Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54882

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (947/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 947/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Pais Lago contra Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxa resolución di.

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Manuel Pais Lago, contra a entidade Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 6.128,87 euros brutos por salarios devindicados entre novembro de 2015 e xaneiro de 2016, con inclusión de pagas extra, e a compensación económica das vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación: a anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza