Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017445AM-PO por infraccións en materia de sanidade ambiental.

O 17 de outubro de 2017 a xefa territorial de Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2017445AM-PO, incoado a Edelmiro José Quintillán Liste, con DNI 35305937V, como titular do Hotel San Vicente.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido practicar, polo que mediante esta cédula notifícaselle a Edelmiro José Quintillán Liste o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 8 de novembro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2017445AM-PO.

Denunciado: Edelmiro José Quintillán Liste.

DNI: 35305937V.

Enderezo: r/ Portocuaces, s/n, San Vicente, 36988 O Grove.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de sanidade ambiental.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionelose:

Artigo 5. Rexistro de operacións de mantemento.

«Os titulares das instalacións recollidas no artigo 2 deberán dispoñer dun rexistro de mantemento. O titular da instalación poderá delegar a xestión deste rexistro en persoas físicas ou xurídicas designadas para o efecto, que realizarán as seguintes anotacións:

a) Data de realización das tarefas de revisión, limpeza e desinfección xeral [...].

b) Data de realización de calquera outra operación de mantemento [...].

c) Data e resultados analíticos das diferentes análises da auga.

d) Sinatura do responsable técnico das tarefas realizadas e do responsable da instalación.

O rexistro de mantemento estará sempre á disposición das autoridades sanitarias responsables da inspección das instalacións».

Artigo 8. Programas de mantemento nas instalacións.

2. «Para as instalacións recollidas no artigo 2.2.2º elaboraranse e aplicaranse programas de mantemento hixiénico-sanitario adecuados ás súas características, e incluirán: o esquema de funcionamento hidráulico e a revisión de todas as partes da instalación para asegurar o seu correcto funcionamento. Aplicaranse programas de mantemento que incluirán, como mínimo, a limpeza e, se procede, a desinfección da instalación. As tarefas realizadas deberanse consignar no rexistro de mantemento.

A periodicidade da limpeza destas instalacións será de, polo menos, unha vez ao ano [...].

As condicións específicas de mantemento [...] recóllense nos anexos 3, 4 e 5.

Anexo 3.

A) Revisión.

Na revisión dunha instalación comprobarase o seu correcto funcionamento e o seu bo estado de conservación e limpeza.

A revisión xeral de funcionamento da instalación, incluíndo todos os elementos, realizarase unha vez ao ano, reparando ou substituíndo aqueles elementos defectuosos [...].

a) Auga quente sanitaria:

A revisión do estado de conservación e limpeza da instalación realizarase trimestralmente nos depósitos acumuladores e, mensualmente, nun número representativo, rotatorio ao longo do ano, dos puntos terminais da rede interior (billas e duchas), de forma que ao final do ano se revisasen todos os puntos terminais da instalación.

Mensualmente realizarase a purga de válvulas de drenaxe das tubaxes e semanalmente a purga do fondo dos acumuladores. Así mesmo, semanalmente abriranse as billas e duchas de cuartos ou instalacións non utilizados, deixando correr a auga uns minutos.

O control da temperatura realizarase diariamente nos depósitos finais de acumulación, en que a temperatura non será inferior a 60 ºC e, mensualmente, nun número representativo de billas e duchas (mostra rotatoria), incluíndo os máis próximos e os máis afastados dos acumuladores, non debendo ser inferior a 50 ºC. Ao final do ano teranse comprobado todos os puntos finais da instalación.

Como mínimo anualmente realizarase unha determinación de Legionella en mostras de puntos representativos da instalación. En caso necesario adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade da auga dela».

Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios de calidade da auga de consumo humano:

Artigo 4. Responsabilidades e competencias.

Artigo 5. Criterios de calidade da auga de consumo humano.

Artigo 11. Depósitos e cisternas para a auga de consumo humano.

Artigo 17. Control da calidade da auga de consumo humano.

Artigo 20. Control na billa do consumidor.

Artigo 21. Frecuencia de mostraxe.

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción proposta: mil douscentos euros (1.200 €), como resultado da suma de dúas sancións de seiscentos euros (600 €).