Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2017 Páx. 54920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017325AL-PO por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 4 de outubro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador número 2017325AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Mario Pesqueira Martínez, co DNI 35451292N, como titular do establecemento denominado Paraguay.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se notifica a Mario Pesqueira Martínez, co DNI 35451292N, como titular do establecemento denominado Paraguay, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.

Tamén, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de ABANCA, do BBVA transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 8 de novembro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017325AL-PO.

Denunciado: Mario Pesqueira Martínez, co DNI 35451292N, como titular do establecemento denominado Paraguay.

Último enderezo coñecido: Fontenla 8-3, 2º A, Meis, Pontevedra.

Feito imputado: unha infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria:

1. En todas as etapas da produción, transformación e a distribución deberá asegurarse a rastrexabilidade dos alimentos,[...].

4.[...] os alimentos comercializados deberán estar adecuadamente etiquetados ou identificados para facilitar a súa rastrexabilidade mediante documentación ou información pertinentes [...].

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51.1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: seiscentos euros (600,00 €).