c) Identificouse a normativa de aplicación en relación coa seguridade nas instalacións deportivas.

d) Analizouse o significado e o alcance dos distintos tipos de sinalización de seguridade nunha instalación deportiva.

e) Analizáronse os requisitos básicos de seguridade que deben cumprir as instalacións e o equipamento deportivo para todas as persoas que sexan usuarias ou persoal laboral, segundo a normativa vixente.

f) Analizáronse, nun suposto práctico, as características dos plans de emerxencia e evacuación dunha instalación deportiva.

g) Describíronse as medidas de protección contra actos antisociais e de violencia no deporte nunha instalación deportiva.

h) Valorouse a importancia de establecer os plans de emerxencia e evacuación nunha instalación deportiva.

3. Prepara o desprazamento da persoa ou grupo, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente.

a) Interpretouse e cubriuse a documentación e os permisos necesarios para a xestión da viaxe.

b) Identificouse a normativa referente aos seguros de accidente e actividade.

c) Comparáronse diferentes tipos de seguros de accidente coas necesidades dun suposto de desprazamento.

d) Valorouse a responsabilidade que ten o persoal técnico sobre o control do grupo nos desprazamentos.

e) Interpretouse a normativa referente á responsabilidade do persoal técnico no desprazamento dos grupos.

f) Deseñouse o plan de viaxe nun suposto práctico de desprazamento dun grupo de deportistas.

4. Dirixe e acompaña a deportistas en competicións de nivel de iniciación e tecnificación deportiva analizando as características de organización das competicións.

a) Cubriuse a documentación relativa á inscrición en competicións.

b) Valorouse a importancia da responsabilidade do persoal técnico durante a competición.

c) Identificáronse as fases na organización dunha competición de iniciación ou tecnificación deportiva.

d) Describíronse as funcións máis relevantes na organización dunha competición deportiva.

e) Xustificouse a importancia da cobertura legal da persoa deportista durante a competición: licenza federativa e seguro deportivo.

5. Realiza actividades de xestión dun club deportivo aplicando os procedementos axeitados para a súa constitución e posta en marcha.

a) Identificouse a normativa que regula a constitución e o funcionamento dun club deportivo en función do seu ámbito de actuación.

b) Identificáronse os trámites necesarios para a creación dun club deportivo en función do seu ámbito de actuación.

c) Analizáronse as posibles vías de financiamento económico existentes para a creación e xestión dun club deportivo segundo as súas características.

d) Describíronse as características organizativas básicas dun club deportivo relacionándoas co obxecto da súa actividade.

e) Valorouse a importancia do club deportivo como elemento favorecedor da práctica deportiva.

f) Identificáronse os elementos necesarios no establecemento de convenios coas administracións públicas, así como outras asociacións de carácter privado.

Contidos básicos:

1. Interpreta a normativa de competición relacionándoa coa organización deportiva nacional e a súa estrutura administrativa.

• Lexislación deportiva estatal e normativa relacionada: obxecto, rango e ámbito de aplicación.

• O Consello Superior de Deportes. Estrutura básica e funcións.

• Entidades deportivas españolas: Comité Olímpico Español, Comité Paralímpico Español, etc. Estrutura básica e funcionamento.

• Entidades deportivas españolas: federacións españolas deportivas. Estrutura básica e funcionamento.

• Réxime disciplinario deportivo e procedementos sancionadores. Natureza e competencias dos órganos disciplinarios: Axencia Estatal Antidopaxe, Comité Español de Disciplina Deportiva, Comisión Nacional contra a Violencia nos Espectáculos Deportivos, etc.

2. Selecciona e prepara recursos materiais e instalacións necesarias analizando as súas condicións de seguridade e relacionándoas coa normativa vixente.

• Instalacións deportivas: concepto e características funcionais.

• Medidas de protección do ambiente nas instalacións deportivas.

– Aforro e uso eficiente da auga e da enerxía.

– As afeccións no contorno físico. Redución de residuos, apoio á reciclaxe e reutilización.

• Normativa sobre seguridade nas instalacións deportivas. Medidas de protección para persoas usuarias e traballadores ou traballadoras.

• Protección contra actos antisociais e violencia no deporte.

• Análise e aplicación dos plans de emerxencia e evacuación.

• A información sobre seguridade nas instalacións deportivas. Interpretación da sinalización de seguridade.

• Procedementos de revisión dos equipamentos deportivos.

3. Prepara o desprazamento da persoa ou grupo de iniciación e tecnificación deportiva aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente.

• A organización do desprazamento dos grupos deportivos.

– Características, formalización e tipo de documentación e permisos de desprazamento das persoas deportistas, e normativa de aplicación.

• A elección dos seguros de accidentes e actividade. Tipos e características. Normativa de aplicación.

• Responsabilidade civil do persoal técnico deportivo.

– Características e normativa vixente. O acompañamento ou tutela de menores durante o desprazamento.

• Asunción de normas e responsabilidades do persoal técnico deportivo nas viaxes dos grupos deportivos.

4. Dirixe e acompaña a deportistas en competicións de nivel de iniciación e tecnificación deportiva analizando as características de organización das competicións.

• Análise dos requisitos básicos para a participación en competicións de tecnificación deportiva.

– Proceso de inscrición, documentación e prazos.

– Tramitación e características da licenza federativa: autonómica e nacional.

– A tramitación do seguro obrigatorio deportivo.

• Análise das funcións e responsabilidade do persoal técnico deportivo durante a competición.

• Organización e estrutura básica das competicións deportivas, e as fases máis relevantes. Funcións da organización.

5. Xestiona un club deportivo aplicando os procedementos axeitados para a súa constitución e posta en marcha.

• O club deportivo. Tipos, características e estrutura básica.

• Normativa de constitución e funcionamento dun club deportivo.

• Procedemento de constitución e inscrición dos clubs deportivos.

• Vías de financiamento dos clubs deportivos: ingresos propios, ingresos indirectos, subvencións de institucións públicas, etc.

– Tipos e modalidades das axudas e subvencións aos clubs. Procedemento de tramitación.

– Convenios de colaboración coa Administración: protocolos, cláusulas e anexos.

– O patrocinio deportivo. Tipos e normativa relacionada.

Módulo común de ensino deportivo: Xénero e deporte.

Código: MED-C205.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a realidade do deporte feminino, analizando os elementos sociais que o caracterizan.

a) Identificouse a terminoloxía específica na temática de xénero.

b) Valorouse a importancia da autoavaliación permanente sobre os prexuízos e estereotipos persoais en relación co xénero.

c) Describíronse os prexuízos e estereotipos persoais e sociais, específicos en relación co xénero e a práctica de actividade físico-deportiva.

d) Identificouse a evolución do deporte feminino e os aspectos que resultaron determinantes na dita evolución.

e) Identificáronse e categorizáronse as diferenzas do deporte feminino en relación co masculino.

f) Describíronse os índices de práctica deportiva feminina nos diferentes ámbitos (deporte escolar, deporte federado, etc.).

g) Describiuse e analizouse o abandono feminino e as súas causas.

h) Analizouse a situación das mulleres como persoal técnico, corpo arbitral e adestradoras, así como en diferentes ámbitos da xestión deportiva.

2. Promove a incorporación da muller ao ámbito deportivo analizando as súas peculiaridades específicas, as do seu contexto e aplicando diferentes estratexias de intervención.

a) Describíronse os intereses e as motivacións particulares das mulleres ante a práctica deportiva.

b) Describíronse as principais barreiras que encontran as mulleres no desenvolvemento da práctica deportiva.

c) Valorouse a importancia de potenciar unha imaxe corporal saudable para o benestar da muller deportista.

d) Valorouse a importancia de considerar as características biolóxicas específicas da muller deportista como parte da súa vivencia persoal.

e) Valorouse a importancia de maximizar as oportunidades de participación das mulleres na actividade físico-deportiva.

f) Analizáronse as principais vías de incorporación das mulleres á práctica deportiva.

g) Valorouse a importancia de desenvolver prácticas inclusivas no fomento da participación activa das mulleres no deporte.

h) Aplicáronse estratexias metodolóxicas para favorecer a participación e as posibilidades de éxito das deportistas.

i) Valorouse a importancia dunha actitude positiva dos compañeiros ou compañeiras, persoal técnico, familias e institucións cara á práctica deportiva das mulleres.

j) Identificáronse os usos sexistas da linguaxe e as formas básicas para facer un uso del que visibilice as mulleres deportistas.

3. Apoia a incorporación da muller ao deporte, identificando o papel das institucións e as liñas de apoio ao deporte feminino.

a) Identificáronse as institucións e organismos vinculados co deporte feminino a nivel nacional, autonómico e local.

b) Valorouse a importancia da coordinación e colaboración interinstitucional no fomento de hábitos de práctica físico-deportiva nas mulleres.

c) Valorouse o papel das institucións (federacións deportivas, asociacións, clubs, etc.) na organización e o fomento da competición, a recreación e a práctica da actividade física saudable das mulleres.

d) Describíronse as principais características dos programas de promoción da práctica físico-deportiva nas mulleres.

e) Valoráronse os principais programas de promoción e desenvolvemento da práctica deportiva feminina como exemplos de boas prácticas.

f) Valorouse a importancia da promoción do deporte feminino como xerador de valores persoais, sociais e como vehículo de integración social.

Contidos básicos:

1. Identifica a realidade do deporte feminino, analizando os elementos sociais que o caracterizan.

• Terminoloxía específica.

– Sexo-xénero.

– Prexuízo/estereotipo de xénero.

– Igualdade de acceso/igualdade de oportunidades.

– Modelos androcéntricos.

– Expectativas sociais.

• Prexuízos e estereotipos persoais e sociais en relación co xénero e a práctica de actividade físico-deportiva.

• Evolución da práctica de actividade físico-deportiva das mulleres e factores determinantes.

• Modalidades deportivas con características diferenciais entre homes e mulleres.

• Índices de práctica físico-deportiva feminina nos diferentes ámbitos.

– Ámbito escolar.

– Ámbito federado.

– Ámbito universitario.

– Ámbito recreativo.

• Índices de abandono nos diferentes ámbitos (escolar, federado, universitario, recreativo, etc.).

• Causas do abandono da práctica físico-deportiva feminina.

• As mulleres como persoal técnico, adestradoras, corpo arbitral e xestoras deportivas.

2. Promove a incorporación da muller ao ámbito deportivo analizando as peculiaridades específicas da muller deportista e o seu contexto e aplicando diferentes estratexias de intervención.

• Intereses e motivacións específicas da muller ante a práctica físico-deportiva.

• Barreiras para o desenvolvemento da práctica deportiva.

• Imaxe non sexista na muller deportista.

– Trazos característicos dunha imaxe corporal positiva e negativa non sexista.

– Estratexias para fomentar unha imaxe corporal positiva non sexista na muller deportista.

• Influencia das características biolóxicas femininas no desenvolvemento psicosocial da deportista (menarquia, amenorrea, ciclo menstrual, temporalidade da madureza física, etc.).

• Estratexias de intervención para a plena incorporación das mulleres á práctica físico-deportiva.

– Oportunidades de participación.

– Vías de incorporación.

– Prácticas inclusivas.

– Estratexias metodolóxicas.

– Fomento de actitudes positivas nos diferentes axentes sociais (compañeiros ou compañeiras, persoal técnico, as propias familias, etc.).

• A linguaxe.

– Uso non sexista da linguaxe.

– Linguaxe inclusiva.

– Estratexias básicas.

3. Apoia a incorporación da muller ao deporte, identificando o papel das institucións e as liñas de apoio ao deporte feminino.

• Órganos responsables do deporte feminino dentro das institucións e organismos.

– Ámbito nacional.

– Ámbito autonómico.

– Ámbito local.

• Coordinación e colaboración institucional no fomento de hábitos de práctica físico-deportiva nas mulleres.

• Programas de promoción e desenvolvemento do deporte feminino.

– Características principais.

– Exemplos de boas prácticas.

• A actividade físico-deportiva como xeradora de valores na poboación feminina.

– Valores persoais.

– Valores sociais.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación e tecnificación en judo e defensa persoal.

Código: MED-JUJU201.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Elabora programas de ensino do judo e defensa persoal, analizando os contidos do programa de graos e as posibles adaptacións.

a) Describíronse os obxectivos e contidos do programa de graos en judo e defensa persoal.

b) Analizáronse e elaboráronse diferentes secuencias de aprendizaxe das técnicas que constitúen o programa de graos, en función das características dos grupos de iniciación, identificando as variables modificadas e as súas vantaxes e inconvenientes.

c) Identificáronse as bases e fundamentos do programa de graos de judo e defensa persoal.

d) Determináronse as adaptacións, medios e métodos de ensino do judo e a defensa persoal en relación coa súa utilización cos diferentes grupos de iniciación, con especial atención nas idades de 13 a 17 anos.

e) Concretáronse os conceptos de Reiho, Ukemi, Shisei, Kumikata, Shintai, Kuzushi, Tsukuri, Kake e Tai-Sabaki para a súa aplicación ao proceso de ensino en judo.

f) Valorouse a importancia de introducir no proceso de ensino do judo e da defensa persoal a adquisición de valores propios do judo.

g) Elaborouse un programa de ensino do judo e defensa persoal, propoñendo adaptacións dos obxectivos e contidos ás características dos grupos de iniciación.

h) Xustificouse a importancia da formación permanente do persoal técnico en judo.

2. Colabora no proceso de detección e selección de talentos deportivos en judo, analizando as características dos sistemas e programas de detección e selección e aplicando técnicas específicas.

a) Identificáronse as características técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas que describen o talento deportivo en judo.

b) Describíronse os criterios utilizados na detección e selección de talentos en judo.

c) Describíronse os principios dos programas de detección e selección de talentos deportivos en judo.

d) Describíronse as funcións e o protocolo de actuación do persoal técnico deportivo de judo nos programas de detección e selección de talentos, e de tecnificación deportiva.

e) Analizáronse as condicións materiais e recursos humanos que se necesitan nun suposto práctico de programa de detección e selección de talentos en judo.

f) Describíronse os recursos materiais, humanos e técnicos que determinan a calidade (eficacia, eficiencia e efectividade) dun programa de tecnificación deportiva.

g) Valorouse a importancia dunha detección precoz do talento deportivo, na consecución do alto rendemento.

h) Xustificouse a necesidade de respectar o desenvolvemento do individuo, facilitar o seu ámbito social e académico, e incidir nos valores propios do judo, no proceso de detección e selección de talentos.

i) Valorouse a importancia da revisión continua do traballo realizado como factor de mellora da calidade dos programas de tecnificación deportiva en judo.

j) Valorouse a importancia da coordinación axeitadamente o proceso de iniciación e tecnificación deportiva en judo e defensa persoal.

3. Dirixe e coordina unha escola de judo e defensa persoal, concretando os procedementos de xestión básica da escola, de comunicación coas entidades relacionadas e analizando os procedementos de coordinación técnica.

a) Describíronse os obxectivos a conseguir na dirección dunha escola de iniciación e tecnificación en judo e defensa persoal.

b) Elaborouse a estrutura organizativa e docente dunha escola de iniciación e tecnificación en judo e defensa persoal.

c) Identificáronse os recursos humanos e materiais necesarios no bo funcionamento dunha escola ou club de iniciación e tecnificación en judo e defensa persoal.

d) Describíronse procedementos de xestión da escola de judo e de comunicación coa federación territorial, autonómica e nacional de judo.

e) Describíronse os procedementos de xestión e comunicación básicos no funcionamento dunha escola ou club de judo e defensa persoal.

f) Xustificouse a importancia de incorporar os valores do judo ao ideario e funcionamento da escola de judo e defensa persoal.

Contidos básicos:

1. Elabora programas de ensino do judo e defensa persoal, analizando os contidos do programa de graos e as posibles adaptacións.

• O programa de graos: obxectivos e contidos.

• Características e secuencias de aprendizaxe das técnicas do programa de graos e as súas adaptacións en función de características dos grupos de iniciación.

• Bases e fundamentos do programa de graos de judo e defensa persoal.

• Medios e métodos de ensino do judo e da defensa persoal nos diferentes grupos de iniciación, e as súas adaptacións.

• Conceptos de Reiho, Ukemi, Shisei, Kumikata, Shintai, Kuzushi, Tsukuri, Kake e Tai-Sabaki para a súa aplicación ao proceso de ensino en judo.

• Adquisición de valores no proceso de formación e tecnificación en judo e defensa persoal.

• Formación permanente do persoal técnico deportivo.

2. Colabora no proceso de detección e selección de talentos deportivos en judo, analizando as características dos sistemas e programas de detección e selección e aplicando técnicas específicas.

• Características técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas que describen o talento deportivo en judo.

• Criterios para a detección e selección de talentos en judo.

• Os programas de detección e selección de talentos deportivos en judo: principios e elementos que o compoñen.

• Os programas de detección de talentos e de tecnificación deportiva da Administración deportiva e a Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados.

• Funcións do persoal técnico deportivo de judo nos programas de detección e selección de talentos e de tecnificación deportiva.

• Recursos humanos e materiais nos programas de detección de talentos e de tecnificación deportiva.

• O desenvolvemento persoal, académico e social dos judokas ou das judokas na consolidación do talento deportivo.

• A calidade nos programas de tecnificación deportiva en judo e defensa persoal: recursos que a determinan, procedementos de mellora.

3. Dirixe e coordina unha escola de judo e defensa persoal, concretando os procedementos de xestión básica da escola, de comunicación coas entidades relacionadas e analizando os procedementos de coordinación técnica.

• Escola de iniciación e tecnificación en judo e defensa persoal: obxectivos, estrutura organizativa e docente.

• Recursos humanos e materiais necesarios dunha escola/club de iniciación e tecnificación en judo e defensa persoal.

• Relación entre a federación territorial, autonómica ou nacional e as escolas de judo e defensa persoal. Normativa e axudas.

• Xestión dunha escola de judo e defensa persoal.

• Os valores nunha escola de judo e defensa persoal.

Módulo específico de ensino deportivo: Judo adaptado.

Código: MED-JUJU202.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Organiza sesións de iniciación en judo analizando as necesidades específicas das persoas con discapacidade.

a) Describíronse as necesidades propias de cada discapacidade atendendo ao mecanismo funcional afectado e as súas consecuencias a nivel perceptivo motor para a práctica do judo.

b) Recoñecéronse pautas de traballo específicas na iniciación en judo segundo os diferentes tipos de discapacidade.

c) Aplicáronse procedementos básicos de recollida de información do comportamento motor da persoa con discapacidade, en relación coa súa autonomía e habilidades motoras básicas para a práctica do judo.

d) Determináronse medidas de seguridade específicas na iniciación en judo segundo os diferentes tipos de discapacidade.

e) Determináronse as principais orientacións metodolóxicas que se empregarán segundo tipo de discapacidade, especialmente en relación coa comunicación e a participación na sesión de iniciación en judo.

f) Argumentouse a importancia de identificar, previamente á práctica, as características propias e individuais de cada judoka con algunha discapacidade.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en actividades propias da iniciación en judo, analizando as características da tarefa e identificando as limitacións para a práctica do judo.

a) Valorouse a importancia de maximizar as oportunidades de participación das persoas con discapacidade nas tarefas, xogos e actividades de judo.

b) Analizáronse as principais vías de incorporación á práctica do judo de persoas con discapacidade.

c) Describíronse os mecanismos de adaptación de tarefas para a práctica do judo dirixida a persoas con discapacidade que compensan os déficits que se presentan.

d) Aplicáronse procedementos de modificación das tarefas, xogos e actividades para favorecer a participación, o desfrute e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica do judo.

e) Describíronse as adaptacións básicas da arbitraxe no judo adaptado.

f) Valorouse a importancia do fomento da participación activa de persoas con discapacidade en situacións inclusivas da práctica do judo.

g) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica do judo provocada pola falta de accesibilidade nas instalacións.

h) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta da práctica do judo e a difusión desta.

i) Valorouse a importancia dunha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros ou compañeiras, persoal técnico, as propias familias e as institucións cara á práctica do judo das persoas con discapacidade.

j) Describíronse as posibilidades do material adaptado específico dos diferentes xogos e actividades de loita/judo.

k) Enunciáronse as posibilidades das axudas técnicas atendendo ao tipo de discapacidade das persoas.

3. Organiza as persoas deportistas con discapacidade interpretando as principais clasificacións funcionais do judoka ou da judoka.

a) Describiuse o concepto de clasificación funcional do judoka ou da judoka e o concepto de mínima discapacidade.

b) Enunciáronse as clasificacións funcionais dos judokas ou das judokas segundo tipo de discapacidade.

c) Xustificouse a importancia das clasificacións funcionais e a súa adaptación na homoxeneización dos procesos competitivos no deporte de judo argumentando as diferenzas entre estas.

d) Aplicáronse criterios de adaptación da clasificación para fomentar a participación de mulleres con discapacidade, grandes discapacitados ou discapacitadas e, mesmo, persoas sen discapacidade.

e) Identificáronse os xogos e deportes de judo adaptados específicos para persoas con discapacidade, incluíndo as características daqueles que son específicos.

f) Recoñeceuse a importancia de vivenciar algunhas actividades de judo practicadas por persoas con discapacidade a través de situacións simuladas.

g) Valorouse a importancia da participación de persoas con discapacidade no judo como peza clave da súa integración social.

4. Orienta persoas con discapacidade cara á práctica do judo recoñecendo a súa estrutura e as fontes de información dispoñibles.

a) Relacionouse a orixe do judo para persoas con discapacidade coa estrutura actual do deporte adaptado.

b) Identificáronse os organismos reguladores do deporte do judo a nivel internacional, nacional e rexional.

c) Valorouse o papel das institucións (federacións de judo, asociacións, clubs, etc.) na organización e fomento da competición, a recreación e a práctica saudable do judo.

d) Diferenciáronse as orixes da práctica do judo dunha persoa con discapacidade e as diferentes finalidades (rehabilitadora, terapéutica, recreativa, deportiva, etc.) da práctica do judo.

e) Describíronse os principais programas de difusión e desenvolvemento do judo adaptado como exemplos de boa práctica.

f) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles no deporte do judo adaptado como recurso básico para orientar os judokas e as judokas con discapacidade.

g) Valorouse a importancia da promoción do judo adaptado como xerador de valores persoais e sociais e vehículo de integración social.

Contidos básicos:

1. Organiza sesións de iniciación en judo analizando as necesidades específicas das persoas con discapacidade.

• Descrición das necesidades propias de cada discapacidade para a práctica do judo:

– Discapacidade sensorial: visual e auditiva.

– Discapacidade intelectual: dificultades de aprendizaxe, trastorno xeneralizado do desenvolvemento, atraso mental e síndrome de Down.

– Discapacidade física: lesión medular, parálise cerebral e amputacións.

• Tipo de discapacidade e a súa relación co mecanismo perceptivo motor.

• Dificultades para a práctica do judo.

• Valoración inicial das características específicas das persoas con discapacidade para a práctica do judo.

• Ferramentas básicas para a recollida de información da competencia motora en persoas con discapacidade aplicables á práctica do judo.

• As orientacións metodolóxicas oportunas en función do tipo de discapacidade durante o desenvolvemento dunha sesión de judo.

• Restricións e condicións básicas de seguridade na práctica do judo segundo a discapacidade.

• As adaptacións metodolóxicas e a seguridade na iniciación ao judo en persoas con discapacidade.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en actividades propias da iniciación en judo, analizando as características da tarefa e identificando as limitacións para a práctica do judo.

• A práctica do judo por persoas con discapacidade como factor clave do seu benestar e calidade de vida. Xustificación.

• As vías de incorporación á práctica do judo de persoas con discapacidade.

• Principais restricións na participación cara á práctica deportiva provocadas polo contexto.

• As actitudes no ámbito das persoas con discapacidade.

• Barreiras arquitectónicas nas instalacións de judo e espazos sociais.

• Integración e inclusión a través de xogos, tarefas e actividades de judo.

• Os mecanismos de adaptación das tarefas, xogos e actividades de judo. Identificación e criterios de utilización.

• Aplicación do xogo e as súas diferentes orientacións como elemento de atención á diversidade.

• Características do material adaptado.

• As axudas técnicas para a práctica do judo.

• O papel da integración-inclusión das persoas con discapacidade en xogos e actividades de judo.

• Situacións de práctica inclusiva para o fomento da participación de persoas con discapacidade nas actividades de judo. Vivenciación.

• A arbitraxe en judo e as súas adaptacións.

3. Organiza ás persoas deportistas con discapacidade interpretando as principais clasificacións funcionais:

• As principais clasificacións funcionais do judoka ou da judoka segundo o tipo de discapacidade. O concepto de mínima discapacidade.

• As clasificacións funcionais dos judokas ou das judokas como proceso de homoxenización da participación nas competicións de judo. Criterios de adaptación.

• A participación das persoas con discapacidade, en función da afectación e do sexo para unha participación igualitaria. Análise.

• A práctica deportiva con persoas con discapacidade en condicións de igualdade como factor de integración e participación.

• Os xogos de judo adaptados.

• O judo como elemento normalizador da persoa con discapacidade. A integración a través das escolas de judo.

4. Orienta a persoas con discapacidade cara á práctica do judo recoñecendo a súa estrutura e as fontes de información dispoñibles.

• Orixe e historia do judo dirixido a persoas con discapacidade.

• Estrutura do judo adaptado dentro da organización nacional e internacional do deporte do judo.

• Relación entre o Comité Paralímpico Internacional, o Comité Paralímpico Español e de Judo e a Federación Española de Deporte para Cegos.

• Os programas de difusión e desenvolvemento de actividades de judo dirixidas a persoas con discapacidade a través de federacións territoriais de judo. Características.

• O papel do tecido asociativo de persoas con discapacidade na difusión da práctica do judo.

• As principais fontes de información sobre as actividades de judo dirixidas a persoas con discapacidade.

• As actividades de judo dirixidas a persoas con discapacidade como promotor de valores e vehículo de integración social nos centros de judo.

Módulo específico de ensino deportivo: Adestramento en judo e defensa persoal.

Código: MED-JUJU203.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Concreta os ciclos de adestramento a curto e medio prazo, e as sesións de adestramento dun programa de tecnificación en judo e defensa persoal, analizando as programacións de referencia, o programa de competicións, a metodoloxía, os medios específicos de preparación, elaborando secuencias de aprendizaxe e aplicando procedementos específicos.

a) Describíronse as condicións do contorno vital da persoa deportista e do adestramento, e o grao de influencia sobre o programa de adestramento no nivel de tecnificación deportiva.

b) Analizáronse os criterios de selección das competicións en función dos obxectivos e o momento da tempada, e as características da competición.

c) Analizouse un suposto de calendario de competicións de judo, clasificándoas de acordo coa súa función dentro do programa de adestramento de referencia.

d) Describíronse os obxectivos condicionais, técnicos, tácticos e psicolóxicos, e os contidos, medios, e métodos utilizados nun programa de tecnificación en judo e defensa persoal.

e) Seleccionáronse as características específicas das diferentes fases ou ciclos de preparación dun judoka ou dunha judoka, en función da súa situación dentro da programación de referencia e os obxectivos desta.

f) Analizouse o regulamento de judo identificando as aplicacións á competición.

g) Concretouse unha sesión de adestramento, a partir da programación de referencia e aplicando os criterios de combinación do traballo técnico-táctico e condicional do judo e a defensa persoal.

h) Relacionáronse os medios específicos de adestramento físico e técnico-táctico do judo e a defensa persoal, cos obxectivos da programación de referencia.

i) Explicáronse e aplicáronse os métodos específicos de adestramento: Tandoku-Renshyu, Sotai-Renshyu, Uchikomi, Yaku-Soku-Geiko, Nage-Komi e Randori, na programación de tecnificación de judo e defensa persoal.

j) Analizouse o contido do programa de segundo Dan de judo e a súa aplicación ao adestramento técnico-táctico, ao randori, ao shai e á competición.

k) Elaboráronse secuencias de aprendizaxe en judo e defensa persoal, de acordo cos diferentes conceptos de progresión, interferencia contextual e significatividade.

l) Analizáronse os criterios para o desenvolvemento da forma persoal de traballo do judoka ou da judoka tukoi waza, dun sistema de competición adaptado ás características e técnicas especiais do judoka ou da judoka, dos modelos técnico-tácticos de combinacións, dos encadeamentos e técnicas complementarias e da súa aplicación ao randori e á competición.

m) Seleccionáronse os sistemas de cuantificación da carga de traballo nos métodos específicos.

n) Identificáronse as funcións dos protocolos, instrumentos e medios de control do rendemento e do adestramento dentro da programación de referencia.

ñ) Elaborouse un ciclo ou etapa de preparación completa, a partir dunha programación de referencia, concretando obxectivos, contidos, medios, métodos, dinámica da carga e instrumentos de avaliación e control.

2. Dirixe sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico-táctico de judo e defensa persoal, demostrando as técnicas propias deste nivel, analizando e aplicando as técnicas de dirección e organización, e aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Identificáronse as situacións de aprendizaxe na tecnificación do judo e a defensa persoal que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do persoal técnico deportivo ou a utilización de técnicas específicas de comunicación.

b) Demostráronse as técnicas de judo e defensa persoal propias do nivel de tecnificación, sinalando os aspectos máis importantes para a súa aprendizaxe.

c) Analizáronse as diferentes técnicas específicas de organización das sesións de adestramento e preparación técnico-táctica en judo e defensa persoal, con especial atención á disposición en función do material, a optimización do espazo e do material, e o mantemento do nivel de práctica programado.

d) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións adestramento e preparación técnico-táctica en judo e defensa persoal, relacionándoas coas causas e posibles medidas para a súa solución.

e) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións adestramento e preparación técnico-táctica en judo e defensa persoal, utilizando diferentes medios de rexistro da información e identificando os erros e propoñendo alternativas.

f) Adaptáronse ao judo e á defensa persoal os recursos didácticos facilitadores da aprendizaxe a través da motivación.

g) Adaptáronse instrumentos de recollida de información sobre o desempeño persoal do persoal técnico deportivo durante a dirección de sesións adestramento e preparación técnico-táctica en judo e defensa persoal.

h) Analizáronse as actitudes e accións de motivación máis adecuadas nas sesións de adestramento e preparación técnico-táctica en judo e defensa persoal.

i) Identificáronse os criterios de calidade na organización e dirección de sesións adestramento e preparación técnico-táctica en judo e defensa persoal.

j) Dirixiuse unha sesión simulada de adestramento e preparación técnico-táctica en judo e defensa persoal, de acordo co previsto na programación.

k) Identificáronse os aspectos do regulamento susceptibles de seren utilizados de forma táctica no adestramento e na competición.

l) Valorouse a importancia da individualización do adestramento, con especial atención ao modelo técnico-táctico, na preparación da sesión.

m) Valorouse a importancia da introdución de valores nas sesións de adestramento.

3. Valora o rendemento do judoka ou da judoka no adestramento e durante a competición na tecnificación en judo e defensa persoal, e certifica o cinto ou grao correspondente á tecnificación deportiva en judo, analizando os estándares técnicos, as situacións tácticas e as características da súa aprendizaxe e relacionando os erros de execución coas súas causas.

a) Explicáronse os factores físicos, técnicos e tácticos de que depende o rendemento deportivo durante a etapa de tecnificación deportiva en judo e defensa persoal.

b) Analizáronse os estándares técnicos propios da etapa de tecnificación deportiva e, en especial, os que conforman os contidos do programa correspondente á tecnificación deportivo en judo, utilizando a terminoloxía e nomenclatura correctas.

c) Analizouse a execución técnica do judoka ou da judoka e o resultado da participación nas actividades e competicións, identificando os erros e relacionándoos coas posibles causas e as tarefas para solucionalas.

d) Identificáronse os métodos, instrumentos e procedementos de recollida de información sobre o comportamento técnico e táctico da persoa deportista no adestramento e na competición de judo e nas demostracións de defensa persoal.

e) Valorouse a evolución dos factores físicos de que depende o rendemento deportivo, en relación cos obxectivos previamente establecidos, verificando que a planificación a curto prazo se axusta a estes.

f) Identificáronse as accións e tipo de retroacción (feedback) que o adestrador ou adestradora debe transmitir ao judoka ou á judoka ao finalizar o adestramento e cada un dos combates da competición, utilizando os instrumentos e probas previstos na programación.

g) Preparáronse e aplicáronse medios audiovisuais para a recollida de datos e a análise do comportamento técnico e táctico do judoka ou da judoka no adestramento e na competición de judo e nas demostracións de defensa persoal.

h) Aplicáronse técnicas de cálculo e tratamento estatístico no procesamento da información e do comportamento técnico-táctico no adestramento e na competición de judo.

i) Identificáronse os erros e propuxéronse as pautas de corrección nun suposto práctico de execución técnica e táctica dos judokas ou das judokas na etapa de tecnificación.

j) Valorouse a importancia da información ao judoka ou á judoka sobre o seu desempeño técnico e táctico durante o adestramento e a competición.

4. Dirixe o judoka ou a judoka en competicións, analizando os factores que condicionan o rendemento, seleccionando as estratexias de intervención e os coidados á persoa deportista.

a) Describiuse a situación, tipo de retroacción (feedback) e funcións de dirección do persoal técnico deportivo no desenvolvemento das competicións de tecnificación deportiva en judo.

b) Identificáronse as demandas técnicas, tácticas, condicionais e psicolóxicas da competición.

c) Seleccionáronse os criterios de análise das competicións de judo no nivel de tecnificación deportiva.

d) Describíronse os criterios de selección de judokas e a formación de equipos nas competicións de tecnificación deportiva en judo.

e) Identificouse a información que sobre o esquema técnico-táctico do judoka ou da judoka (agarre, marcador, tempo, análise do adversario ou adversaria, estado de ánimo, o parámetro regras, entre outros), que utiliza o adestrador ou adestradora durante a dirección do combate.

f) Definiuse o modelo de comportamento do persoal técnico e dos judokas ou das judokas en situacións simuladas de competición deportiva.

g) Valorouse a importancia da actitude que deben adoptar o judoka ou a judoka e o adestrador ou adestradora no transcurso da competición e nos momentos de dirección dos combates.

Contidos básicos:

1. Concreta os ciclos de adestramento a curto e medio prazo, e as sesións de adestramento dun programa de tecnificación en judo e defensa persoal, analizando as programacións de referencia, o programa de competicións, a metodoloxía, os medios específicos de preparación, elaborando secuencias de aprendizaxe e aplicando procedementos específicos.

• Contorno vital da persoa deportista e a súa evolución no proceso de adestramento

• Criterios de selección das competicións e a súa organización temporal no calendario.

• O programa de tecnificación deportiva en judo e defensa persoal. O acondicionamento físico, técnico, táctico e psicolóxico: obxectivos, contidos, medios e métodos, para o desenvolvemento dos ciclos e sesións. Medios e métodos de valoración e control do programa de tecnificación.

• Os ciclos de preparación do judoka ou da judoka e a súa situación na programación.

• O regulamento e a súa aplicación á competición.

• O adestramento integrado do traballo técnico, táctico e condicional.

• Concreción da sesión de adestramento en función da programación.

• Os métodos de adestramento específicos de judo (Tandoku-Renshyu, Sotai-Renshyu, Uchikomi, Yaku-Soku-Geiko, Nage-Komi e Randori) na programación de tecnificación en judo e defensa persoal.

• Fundamentos e contidos do programa de segundo Dan de judo e defensa persoal. Elaboración dos contidos e secuencias de aprendizaxe nos programas de tecnificación en judo e defensa persoal.

• A individualización do adestramento técnico-táctico. O Toikui Waza: a súa aplicación ao adestramento e a competición.

• Cuantificación da carga de traballo nos métodos específicos.

• O seguimento do adestramento de tecnificación de judo e defensa persoal: modelo de documentos, protocolos, variables que se cuantificarán, instrumentos e medios.

2. Dirixe sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico-táctico de judo e defensa persoal, demostrando as técnicas propias deste nivel, analizando e aplicando as técnicas de dirección e organización, e aplicando técnicas de autoavaliación.

• A execución técnica, a súa demostración e aplicación ás situacións de aprendizaxe.

• Organización, preparación e desenvolvemento da sesión de tecnificación en judo e defensa persoal, conforme a programación de referencia e tendo en conta os obxectivos, a selección de tarefas, a estrutura da sesión, os condicionantes materiais existentes e as características do grupo de alumnos ou alumnas da sesión de adestramento en judo e defensa persoal.

• Individualización da sesión a través dos modelos estruturais de traballo técnico-táctico adaptado ás características dos judokas ou das judokas, perfil técnico-táctico e categoría de peso, para a súa aplicación ao randori e á competición.

• Dirección das sesións de adestramento e preparación técnico-táctica en judo e defensa persoal e as súas posibles adaptacións en función da programación.

• A utilización táctica do regulamento.

• Incidencias máis habituais nas sesións de adestramento, causas e medidas de solución.

• Comportamento do persoal técnico deportivo en judo e defensa persoal nas sesións de adestramento e nas competicións.

• Os recursos didácticos nas sesións de adestramento. As súas adaptacións ao judo e á defensa persoal.

• A sesión de adestramento, actitudes, tipo de actividades e motivación.

• Instrumentos de avaliación do labor do persoal técnico deportivo.

• Criterios de calidade en desenvolvemento dos contidos das sesións de adestramento.

• Aplicación e desenvolvemento de valores propios do judo.

3. Valora o rendemento do judoka ou da judoka no adestramento e durante a competición na tecnificación en judo e defensa persoal e certifica o grao correspondente á tecnificación deportiva en judo, analizando os estándares técnicos, as situacións tácticas e as características da súa aprendizaxe, e relacionando os erros de execución coas súas causas.

• Valoración do perfil técnico, táctico, condicional e psicolóxico do judoka ou da judoka.

• Fundamentos e contido técnico-táctico do programa correspondente á tecnificación deportiva en judo e defensa persoal.

• Medios e métodos para a valoración técnico-táctica da persoa deportista no adestramento e a competición en judo e defensa persoal.

• Os medios audiovisuais na análise do comportamento técnico-táctico do judoka ou da judoka.

• Medios e métodos para a avaliación das capacidades condicionais en judo e defensa persoal.

• Coñecemento dos resultados e a súa aplicación ao adestramento e á competición.

• O tratamento estatístico e a súa aplicación á avaliación do adestramento e a competición.

• Avaliación e control do programa de tecnificación en judo e defensa persoal e solucións para a corrección de erros.

4. Dirixe o judoka ou a judoka en competicións, analizando os factores que condicionan o rendemento, seleccionando as estratexias de intervención e os coidados á persoa deportista.

• Localización e funcións de dirección do persoal técnico deportivo nas competicións de tecnificación deportiva en judo.

• Exixencias das competicións de judo.

• Análise das competicións propias desta etapa.

• A selección de judokas e formación de equipos.

• O adestrador ou a adestradora e a dirección do judoka ou da judoka en competición.

• Actitude do adestrador ou adestradora ao longo da competición e na dirección do judoka ou da judoka.

• Actitude do judoka ou da judoka ao longo da competición.

Módulo específico de ensino deportivo: Organización e xestión das actividades de judo e defensa persoal.

Código: MED-JUJU204.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

1. Concreta a temporalización dos eventos de judo e defensa persoal, analizando as características das asociacións deportivas e clubs de judo e deportes asociados, e a oportunidade no programa de actividades.

a) Identificáronse as características do programa de actividades dun club de judo e defensa persoal.

b) Aplicáronse criterios técnicos e organizativos na análise do calendario de competicións das federacións autonómicas e da Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados, e na identificación e distribución do momento máis axeitado para a organización dos eventos de promoción e iniciación de judo e defensa persoal.

c) Analizouse a programación de referencia da tecnificación deportiva nun club de judo establecendo os momentos máis axeitados para a organización de eventos de judo e defensa persoal.

d) Analizáronse os medios básicos de que debe dispoñer un club de judo para o desenvolvemento dun evento de judo ou defensa persoal.

e) Explicouse a organización básica que necesita un club de judo para o desenvolvemento das diferentes modalidades e deportes asociados.

f) Identificáronse as condicións que establece a normativa da Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados para a implantación dun club de judo e a súa vinculación á Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados.

g) Valorouse a importancia de incluír no calendario de actividades dun club de judo a organización de eventos de judo e defensa persoal.

2. Xestiona e organiza eventos de promoción e iniciación deportiva en judo e defensa persoal, analizando as características e requisitos materiais e humanos dos eventos e as características técnicas dos programas, e identifica as características organizativas das competicións de tecnificación.

a) Identificouse a normativa exixida para a organización de actividades e eventos deportivos.

b) Realizouse un presuposto que valore os custos dun suposto de evento deportivo de promoción e iniciación de judo e defensa persoal.

c) Analizouse a viabilidade dun proxecto de evento deportivo de promoción e iniciación de judo e defensa persoal en relación co orzamento.

d) Identificáronse as fontes de financiamento dun evento de promoción ou iniciación de judo e defensa persoal.

e) Concretouse a xestión de patrocinios e publicidade que avalen o evento deportivo de judo e defensa persoal.

f) Identificáronse os instrumentos de promoción e as estratexias de difusión e comunicación das actividades de judo e defensa persoal.

g) Definiuse o sistema de competición en función dos obxectivos e número de participantes.

h) Aplicáronse os criterios da montaxe e desmontaxe do tatami, da habilitación e organización dos espazos de competición.

i) Determináronse e aplicáronse os procedementos de xestión dos espazos, medios materiais e humanos necesarios para a organización dunha competición de iniciación deportiva ou evento de promoción do judo e defensa persoal.

j) Analizáronse as funcións de recepción, distribución, localización, circulación, control e seguridade das persoas participantes e do público en xeral nun suposto práctico de organización do evento de promoción de judo e defensa persoal.

k) Describíronse as necesidades de medios de comunicación interna (tipo e contía), necesarios para a organización e desenvolvemento do evento deportivo de promoción e iniciación de judo e defensa persoal, establecendo a súa distribución, indicativos e frecuencias.

l) Valorouse a importancia da promoción e organización de eventos de judo e defensa persoal dentro dos obxectivos dun club de judo.

3. Colabora na xestión, organización e desenvolvemento de eventos de tecnificación en judo e defensa persoal, analizando as condicións de organización e de seguridade dos eventos.

a) Identificáronse os recursos humanos e materiais necesarios para a realización dun evento de tecnificación en judo.

b) Describíronse os labores e funcionamento da secretaría/dirección técnica dunha competición de tecnificación en judo.

c) Aplicáronse nun suposto de competición de tecnificación de judo os criterios para establecer o control e peso dos competidores ou das competidoras, o sorteo, a organización arbitral e dos xuíces ou das xuízas de mesa, a comunicación formal da organización coas persoas participantes, a orde de participación, o número de tatami, etc.

d) Identificáronse as colaboracións na xestión de aloxamento e loxística necesarios para judokas, persoal arbitral, adestradores ou adestradoras, entre outros, persoas asistentes a unha competición de tecnificación en judo.

e) Describíronse as características e procedementos que se seguirán para o desenvolvemento do plan de seguridade ante situacións de emerxencia no transcurso da celebración dunha competición tecnificación en judo, identificando os medios necesarios.

f) Describíronse as características das instalacións de práctica do judo, a súa funcionalidade e os aspectos de seguridade.

g) Describíronse os criterios de seguridade que deben cumprir os equipamentos necesarios para a práctica deportiva do judo.

h) Valorouse a importancia de establecer os plans de emerxencia e evacuación durante a realización dunha competición de tecnificación en judo.

4. Recolle a información durante e ao final do evento deportivo de promoción e iniciación en judo e defensa persoal, analizando os sistemas de recollida de datos, a documentación utilizable e aplicando técnicas para o seu procesamento e análise.

a) Interpretáronse os instrumentos de recollida de información na análise e control dos aspectos organizativos e loxísticos das competicións e eventos de judo e defensa persoal.

b) Examináronse os criterios de análise da información sobre o desenvolvemento técnico e loxístico dos eventos de judo e defensa persoal.

c) Analizouse a información sobre o desenvolvemento técnico e loxístico dos eventos de judo e defensa persoal, aplicando as técnicas de calculo e tratamento estatístico axeitadas.

d) Clasificáronse as posibles incidencias que poden xurdir durante o desenvolvemento do evento de judo e defensa persoal relacionándoas coas decisións que se tomen e as súas consecuencias.

e) Describíronse os criterios de recollida de información que aseguren a súa representatividade e veracidade.

f) Xustificouse a recollida e análise da información como base da mellora continua na organización de eventos de judo e defensa persoal.

g) Describiuse o proceso de elaboración de memorias e informes das actividades.

Contidos básicos:

1. Concreta a temporalización dos eventos de judo e defensa persoal, analizando as características das asociacións deportivas e clubs de judo e deportes asociados, e a oportunidade no programa de actividades.

• O calendario de competicións das federacións autonómicas e da Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados.

• Características, criterios técnicos e organizativos do calendario de actividades de judo e defensa persoal.

• O calendario de actividades dun club de judo e deportes asociados. Vinculación coa programación da tecnificación.

• Medios e recursos materiais para o desenvolvemento de eventos de judo e defensa persoal.

• Estrutura organizativa e docente dun club de judo e deportes asociados.

• Requisitos establecidos para a vinculación do club e das súas actividades á federación autonómica e nacional.

• As actividades de promoción no calendario de actividades.

2. Xestiona e organiza eventos de promoción e iniciación deportiva en judo e defensa persoal, analizando as características e requisitos materiais e humanos dos eventos e as características técnicas dos programas, e identifica as características organizativas de competicións de tecnificación.

• Normativa de aplicación á organización de actividades de iniciación e tecnificación en judo e defensa persoal.

• Elaboración de orzamentos e estudos de viabilidade dun evento deportivo.

• Procedementos e fontes de financiamento para o desenvolvemento das actividades.

• Patrocinio e publicidade no desenvolvemento de eventos propios desta etapa.

• Os medios de comunicación e as estratexias de comunicación e difusión nas actividades de judo e defensa persoal.

• Sistemas de competición en judo, en función dos obxectivos e número de participantes.

• Xestión dos espazos, recursos humanos e materiais, recepción, control, seguridade e loxística na organización de eventos de judo e defensa persoal.

• A organización e habilitación da zona de competición, montaxe e localización do tatami, participantes, persoal técnico, etc.

• Organización e dirección de competicións e eventos de judo e defensa persoal.

• Efectos e beneficios da organización e dinamización dos eventos de promoción do judo e deportes asociados.

• Os medios de comunicación interna na organización de actividades.

• A promoción do judo e a defensa persoal: medio de socialización deportiva, instrumentos de promoción, función dentro do club de judo.

3. Colabora na xestión, organización e desenvolvemento de eventos de tecnificación de judo, analizando as condicións de organización e de seguridade dos eventos.

• Recursos humanos e materiais nos eventos de tecnificación. Criterios de sustentabilidade.

• A secretaría e dirección técnica no desenvolvemento das actividades de judo e defensa persoal. Funcións.

• A organización da competición de judo: pesaxe, sorteo, organización arbitral, xuíces/xuízas, responsables de mesa central, localización dos adestradores ou das adestradoras, entre outros.

• Xestión do aloxamento de deportistas e persoal arbitral.

• Plan de seguridade e evacuación da instalación en caso de emerxencia.

• As instalacións para a práctica do judo. Características, criterios de funcionalidade e seguridade. Normativa.

• Equipamentos na práctica do judo. Criterios de seguridade.

4. Recolle a información durante e o final do evento deportivo de promoción e iniciación en judo e defensa persoal, analizando os sistemas de recollida de datos, a documentación utilizable e aplicando técnicas para o seu procesamento e análise.

• Aspectos organizativos e loxísticos das competicións deportivas:

– Variables a observar na súa análise. Representatividade.

– Instrumentos e protocolos de recollida de información. Obxectividade e veracidade da información.

– Criterios de valoración.

• Incidencias no desenvolvemento dos eventos de judo e defensa persoal. Toma de decisións.

• As memorias e informes de desenvolvemento.

Módulo específico de ensino deportivo: Defensa persoal.

Código: MED-JUJU205.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Aplica as técnicas de judo á defensa persoal, identificando as técnicas axeitadas á situación proposta de agresión simulada e executando estas cunha mestría técnico-táctica equivalente ao cinto negro segundo Dan de defensa persoal.

a) Describíronse os fundamentos e criterios de adaptación das técnicas de judo e outras á defensa persoal.

b) Realizáronse os desprazamentos con diferentes orientacións espaciais en función dos ataques dun agresor ou agresora potencial nunha situación simulada.

c) Aplicáronse os fundamentos das técnicas de judo a situacións de agresión simuladas onde sexa necesario neutralizar, reducir ou proxectar ao adversario ou adversaria Uke.

d) Analizáronse as diferentes clases de ataques en función do tipo de perigo e a toma de decisións.

e) Aplicáronse accións proporcionadas de anulación, luxación, xiro boca abaixo, control, cacheo e desarmamento do agresor ou agresora, en situacións simuladas co defensor ou defensora en pé e o agresor ou agresora no chan.

f) Aplicáronse accións proporcionadas de control, retención, cacheo e condución en condicións de mobilidade reducido, individualmente ou en grupo, todo iso en situacións simuladas de intervención sobre unha persoa parada ou en desprazamento.

g) Aplicáronse as técnicas de judo e as súas combinacións para a neutralización, redución ou proxección e control do adversario ou adversaria Uke desde posicións naturais e eficientes, e todo iso en situacións simuladas de agresión.

h) Describíronse os requisitos legais dunha agresión ilexítima que se deben considerar ante situacións de agresión.

i) Valorouse a importancia dunha resposta congruente e proporcionada á agresión recibida.

2. Aplica as accións técnicas do judo pé a situacións de defensa persoal, seleccionando as técnicas axeitadas á situación proposta de agresión simulada, executándoas de acordo co modelo técnico de referencia, e identificando as adaptacións realizadas.

a) Aplicouse a secuencia técnica de desequilibrio Kuzushi, preparación Tsukuri e proxección Kake, garantindo a integridade do adversario ou adversaria Uke.

b) Aplicáronse as técnicas de man Te-Waza (Tai-otoshi, Seoi-nage Morote-gari, entre outras) desde a posición fundamental que mellor reproduza unha situación de proxección do adversario ou adversaria Uke en diferentes orientacións espaciais e con control permanente deste.

c) Aplicáronse as técnicas de perna de Ashi-Waza (De-ashi-barai, Hiza-guruma, Ko-uchi-gari, Ko-soto-gake, O-Soto-otoshi, O-Soto-gari, O-uchi-gari, Ko-soto-gari, Sasae-tsuri-komi-ashi, entre outras) desde a posición fundamental que mellor reproduza unha situación de proxección do adversario ou adversaria Uke en diferentes orientacións espaciais e con control permanente deste.

d) Aplicáronse as técnicas de cadeira de Koshi-Waza: Uki-goshi, O-goshi, Harai-goshi, Tsuri-komi-goshi, Ushiro-goshi, Koshi-guruma,Kubi-nage, entre outras, desde a posición fundamental que mellor reproduza unha situación de proxección do adversario ou adversaria Uke en diferentes orientacións espaciais e con control permanente deste ou desta.

e) Aplicáronse as técnicas de proxección tras o control e agarre a un agresor ou unha agresora potencial, utilizadas no judo pé e outras formas de derrubamento non utilizadas xeralmente ou descoñecidas na práctica habitual do judo na defensa persoal.

f) Aplicáronse as técnicas de judo pé en situacións de agresión simulada con varios ou varias adversarios ou adversarias e uso de obxectos contundentes ou armas brancas.

g) Valorouse a importancia dunha aplicación congruente e proporcionada das técnicas de judo pé, en relación coa agresión recibida.

3. Aplica as accións técnicas do judo chan, de inmobilización, estrangulación ou luxación, a situacións de defensa persoal, seleccionando as técnicas axeitadas á situación proposta de agresión simulada, executándoa de acordo co modelo técnico sen superar a marxe de seguridade que garante a integridade física de Uke.

a) Realizouse o encadeamento das técnicas de judo pé coas de judo chan, empregando a secuencia de táctica que marca a transición entre o judo pé e o control do adversario ou adversaria mediante as técnicas de inmobilización, luxación ou estrangulación.

b) Aplicáronse as técnicas de inmobilización Osae-Waza (Kesa-gatame, Yoko-shiho-gatame, Kami-shiho-gatame, Tate-shiho-gatame, entre outras), conforme modelos técnicos de referencia, conseguindo o control do adversario ou adversaria.

c) Aplicáronse as técnicas de estrangulación Shime-waza (Kata-juji-jime, Gyaku-juji-jime, Nami-juji-jime, Hadaka-jime, Okuri-eri-jime, Kata-ten-jime, Hadaka-ten-jime, entre outras, conforme a modelos técnicos de referencia conseguindo o control do adversario ou adversaria.

d) Aplicáronse as técnicas de luxación Kansetsu-waza (Ude-garami, Ude-hishigi-juji-gatame, Ude-gatame, Waki-gatame, entre outras), conforme modelos técnicos de referencia, conseguindo o control do adversario ou adversaria.

e) Aplicáronse atemis, presións e beliscos, volteos e formas de xirar o adversario ou adversaria boca abaixo, en situacións de enfrontamento simulado no chan, conseguindo o control do adversario ou adversaria.

f) Valorouse a importancia dunha aplicación congruente e proporcionada das técnicas de luxación e estrangulación, en relación coa agresión recibida.

4. Controla e conduce o adversario ou adversaria en situacións de defensa persoal, explicando o modelo técnico de referencia das accións técnicas empregadas: bloqueos, atemis e controis.

a) Identificáronse os puntos e zonas sensibles ou vitais dun agresor ou agresora potencial.

b) Describíronse os modelos de referencia dos diferentes atemis empregados na defensa persoal.

c) Demostrouse a aplicación dos atemis segundo os modelos establecidos, en situacións simuladas de agresión.

d) Demostrouse a execución das técnicas de defensa e bloqueo fronte a accións de golpeo de puño, pé ou con implementos dirixidos desde distintas orientacións espaciais.

e) Aplicáronse as técnicas de bloqueo, atemis e controis en situacións simuladas de agresión, conseguindo a neutralización do ataque.

f) Valorouse a importancia dunha aplicación congruente e proporcionada dos atemis en relación coa agresión recibida.

Contidos básicos:

1. Aplica as técnicas de judo á defensa persoal, identificando as técnicas axeitadas á situación proposta de agresión simulada e executando estas cunha mestría técnico-táctica equivalente ao cinto negro segundo Dan de defensa persoal.

• Fundamentos:

– Desprazamentos. Esquivas e xiros en 90º. Xiros superiores a 90º.

– Gardas.

– Caídas e a súa aplicación á defensa persoal, levantándose con esquiva e resposta.

– Proporcionalidade ataque-resposta.

– Desequilibrios.

• Clases de ataque: aparentemente sen perigo, potencialmente perigosos, de perigo, de moito perigo.

• Lexítima defensa:

– Concepto e fundamento da defensa necesaria ou lexítima defensa, propia e de terceiros ou terceiras.

– Requisitos da defensa necesaria e limitacións.

– Efectos da defensa necesaria.

– Defensa necesaria ou lexítima defensa no Código de xustiza militar.

• Accións técnicas de anulación, luxación, xiro boca abaixo, control, cacheo e desarmamento do agresor ou agresora.

• Accións técnicas de control, retención, cacheo e condución con mobilidade reducida, individualmente ou en grupo.

• Técnicas de judo e as súas combinacións aplicadas á defensa persoal.

• Bases do enfrontamento no chan.

• Bases das inmobilizacións.

• Bases das estrangulacións.

• Puntos vulnerables.

• Bases das luxacións.

• Bases das defensas das estrangulacións.

• Bases das defensas das luxacións.

2. Aplica as accións técnicas do judo pé a situacións de defensa persoal, seleccionando as técnicas axeitadas á situación proposta de agresión simulada, executándoas de acordo co modelo técnico de referencia e identificando as adaptacións realizadas.

• Partes da técnica: desequilibrio Kuzushi, preparación Tsukuri e proxección Kake.

• Proxeccións:

– De man: Seoi nage, Tai otoshi, Sukui nage, Morote gari.

– De perna: O soto ottoshi, Ko soto gari, De ashi barai, O uchi gari, Hiza guruma, Ko soto gake, O soto gari, Ko uchi gari, Harai goshi, Sasae tsuri komi ashi.

– De cadeira: Uki goshi, O goshi, Koshi guruma, Kubi nage, Tsuri komi goshi, Ushiro goshi, Koshi nage.

– Sutemis: Tani otoshi.

– Outras técnicas: Shihonage, Ushiro kiri otoshi e Irimi nage.

• Luxacións:

Ude Gatame.

Ude Garami.

Waki Gatame.

Te Gatame.

• Defensa ante obxectos contundentes e arma branca.

• Defensa ante varios ou varias adversarios ou adversarias (figuras xeométricas).

3. Aplica as accións técnicas do judo chan, de inmobilización, estrangulación ou luxación a situacións de defensa persoal, seleccionando as técnicas axeitadas á situación proposta de agresión simulada, executándoas de acordo co modelo técnico sen superar a marxe de seguridade que garante a integridade física de Uke.

• Encadeamentos das técnicas de judo pé coas de judo chan.

• Inmobilizacións.

Kesa-gatame, Kami-shio-gatame, Yoko-shio-gatame e Tate-shio-gatame.

• Luxacións.

Juji-gatame.

Ude-Garami.

– Luxación de dedos.

• Estrangulacións:

Nami Juji jime, Kata Juji jime, Giaku Juji jime, Hadaka jime e Okuri eri jime.

Kata ha jime, Hadaka ha jime e Kata te jime.

• Formas de xirar ao adversario ou adversaria: atemis, presións, beliscos, volteos.

4. Controla e conduce o adversario ou adversaria en situacións de defensa persoal, explicando o modelo técnico de referencia das accións técnicas empregadas (bloqueos, atemis e controis).

• Puntos vitais dun ou dunha agresor ou agresora.

• Bloqueos e esquivas:

– Bloqueo alto, baixo, medio, en cruz, semicircular, coa man, con dous brazos. Jyodan uke, Gedan barai/Ude uke, Shuto uke, Soto uke/Nagashi uke, Juji uke, Morote uke, Teisho uke, Mikazuki geri uke e bloqueo coas pernas.

– Esquivas sobre golpes de boxeo, laterais, oblicuos, circulares e balanceos.

• Formas básicas de golpeo:

– De puño: Mae tsuki, Giaku tsuki, Oi tsuki, Uraken, Mawashi tsuki e Tetsui.

– Coa man: Shuto, Haito, Teisho e golpes tipo boxeo.

– Cos dedos e falanxes.

– Co cóbado: Empi.

– Patada: Mae geri/Oi geri, Yoko geri, Mawashi geri,Ushiro geri, Mikazuki geri e Ura Mawashi geri.

– Co xeonllo: Hiza geri.

– Co talón do pé: Kakato geri.

• Controis:

Kote gaeshi, Ikyo, Waki gatame, Nikyo, Sankyo, Ude gatame, Ude garami, Kuzure kote gaeshi, Te gatame, Kata ude kansetsu, Gokyo, kanukki gatame, Mune gatame, Juji gatame, Hiza gatame e luxación de dedos e de pernas.

• Utilización de elementos de uso cotián como defensa.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica.

Código: MED-JUJU206.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do centro deportivo de prácticas, relacionándoa coa súa oferta de actividades de especialización en judo e defensa persoal e as actividades de xestión deste, e aplicando os procedementos e protocolos de seguridade na práctica.

a) Identificáronse as relacións do centro deportivo de prácticas coa Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados.

b) Identificouse a estrutura organizativa e o funcionamento das distintas áreas do centro deportivo de prácticas.

c) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do centro deportivo de prácticas.

d) Identificouse a oferta de actividades vinculadas á especialización deportiva en judo e defensa persoal.

e) Identificáronse as vías de financiamento económico utilizadas polo centro deportivo de prácticas.

f) Distinguiuse a oferta de actividades orientada á especialización deportiva en judo e defensa persoal nas mulleres.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a esta.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético habilidades persoais de comunicación, traballo en equipo, respecto polo ambiente, e aplicando os procedementos establecidos polo centro deportivo de prácticas.

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas, e responsabilizouse do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e a calidade do servizo, así como respecto aos procedementos e principios propios do club ou entidade deportiva.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto á xerarquía establecida no club ou entidade deportiva.

e) Establecéronse unha comunicación e relación eficaces co persoal técnico responsable da actividade e cos membros do equipo, mantendo un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo, informando de calquera cambio, necesidade relevante ou imprevisto que se presente na actividade.

3. Controla a seguridade na práctica de tecnificación deportiva en judo e defensa persoal, supervisando as instalacións e os medios utilizados, interpretando a normativa e aplicando os procedementos e protocolos de acordo coa normativa e instrucións establecidas.

a) Identificáronse os aspectos básicos de seguridade, plans de emerxencia e evacuación das instalacións deportivas do centro de prácticas e a súa adecuación á súa normativa de aplicación.

b) Identificáronse as normas de aplicación á seguridade das instalacións deportivas do centro deportivo de prácticas de judo e defensa persoal.

c) Aplicáronse medidas de sinalización de seguridade, de protección contra actos antisociais e de violencia do deporte e os plans de emerxencia e evacuación da instalación deportiva de judo e defensa persoal, seguindo as instrucións e normas establecidas.

d) Actuouse atendendo á seguridade persoal, do equipo de traballo e das persoas usuarias, cumprindo coa normativa vixente e cos protocolos establecidos no centro deportivo de prácticas.

e) Utilizáronse os equipos de prevención de riscos laborais propios da tecnificación deportiva en judo e defensa persoal.

f) Aplicáronse os aspectos fundamentais da Lei da prevención de riscos laborais, relacionados coas actividades, competicións e eventos da iniciación deportiva en judo e defensa persoal.

g) Identificáronse e aplicáronse as medidas de protección do ambiente da instalación deportiva de judo e defensa persoal e a súa adecuación á normativa vixente.

h) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a esta.

4. Organiza, acompaña e dirixe as persoas deportistas na súa participación en actividades, competicións e outros eventos de tecnificación deportiva en judo e defensa persoal, transmitindo actitudes e valores, persoais e sociais, propios da ética deportiva: respecto ás demais persoas, ao ámbito e ao propio corpo, xogo limpo e traballo en equipo.

a) Realizouse a inscrición dos judokas ou das judokas nunha competición ou actividade de tecnificación deportiva en judo e defensa persoal, de acordo cos protocolos e normas establecidas.

b) Realizáronse as operacións de xestión do seguro de accidente e actividade dun grupo de judokas que participan nunha competición, de acordo coas instrucións e normas recibidas.

c) Recoñeceuse e xustificouse a responsabilidade do persoal técnico nos desprazamentos dos judokas ou das judokas para asistir a unha competición de tecnificación en judo e defensa persoal.

d) Elaborouse o plan de viaxe dos judokas ou das judokas que participan nunha competición de tecnificación deportiva, aplicando as instrucións e procedementos establecidos.

e) Comprobouse a cobertura legal do judoka ou da judoka, durante a súa participación na competición, de acordo coa normativa establecida.

f) Informouse o judoka ou a judoka das características da competición, interpretando a documentación sobre esta.

g) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de tecnificación deportiva en judo e defensa persoal, aplicando os protocolos e normas establecidos.

h) Aplicáronse criterios de valoración da execución técnico-táctica do judoka ou da judoka, utilizando técnicas e procedementos de observación adecuadas ao nivel de tecnificación deportiva en judo e defensa persoal.

i) Trasladáronse ao judoka ou á judoka as instrucións técnicas e tácticas durante a competición de tecnificación deportiva en judo e defensa persoal, tendo en conta as características da competición e da persoa deportista.

j) Acompañáronse os judokas ou as judokas nas competicións, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e normas establecidas.

k) Velouse polo respecto aos valores do xogo limpo, o respecto á saúde persoal e ás demais persoas, durante a participación na competición de tecnificación deportiva en judo e defensa persoal, aplicando os procedementos axeitados e respectando as normas desta.

5. Adapta, concreta os programas e dirixe as sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico en judo e defensa persoal, interpretando a información recibida, aplicando as técnicas e procedementos de acordo coas instrucións e normas establecidas, e colaborando na aplicación de técnicas de detección de talentos.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade.

b) Recibiuse o judoka ou a judoka seguindo o protocolo establecido e identificando as súas demandas e necesidades.

c) Aplicáronse técnicas e protocolos de valoración técnica e da condición motora propios do judoka ou da judoka do nivel de tecnificación deportiva, valorando o seu estado inicial, o grao de consecución dos obxectivos propostos e os erros cometidos.

d) Identificáronse e seleccionáronse os obxectivos técnicos e de preparación da condición motora do judoka ou da judoka a partir da programación de referencia do centro deportivo.

e) Aplicáronse protocolos de control e cuantificación da carga de adestramento dos judokas ou das judokas nas sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico en judo e defensa persoal.

f) Colaborouse na aplicación de técnicas de detección de talentos propias do judo e defensa persoal.

g) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias, na tecnificación deportiva, interpretando as instrucións ou normas e aplicando os procedementos establecidos.

h) Elaborouse un ciclo/etapa de preparación completa dun judoka ou dunha judoka ou persoa practicante de defensa persoal ou grupo a partir da programación de referencia do centro deportivo, concretando:

1º. Obxectivos de preparación e/ou competición.

2º. Medios de adestramento.

3º. Instrumentos de control.

4º. Carga de traballo e a súa dinámica durante o ciclo.

5º. Métodos de adestramento.

6º. Sesións de adestramento.

i) Explicáronse os contidos da sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico seguindo os protocolos e técnicas establecidos de forma clara e motivadora.

j) Dirixiuse a sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico, solucionando as continxencias existentes, aplicando técnicas de dinámica de grupos e de motivación axeitadas aos judokas ou ás judokas.

6. Organiza sesións de iniciación deportiva para persoas con discapacidade, aplicando recursos que fomenten a súa participación en función das súas limitacións.

a) Valorouse a importancia de atender ás características únicas da persoa con discapacidade previamente á realización da práctica de judo e defensa persoal.

b) Orientáronse as persoas con discapacidade cara ás prácticas deportivas de judo e defensa persoal máis axeitadas en cada caso.

c) Determináronse as axudas técnicas e as medidas de seguridade específicas segundo os diferentes tipos de discapacidade e as características da práctica deportiva en judo e defensa persoal.

d) Establecéronse as principais orientacións metodolóxicas en relación coa comunicación e a participación na tarefa das persoas con discapacidade.

e) Aplicáronse procedementos de adaptación das tarefas e xogos favorecendo a participación, o desfrute e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica de judo e defensa persoal.

f) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica do judo e da defensa persoal provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e espazos deportivos no centro deportivo de prácticas.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva de judo e defensa persoal e a difusión da práctica no centro deportivo de prácticas.

h) Propiciouse unha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros ou compañeiras, persoal técnico, as propias familias e as institucións cara á práctica deportiva de judo e defensa persoal de persoas con discapacidade.

7. Coordina o proceso de iniciación deportiva en judo e defensa persoal, elaborando as programacións de referencia, analizando a estrutura da escola de iniciación deportiva e aplicando os procedementos e técnicas axeitadas.

a) Identificáronse a estrutura e as funcións da escola de iniciación deportiva en judo e defensa persoal no centro deportivo de prácticas.

b) Realizáronse funcións e aplicáronse protocolos de coordinación do persoal técnico de iniciación deportiva en judo e defensa persoal no centro deportivo de prácticas.

c) Identificáronse as necesidades materiais e humanas da escola de iniciación deportiva en judo e defensa persoal do centro deportivo de prácticas.

d) Identificáronse os estándares técnicos do programa de iniciación deportiva en Judo e Defensa Persoal do centro deportivo de prácticas.

e) Elaborouse un programa de iniciación deportiva en judo e defensa persoal de acordo coas características do grupo e do contorno, e a programación do centro deportivo de prácticas.

8. Colabora na organización de actividades e competicións de tecnificación deportiva en judo e defensa persoal, interpretando instrucións e normas relacionadas, identificando e preparando os medios necesarios e aplicando os procedementos establecidos.

a) Identificouse o calendario de actividades, eventos e competicións de iniciación ou tecnificación deportiva en judo e defensa persoal do centro deportivo de prácticas.

b) Seleccionouse a información necesaria na organización dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en judo e defensa persoal do centro deportivo de prácticas.

c) Realizáronse operacións de xestión e organización dos espazos, materiais e recursos humanos dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en judo e defensa persoal do centro deportivo de prácticas.

d) Aplicáronse técnicas de recollida de información sobre os aspectos organizativos e loxísticos dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en judo e defensa persoal do centro deportivo de prácticas.

e) Realizáronse operacións de distribución, localización, aloxamento e circulación das persoas participantes e do público asistente nun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en judo e defensa persoal do centro deportivo de prácticas.

f) Realizáronse operación de apoio administrativo á organización dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en judo e defensa persoal do centro deportivo de prácticas.

g) Elaboráronse os documentos informativos dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en judo e defensa persoal do centro deportivo de prácticas.

ANEXO IV
Ratio profesorado/alumnado

Bloque específico

Ratio profesorado/alumnado

Ciclo inicial

MED-JUJU101. Ensino do judo e a defensa persoal.

1/30

MED-JUJU102. Organización de actividades e eventos de judo e defensa persoal.

1/30

Ciclo final

MED-JUJU201. Formación e tecnificación en judo e defensa persoal.

1/30

MED-JUJU202. Judo adaptado.

1/30

MED-JUJU203. Adestramento en judo e defensa persoal.

1/30

MED-JUJU204. Organización e xestión das actividades de judo e defensa persoal.

1/30

MED-JUJU205. Defensa persoal.

1/30

ANEXO V
Acceso ao módulo de formación práctica

Acceso ao módulo de formación práctica

Módulos que hai que superar

MED-JUJU103. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo inicial:

• MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

• MED-C102. Primeiros auxilios.

Do bloque específico:

• MED-JUJU101. Ensino do judo e a defensa persoal

MED-JUJU206. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo final:

• MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

• MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Do bloque específico:

• MED-JUJU201. Formación e tecnificación en judo e defensa persoal

• MED-JUJU203. Adestramento en judo e defensa persoal.

ANEXO VI-A
Espazos e equipamentos mínimos do ciclo inicial

Espazos: ciclo inicial.

Espazo formativo

Superficie m2

30 alumnos/as

Superficie m2

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente

60 m2

40 m2

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo inicial.

Ximnasio

120 m2

90 m2

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade

Espazo formativo

Módulo de ensino deportivo

Sala de judo con tatami

MED-JUJU101. Ensino do judo e da defensa persoal

MED-JUJU102. Organización de actividades e eventos de judo e defensa persoal

Equipamentos: ciclo inicial.

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

Equipamentos audiovisuais. Canón de proxección.

PC instalados en rede con conexión á internet.

Software específico.

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo inicial.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

Manequíns de primeiros auxilios (adulto e bebe).

Material de inmobilización e mobilización.

Material de cura.

Desfibrilador externo semiautomático.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Material deportivo adaptado

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Equipamento da sala de judo con tatami

Módulo de ensino deportivo

Tatami de 14 m x 14 m

Material didáctico específico de judo e defensa persoal (ukes de escuma, pelotas escuma, picas, aros, conos chineses, gomas tracción. Colchón quitamedos. Material de psicomotricidade).

Equipamento de música.

MED-JUJU101. Ensino do judo e da defensa persoal.

MED-JUJU102. Organización de actividades e eventos de judo e defensa persoal.

ANEXO VI-B
Espazos e equipamentos do ciclo final

Espazos: ciclo final.

Espazo formativo

Superficie m2

30 alumnos/as

Superficie m2

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente

60 m2

40 m2

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Ximnasio

120 m2

90 m2

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-JUJU201. Formación e tecnificación en judo e defensa persoal.

MED-JUJU202. Judo adaptado.

MED-JUJU203. Adestramento en judo e defensa persoal.

Sala de musculación

90 m2

60 m2

MED-JUJU203. Adestramento en judo e defensa persoal.

Pista polideportiva 44 x 22 m

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Espazo formativo

Módulo de ensino deportivo

Sala de judo

MED-JUJU201. Formación e tecnificación en judo e defensa persoal.

MED-JUJU202: Judo adaptado.

MED-JUJU203. Adestramento en judo e defensa persoal.

MED-JUJU204. Organización e xestión das actividades de judo e defensa persoal.

MED-JUJU205. Defensa persoal.

Equipamentos: ciclo final.

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

Equipamentos audiovisuais. Canón de proxección.

PC instalados en rede con conexión á internet.

Software específico.

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

Material deportivo adaptado.

Material ortopédico.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Material deportivo.

Bonecos desmembrados.

Láminas de anatomía.

Pulsímetros.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-JUJU201. Formación e tecnificación en judo e defensa persoal.

MED-JUJU202. Judo adaptado.

MED-JUJU203. Adestramento en judo e defensa persoal.

Equipamento da sala de judo

Módulo de ensino deportivo

Tatami de 14 x 14 m

Material didáctico específico de judo e defensa persoal (ukes de escuma, pelotas escuma, picas, aros, conos chineses, gomas tracción. Colchón quitamedos. Mangas e solapas de judoguis con gomas de tracción. Banda de solapas de judogui a xeito de trepa de corda. Ukes adestramento).

Material específico de defensa persoal.

Equipo de música.

Cronómetro.

Pulsímetro.

MED-JUJU201. Formación e tecnificación en judo e defensa persoal.

MED-JUJU202. Judo adaptado.

MED-JUJU203. Adestramento en judo e defensa persoal.

MED-JUJU204. Organización e xestión das actividades de judo e defensa persoal.

MED-JUJU205. Defensa persoal.

Equipamento sala musculación

Módulo de ensino deportivo

Máquinas de musculación. Peso libre, barras, pesas de man. Barra de dominadas.

MED-JUJU203: Adestramento en judo e defensa persoal.

ANEXO VII
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos do bloque común
dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros públicos da consellería competente en materia de educación

Serán impartidas por quen posúa a especialidade que a continuación se detalla:

Ciclo inicial.

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Educación Física.

Procesos Sanitarios.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Procedementos Sanitarios e Asistenciais.

Profesores/as técnicos/as de formación profesional.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C104. Organización deportiva.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Ciclo final.

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as técnicos/as de formación profesional.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C205. Xénero e deporte.

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

ANEXO VIII-A
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos do bloque específico
dos ciclos inicial e final de grao medio en centros públicos da consellería competente en materia de educación

Serán impartidas por quen posúa a especialidade ou condición que a continuación se detalla:

Ciclo inicial.

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-JUJU101. Ensino do judo e a defensa persoal.

MED-JUJU102. Organización de actividades e eventos de judo e defensa persoal.

MED-JUJU103. Formación práctica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Judo e Defensa Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

Ciclo final.

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-JUJU201. Formación e tecnificación en judo e defensa persoal.

MED-JUJU202. Judo adaptado.

MED-JUJU203. Adestramento en judo e defensa persoal.

MED-JUJU204. Organización e xestión das actividades de judo e defensa persoal.

MED-JUJU205. Defensa persoal.

MED-JUJU206. Formación práctica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Judo e Defensa Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

ANEXO VIII-B
Condición de profesorado especialista en centros públicos da consellería competente en materia de educación: acreditación de experiencia docente
ou actividade no ámbito deportivo e laboral

Ciclo inicial e final.

Módulos de ensino deportivo

Experiencia docente acreditable

Actividade no ámbito deportivo e laboral

MED-JUJU101. Ensino do judo e da defensa persoal.

MED-JUJU102. Organización de actividades e eventos de judo e defensa persoal.

MED-JUJU201. Formación e tecnificación en judo e defensa persoal.

MED-JUJU203. Adestramento en judo e defensa persoal.

MED-JUJU204. Organización e xestión das actividades de judo e defensa persoal.

MED-JUJU205. Defensa persoal.

Polo menos 100 horas de docencia acreditada en formación de adestradores ou adestradoras no nivel 1, 2 ou 3 de judo nas formacións a que se refire a disposición adicional quinta e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, así como a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro.

Polo menos 2 anos de exercicio deportivo-laboral relacionado coas competencias profesionais do ciclo inicial, realizado nos 4 anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

No caso das formacións a que se refire a adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, a Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados emitirá a correspondente certificación da experiencia docente en que consten as materias impartidas, o número de horas impartidas, a data do curso en que se impartiu a materia ou materias e a data da resolución de recoñecemento da formación por parte do Consello Superior de Deportes xunto coa data de publicación no BOE.

No caso das formacións a que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, o órgano competente da comunidade autónoma que autorizou as formacións emitirá a correspondente certificación da experiencia docente en que consten as materias e o número de horas impartidas.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde adquirise a devandita experiencia en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso de traballadores ou traballadoras por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios ou obrigadas tributarias, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

A Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados emitirá a correspondente certificación da experiencia deportiva en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

ANEXO IX
Requisitos de titulación do profesorado dos módulos de ensino deportivo
dos ciclos inicial e final de grao medio, en centros privados e de titularidade pública de administracións distintas á consellería competente en materia
de educación

Serán impartidos por quen acredite os títulos que a continuación se detallan ou os que fosen declarados equivalentes ou homologados para os efectos de docencia:

Módulos do bloque común: ciclo inicial.

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de graduado/a que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Medicina.

Diplomado/a ou graduado/a en Enfermaría.

Diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Graduado/a en Educación Primaria, mención en Educación Física.

MED-C104. Organización deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Módulos do bloque común: ciclo final.

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de graduado/a que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a en Educación Primaria que inclúa unha mención en Educación Física.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Dereito.

MED-C205. Xénero e deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Graduado/a en Educación Primaria, mención en Educación Física.

Módulos do bloque específico: ciclo inicial.

Módulo específico de ensino deportivo

Titulacións

MED-JUJU101. Ensino do judo e a defensa persoal.

MED-JUJU102. Organización de actividades e eventos de judo e defensa persoal.

Técnico/a deportivo/a superior en Judo e Defensa Persoal.

MED-JUJU103. Formación práctica.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade de Física e o Deporte.

Técnico/a deportivo/a superior en Judo e Defensa Persoal.

Módulos do bloque específico: ciclo final.

Módulo específico de ensino deportivo

Titulacións

MED-JUJU201. Formación e tecnificación en judo e defensa persoal.

MED-JUJU203. Adestramento en judo e defensa persoal.

MED-JUJU204. Organización e xestión das actividades de judo e defensa persoal.

MED-JUJU205. Defensa persoal.

Técnico/a deportivo/a superior en Judo e Defensa Persoal.

MED-JUJU206. Formación práctica.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Técnico/a deportivo/a superior en Judo e Defensa Persoal.

ANEXO X-A
Correspondencia dos módulos de ensino deportivo coas unidades
de competencia para a súa acreditación

Módulos de ensino deportivo superados

Unidades de competencia do CNCP acreditables

Os módulos de:

• MED-C102. Primeiros auxilios.

• MED-JUJU103. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia:

UC0272_2: asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

O mérito deportivo:

• Cinto negro primeiro Dan.

Acredita unidade de competencia de:

• UC1655_2: executar técnicas de judo e interactuar cun adversario ou adversaria Uke en situacións de cooperación e oposición de combate e defensa persoal, demostrando unha mestría equivalente ao cinto negro primeiro Dan.

Os módulos de:

• MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

• MED-JUJU101. Ensino do judo e a defensa persoal.

• MED-JUJU102. Organización de actividades e eventos de judo e defensa persoal.

• MED-JUJU103. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UC1656_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación deportiva en judo.

Os módulos de:

• MED-JUJU101. Ensino do judo e a defensa persoal.

• MED-JUJU102. Organización de actividades e eventos de judo e defensa persoal.

• MED-JUJU103. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

• UC1657_2: dinamizar accións de promoción e tutela a persoas deportistas/usuarias en eventos e competicións de iniciación en judo.

ANEXO X-B
Correspondencia das unidades de competencia acreditadas cos módulos
de ensino deportivo para a súa validación

Módulos de ensino deportivo superados

Unidades de competencia do CNCP acreditables

A unidade de competencia:

• UC0272_2: asistir como primeiro/a interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

Permiten a validación de:

• MED-C102. Primeiros auxilios.

As unidades de competencia:

• UC1656_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación deportiva en judo.

• UC1657_2: dinamizar accións de promoción e tutela a persoas deportistas/usuarias en eventos e competicións de iniciación en judo.

Permiten a validación de:

• MED-JUJU101. Ensino do judo e a defensa persoal.

As unidades de competencia:

• UC1656_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación deportiva en judo.

• UC1657_2: dinamizar accións de promoción e tutela a persoas deportistas/clientela en eventos e competicións de iniciación en judo.

Permiten a validación de:

• MED-JUJU102. Organización de actividades e eventos de judo e defensa persoal.

ANEXO XI
Exención do módulo de formación práctica dos ciclos inicial e final

MED-JUJU103. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención total.

Exención parcial.

• Duración: superior a 300 horas.

• Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo inicial de Judo e Defensa Persoal e os resultados de aprendizaxe do módulo de formación práctica.

• Período de tempo que desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do curso.

MED-JUJU206. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención total.

Exención parcial.

• Duración: superior a 400 horas.

• Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo final de Judo e Defensa Persoal e os resultados de aprendizaxe do módulo de formación práctica.

• Período de tempo que desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do curso.

A exención parcial do módulo de formación práctica concederase para aqueles resultados de aprendizaxe do módulo que sexan concordantes coa experiencia laboral ou deportiva acreditada.

A exención total do módulo de formación práctica poderase conceder cando exista unha completa concordancia da experiencia laboral ou deportiva acreditada coa totalidade dos resultados de aprendizaxe do correspondente módulo.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde adquirise a devandita experiencia na cal conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso de traballadores ou traballadoras por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios ou obrigadas tributarias, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

A experiencia no ámbito deportivo en judo e defensa persoal acreditarase mediante certificado expedido pola Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados, na cal consten a actividade deportiva desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

ANEXO XII
Correspondencia formativa dos módulos de ensino deportivo
coa experiencia docente

Módulos de ensino deportivo

Experiencia docente

Ciclo inicial

MED-JUJU101. Ensino do judo e a defensa persoal

MED-JUJU102. Organización de actividades e eventos de judo e defensa persoal

Experiencia como profesor/a en materias relacionadas co correspondente módulo de ensino deportivo acreditable, realizadas de acordo co establecido na disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e na disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

A experiencia deberá ser de, polo menos, o triplo da horas establecidas neste real decreto para o módulo de ensino deportivo obxecto da correspondencia formativa.

Ciclo final

MED-JUJU201. Formación e tecnificación en judo e defensa persoal.

MED-JUJU203. Adestramento en judo e defensa persoal.

MED-JUJU204. Organización e xestión das actividades de judo e defensa persoal.

MED-JUJU205. Defensa persoal.

Experiencia como profesor/a en materias relacionadas co correspondente módulo de ensino deportivo acreditable, realizadas de acordo co establecido na disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e na disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

A experiencia deberá ser de, polo menos, o triplo da horas establecidas neste real decreto para o módulo de ensino deportivo obxecto da correspondencia formativa.

A experiencia docente acreditarase mediante certificado expedido pola comunidade autónoma que autorizou as devanditas formacións, en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou esta.

ANEXO XIII
Formación a distancia

Módulos bloque común

Grao medio

Ciclo inicial

Ciclo final

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104. Organización deportiva.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

Módulos bloque específico

MED-JUJU101. Ensino do judo e da defensa persoal.

MED-JUJU102. Organización de actividades e eventos de judo e defensa persoal.

MED-JUJU201. Formación e tecnificación en judo e defensa persoal.

MED-JUJU203. Adestramento en judo e defensa persoal.

MED-JUJU204. Organización e xestión das actividades de judo e defensa persoal.

MED-JUJU205. Defensa persoal.