Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54458

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Corcubión

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial do núcleo histórico de Corcubión, parcela 1, Couzada 27.

O Pleno deste concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 26 de outubro de 2017, acordou, entre outros, aprobar definitivamente o proxecto de modificación da ficha individual da parcela 1, Couzada 27 do Plan especial do núcleo histórico de Corcubión, asinado polo arquitecto Xoán Bautista Alborés Tajes.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro.

Así mesmo, faise constar que con data do 2 de novembro de 2017 se presentou na Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación a que fai referencia o punto 3 do mesmo artigo.

Corcubión, 6 de novembro de 2017

Manuel Insua Insua
Alcalde