Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54881

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1075/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1075/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio López Gómez contra Vilariño Enxebre, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Antonio López Gómez, contra a entidade Vilariño Enxebre, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Vilariño Enxebre, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 7.756,36 euros brutos, por salarios devindicados durante a súa relación laboral (xaneiro a xullo de 2016) e a compensación económica das vacacións non gozadas, e por falta de aviso previo, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, das cales se deberán detraer 500 euros líquidos percibidos previamente, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Vilariño Enxebre, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza