Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54376

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (296/2017).

Despedimento/cesamentos en xeral 296/2017

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: María del Carmen Costa Cerqueiro

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Fondo de Garantía Salarial, María del Carmen Deus Fraga y Otra, S.L., Administración Concursal Deus Creaciones

Avogados: Clara Martínez de la Riva Barca, Clara Martínez de la Riva Barca, letrado de Fogasa, (…), Isaías González García

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 296/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Costa Cerqueiro contra Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Fondo de Garantía Salarial, María del Carmen Deus Fraga y Otra, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato e despedimento foron interpostas por María del Carmen Costa Cerqueiro contra as entidades Deus Creaciones, S.L. e Costura Invisible, S.L., así como a Administración concursal de Deus Creaciones, S.L., e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 3 de abril de 2017, e ademais extinguida a relación laboral que vinculaba a María del Carmen Costa Cerqueiro coa entidade Deus Creaciones, S.L., no día de hoxe (29 de xuño de 2017), e condeno solidariamente as entidades Deus Creaciones, S.L. e Costura Invisible, S.L. ao aboamento dunha indemnización a razón de 30.484,80 €, e salarios de tramitación devindicados entre o 4 de abril e o 29 de xuño de 2017, a razón de 37,12 € día, o que supón a cantidade de 3.229,44 € brutos.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María del Carmen Costa Cerqueiro contra as entidades Deus Creaciones, S.L. e Costura Invisible, S.L. e a Administración concursal de Deus Creaciones, S.L. En consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Deus Creaciones, S.L., e Costura Invisible, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.566,85 € líquidos, por salarios devindicados en febreiro, decembro e paga extra de 2016, e xaneiro, febreiro e 3 días de abril de 2017, así como o xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de resolución de contrato e cantidades foi interposta por María del Carmen Costa Cerqueiro fronte á entidade María del Carmen Deus Fraga y Otra, S.L., á cal debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste Xulgado do Social número 5 da Coruña Pilar Carreira Vidal.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Carmen Deus Fraga y Otra, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza