Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54662

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (1235/2016).

Adriana Álvarez Gorgojo, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento divorcio contencioso seguido por instancia de Sara Romero Pérez fronte a Rufino Antonio Rodríguez Puntiel se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Pontevedra, 4 de outubro de 2017.

Vistos por min, Mª del Mar Felices Estebán, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co nº 1235/2016, no que é parte demandante, Sara Romero Pérez, representada pola procuradora Francisca María Rodríguez Ambrosio e asistida da letrada Eva Teijeiro Sandomingo, e como parte demandada Rufino Antonio Rodríguez Puntiel, declarado en rebeldía procesual».

«Decido:

Estimo a demanda presentada pola procuradora Francisca María Rodríguez Ambrosio en nome e representación de Sara Romero Pérez, contra Rufino Antonio Rodríguez Puntiel, en rebeldía procesual e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 30 de xaneiro de 2009, que foi inscrito no tomo 88, páxina 14, da Sección Segunda, do Rexistro Civil de Poio, con todos os efectos legais que a devandita declaración leva consigo. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se tivesen outorgado. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Asine esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Poio.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás que se advirte que contra esta cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior resolución, foi lida e publicada, pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe».

E encontrándose o devandito demandado, Rufino Antonio Rodríguez Puntiel, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a aquel.

Pontevedra, 4 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza