Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54884

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (174/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 174/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Pérez Cerviño contra o Fondo de Garantía Salarial, Micar Estrada de Construcciones, S.L., a Asesoría Xurídica da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre despedimento, ditouse sentenza o 18.7.2017, cuxo texto íntegro está á súa disposición na oficina xudicial. Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, que debe anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. A recorrente debe consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación depósitos e consignacións, co numero 5081, especificando a clave 65, ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así mesmo, ditouse auto de aclaración de sentenza o 4.9.2017 cuxo texto íntegro está á súa disposición na oficina xudicial, contra a que non cabe interpoñer recurso ningún.

E para que sirva de notificación en legal forma a Micar Estrada de Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción en Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza