Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54459

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 8 de novembro de 2017, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de alleamento mediante poxa pública das parcelas municipais 251 e 252 do International Property Measurement Standards (IPMS) na rúa A Tomada (expediente 1895/433).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 2 de novembro de 2017, acordou aprobar o expediente patrimonial e o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá o procedemento para o alleamento, mediante poxa pública á alza en sobre pechado, das parcelas municipais 251 e 252 do IPMS situadas na rúa A Tomada (San Paio de Navia), con destino urbanístico á construción de vivendas unifamiliares libres, e dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación por medio da publicación de anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (expediente 1895/433).

Datos xerais do procedemento:

Órgano de contratación: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, con enderezo na Praza do Rei, s/n, Vigo (Pontevedra).

Lotes para allear: 2 lotes (véxase detalle).

Garantía provisional: 5 % do tipo de licitación.

Modalidade de alleamento: poxa pública á alza en sobre pechado.

Lugar de consulta do prego e documentación: oficinas e perfil do contratante da Xerencia de Urbanismo https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante.

Prazo de presentación de ofertas: 45 días hábiles desde a publicación do último anuncio da apertura da convocatoria no BOP ou no DOG.

(*) Lugar de presentación de ofertas: luns a venres: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo, das 9.00 ás 13.30 horas.

(*Presentación por outros medios segundo o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro: deberase xustificar a data de presentación e anunciar a presentación no mesmo día ao órgano de contratación por correo electrónico ao enderezo urb.scentrais@vigo.org).

Forma de presentación de ofertas: a indicada no número 8.2 do prego de condicións económico-administrativas, consonte os modelos anexos do referido prego.

Lugar e día do acto público de apertura de ofertas: na sede da Xerencia Municipal de Urbanismo, nos dez días hábiles seguintes ao da conclusión do prazo de admisión das diferentes ofertas. As posibles variacións serán publicadas no perfil do contratante.

Descrición das parcelas:

Lote 1. Parcela 251 PMS: parcela 26 P.C. U.A. 1 A Tomada-San Paio de Navia.

Situación: rúa A Tomada-Navia.

Ref. catastral: 9429925NG1792N0001JW.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo nº 3, tomo 2330, libro 1395, folio 116, predio rexist. 75430.

Cargas e gravames: véxase descrición.

Tipo de licitación: 86.525,09 euros (máis IVE).

Lote 2. Parcela 252 PMS: parcela 39 P.C. U.A. 1 A Tomada-San Paio de Navia.

Situación: rúa A Tomada-Navia.

Ref. catastral: 9429909NG1792N0001LW.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo nº 3, tomo 2330, libro 1395, folio 186, predio rexist. 75458.

Cargas e gravames: véxase descrición.

Tipo de licitación: 114.707,05 euros (máis IVE).

Vigo, 8 de novembro de 2017

O alcalde
(Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo