Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55198

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 28 de novembro de 2017 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación.

Segundo sinala o artigo 13 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, de acordo co previsto polo artigo 22 da Lei 3/2003, do 19 de xuño, o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (en diante, Congacode) é o órgano de consulta e participación da sociedade galega en materia de cooperación para o desenvolvemento e estará adscrito ao departamento competente nesa materia.

O punto primeiro do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, regula a composición do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode).

O punto terceiro do dito artigo 15 sinala que as persoas vogais do Congacode, excepto a persoa titular da vicepresidencia e as persoas representantes das consellerías da Administración xeral da Xunta de Galicia, serán nomeadas e cesadas pola persoa titular do consellería competente en materia de cooperación para o desenvolvemento, por proposta das entidades con representación nel, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.

Polo tanto, vista a proposta de nomeamento formulada polos órganos de goberno dos distintos axentes de cooperación con representación no Congacode e de acordo co disposto no número 3 do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Cesar como vogais titulares e suplentes do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, en representación dos axentes de cooperación, agradecéndolles os servizos prestados, as seguintes persoas:

Gema Filgueira Garrido

Gonzalo Miguel Gesto Quiñoy

Alejandro Quiñoá Casteleiro

María Paz Gutiérrez

María Carmen Beltrán Moneiras

Lorena Seijo Sanmiguel

Pablo Rodríguez Soengas

Laura Casal Guillán

María Patricia Iglesias Fernández

José Francisco Durán Hurtado

Juan Antonio González Pérez

Andrea García Corzo

José Manuel Maceira Blanco

Laura Otero Rúa

Sabela Couceiro Núñez

Antonio Piñón Martín

2. Nomear como vogais, titulares e suplentes, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, en representación das organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, a:

Titulares:

Gema Filgueira Garrido

Alejandro Quiñoá Casteleiro

María Paz Gutiérrez

María Carmen Beltrán Moneiras

Gonzalo Miguel Gesto Quiñoy

Suplentes:

José Francisco Durán Hurtado

María Patricia Iglesias Fernández

Lorena Seijo Sanmiguel

Laura Casal Gillán

Pablo Rodríguez Soengas

3. Nomear como vogais, titulares e suplentes, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, en representación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a:

Titulares:

María Teresa París Blanco

María dos Anxos Riveiro Portela

Suplentes:

Andrea García Corzo

Margarita Figueroa Vázquez

4. Nomear como vogais, titulares e suplentes, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias, a:

Titulares:

Juan Antonio González Pérez

Jorge Cubela López

Suplentes:

Francisco Díaz Pereira

Antonio Fernández Angueira

5. Nomear como vogais, titulares e suplentes, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a:

Titular:

José Manuel Maceira Blanco

Suplente:

Laura Otero Rúa

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza