1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: a produción integral dos espectáculos a celebrar na 43ª Festa do Queixo do Concello de Arzúa (ano 2018).
b) Nomenclatura CPV-2008: 92312100-2.
c) Lugar de execución: Arzúa.
d) Prazo de execución: desde o día seguinte a sinatura do contrato ata o día 9 de marzo de 2018 (incluída a desmontaxe das instalacións).
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: con pluralidade de criterios de valoración.
4. Orzamento:
a) Orzamento de licitación: 114.000 euros (94.214,88 euros, máis 19.785,12 euros en concepto de IVE ao 21 %).
b) Revisión de prezos: dada a natureza e prazo de duración deste contrato non procede revisión de prezos.
5. Garantías:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Departamento de Secretaría do Concello e no perfil de contratante www.concellodearzua.org
b) Domicilio: rúa Santiago, nº 2.
c) Localidade e código postal: Arzúa 15810.
d) Teléfono: 981 50 00 00-981 81 50 01.
e) Fax: 981 50 09 14.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira: segundo a cláusula 16 nº 4 letra a).
c) Solvencia técnica ou profesional: segundo a cláusula 16 nº 4 letra b).
8. Criterios de valoración:
Serán os seguintes:
1. Avaliables mediante xuízos de valor:
a) Mellor plantel ofertado segundo a filosofía do evento: ata 50 puntos.
b) Melloras nos medios técnicos por encima dos mínimos exixidos nos pregos: ata 15 puntos.
c) Realización doutros espectáculos musicais por encima dos mínimos exixidos no prego: ata 5 puntos.
2. Avaliables de forma automática mediante aplicación de fórmulas:
d) Oferta económica: ata 20 puntos.
e) Achega económica ofertada polos licitadores que teña por finalidade a realización dunha campaña publicitaria relacionada co obxecto do contrato: espectáculos que terán lugar na 43ª Festa do Queixo do Concello de Arzúa (2018): ata 5 puntos.
f) Realización de obradoiros culturais (gastronómicos, didácticos, musicais, pintura e/ou danza, etc…): ata 5 puntos.
9. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no último dos dous boletíns en que apareza (DOG ou BOP).
b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.
10. Apertura das ofertas:
A mesa de contratación, ás 10.00 horas do 3º día hábil seguiente a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos «sobres A». A data de apertura dos «sobres B» (en acto público) anunciarase previamente no taboleiro de anuncios do Concello e no perfil de contratante nos termos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.500 euros.
Arzúa, 22 de novembro de 2017
José Luis García López
Alcalde