Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 28 de novembro de 2017 Páx. 54375

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (941/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 941/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Campanales Costa contra Urly Transnorte 2011, S.L.U. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada resolución do 9.10.2017 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, e no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Urly Transnorte 2011, S.L.U., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza