Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 14 de novembro de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02698-O-2017 e dous máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-02698-O-2017 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores están ao dispor dos interesados nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgase un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que se considere conveniente presentando ou propoñendo as probas que se considere oportunas.

No suposto de que se decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 14 de novembro de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

anexo

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02698-O-2017

6487CZD

Aldo Bruno Rial Rodríguez

45848223T

Non expoñer ao público os cadros de prezos autorizados ou telos en lugares non visibles.

6.7.2017; 6.52

Art. 62.l) da Lei 4/2013

Art. 63 da Lei 4/2013

100 euros

XC-02699-O-2017

6487CZD

Aldo Bruno Rial Rodríguez

45848223T

A realización de servizos de transporte iniciados nun termo municipal distinto do que corresponde á licenza de taxi, agás nos supostos legalmente exceptuados.

6.7.2017; 6.57; AC-305; 25,3

Art. 61.c) da Lei 4/2013

Art. 63 da Lei 4/2013

401 euros

XC-02700-O-2017

6487CZD

Aldo Bruno Rial Rodríguez

45848223T

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con eles suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas.

6.7.2017; 6.50; AC-305; 25,3

Art.60.a) da Lei 4/2013

Art. 63 da Lei 4/2013

2.001 euros